13 Mai Consellos para evitar o ruído ambiente se empregas audífonos 13/05/2021 Para a maioría de persoas que empregan audífonos, un dos maiores problemas ós que se enfrontan é o ruído ambiente. Estes aparellos fan que a súa escoita mellore notablemente pero a situación segue volvéndose complexa se se atopan nun contexto no que interveñen moitos sons á vez. Se estás nesta situación ou coñeces a alguén que o estea, tes que saber que o normal non é convivir con elo, hai que buscar a maneira de tratar esa problemática para que non chegue a afectarlle ó día a día e á relación c... Ler máis
6 Mai Por que soen ter problemas de audición os mestres e mestras de infantil? 06/05/2021 Xa temos falado noutras ocasións de profesións nas que a exposición a fortes ruídos é unha constante: músicos/as, traballos en aeroportos, en fábricas... Polo que se se traballa nun deses sectores, é moi importante tomar as medidas de protección necesarias para non sufrir problemas auditivos nun futuro. Pero hai outra profesión que apenas se cita cando se fala destas cuestións: a mestría, tanto se nos referimos á ensinanza de infantil como á de primaria. Ambas implican a convivencia con sons e... Ler máis
14 Abr Prácticas para coidar a hixiene de oídos nos bebés 14/04/2021 A limpeza de oídos é importante a calquera idade pero un pouquiño máis se cabe nos primeiros anos. Os oídos dos máis peques están aínda formándose e crecendo e necesitan un coidado máis minucioso, así como estar máis atentos por se se puidese dar algunha anomalía no seu funcionamento. Se se é nai ou pai por primeira vez é normal que se teñan máis dúbidas acerca de como limpar de forma correcta os oídos do/a neno/a, polo que aquí vos deixamos algúns consellos. Consellos para limpar de forma cor... Ler máis
8 Abr Como se relaciona o deporte ca audición? 08/04/2021 Non é nada novo afirmar que o exercicio físico beneficia enormemente a nosa saúde. Practicar deporte fainos estar activos e iso mellora o funcionamento de todas as nosas funcións corporais. Isto, acompañado de bos hábitos de vida, dunha boa alimentación e de coidar moito os excesos, resulta clave para manter o noso corpo en bo estado. É a base, por así dicir, para que todo funcione ben; máis alá de calquera achaque de saúde que poidamos sufrir por outras causas inevitables. E como calquera out... Ler máis
4 Mar Alimentos que fortalecen a nosa saúde auditiva 04/03/2021 A boa alimentación é un dos mellores hábitos para traballar a nosa calidade de vida. Comer ben reporta innumerables beneficios para a nosa saúde. De feito, fálase continuamente de que se consumimos de maneira habitual certos alimentos, estes poden axudar a sacar máis rendemento dos nosos sentidos e facultades físicas e mentais: a vista, a memoria, a atención e, tamén, a audición. Neste artigo falarémosvos daqueles alimentos que máis beneficios lle reportan á nosa saúde auditiva. Audiólogos espe... Ler máis
18 Feb Exercicios para combater a vertixe 18/02/2021 Xa temos falado noutras entradas do blog sobre a vertixe. É unha molestia moi común que chega a padecer unha de cada tres persoas polo menos unha vez na vida. Hai varios tipos de vertixe pero a máis habitual é a coñecida como Vertixe Postural Paroxística Benigna. Se padeces esta doenza terás a sensación de que todo o que está ó teu arredor non para de dar voltas. Pódese dar, en ocasións, cando se coloca a cabeza nunha posición determinada. A Vertixe Postural Paroxística ten unha presenza moito... Ler máis