Como mellorar o acondicionamento auditivo do teu fogar

Publicado: 20 de maio de 2021, 00:05
  1. Recomendacións
Como mellorar o acondicionamento auditivo do teu fogar

Cando nos dispoñemos a facer unha casa ou adquirir calquera inmoble hai moitas cousas que, por inexperiencia, pasamos por alto. Unha delas é a acústica do que será o noso fogar. Se non escollemos con certo criterio os materiais e os espazos atoparémonos cunha forte presenza de reverberacións e ecos que farán que as estancias deixen de ser acolledoras. Isto fará que os ruídos ambiente se mesturen entre si, dificultando o correcto desenvolvemento das conversas

A continuación darémosvos algúns consellos para ter isto en conta e para mellorar o confort acústico dos vosos actuais fogares.

Como acondicionar acusticamente o teu fogar

Para lograr unha mellor acústica no teu fogar bastará con adquirir os materiais axeitados, non é preciso que sexan exactamente materiais acústicos, senón que será suficiente con materiais cos que estamos acostumados a convivir no día a día. 

A acústica dos espazos

Para conseguir unha boa accesibilidade auditiva temos que ter moi en conta a distribución dos espazos. Para as persoas con problemas de audición resulta esencial poder ler os beizos dos interlocutores sen que ningún elemento se interpoña de por medio. Temos que xogar co mobiliario e con espazos amplos para garantir en todo momento o contacto visual. 

Do mesmo xeito, a luz será fundamental para garantir unha boa comunicación. Esta, ben sexa natural ou artificial, ten que ser suficiente para que as persoas se poidan ver ben entre elas. Ademais, debemos evitar a incidencia da luz en superficies brillantes posto que a reflexarán de maneira intensa e poden cegar a visión. 

Acondicionamento acústico

Un dos problemas máis habituais dos espazos mal acondicionados acusticamente é a reverberación. Esta dáse cando os ruídos inciden en superficies lisas e son rebotadas polas mesmas (paredes, teito, solo...). Para corrixir este problema teremos que optar polo emprego de materiais absorbentes tanto na construción como no mobiliario e elementos decorativos. Dámosvos algún exemplo:

  • Elixir materiais brandos que absorban o ruído: sofás, camas, coxíns... 
  • Poñer alfombras no chan ou nas paredes. 
  • As cortinas que escollamos, canto máis grosas mellor.
  • Dentro da decoración sería moi conveniente optar polas texturas. 
  • As plantas son un excelente difusor acústico e ademais reducen o estrés e ofrecen benestar emocional.
  • Os cadros mellor sen cristal: unha pintura ó óleo, por exemplo, reduce as ondas de son moito mellor que calquera cadro protexido con cristal. 

Noticias relacionadas

¿Que tipo de audífono é mellor para o oído? 2 Feb

¿Que tipo de audífono é mellor para o oído?

Fai 10 horas Recomendacións
Seleccionar o audífono adecuado é unha decisión clave para mellorar a comprensión da fala, a calidade da audición e, en xeral, o benestar diario. Non todos os audífonos serven para todos os tipos de perda auditiva nin para todos os perfís de usuario. Por iso, é importante coñecer como funcionan,
Cal é a mellor idade para revisar a audición? 1 Xan

Cal é a mellor idade para revisar a audición?

01/01/2026 Recomendacións
A audición é un dos sentidos máis importantes para a comunicación e o desenvolvemento social, emocional e cognitivo. Con todo, a perda auditiva adoita evolucionar de forma silenciosa e progresiva, polo que moitas persoas non se decatan ata que xa avanzou. Realizar revisións auditivas periódicas é
Como elixir o audífono adecuado en OE+ Centros Auditivos 24 Feb

Como elixir o audífono adecuado en OE+ Centros Auditivos

24/02/2025 Recomendacións
Elixir o audífono adecuado é unha decisión clave para recuperar a túa audición e mellorar a túa calidade de vida. En OE+ Centros Auditivos, con sedes en Lalín, Cee e Ordes, ofrecemos asesoramento profesional e solucións personalizadas para cubrir as necesidades de cada paciente. Neste artigo,
Como os audífonos de OE+ Centros Auditivos poden facilitar unha vida socialmente activa e permitir o benestar e unha vida sana 17 Feb

Como os audífonos de OE+ Centros Auditivos poden facilitar unha vida socialmente activa e permitir o benestar e unha vida sana

17/02/2025 Recomendacións
No mundo actual, manter unha vida socialmente activa é fundamental para o noso benestar emocional e físico. Porén, para as persoas con perda auditiva, participar en conversacións, disfrutar de eventos sociais ou incluso manter relacións persoais pode converterse nun desafío. En OE+ Centros
  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • pel
  • Programa das persoas autónomas
  • Cartel