Tecnoloxía auditiva en Lalín, Cee e Ordes

Traballamos coa mellor tecnoloxía de electromedicina

Solicitar información
Tecnoloxía auditiva en Lalín, Cee e Ordes

Nos centros auditivos conseguimos os mellores resultados

Nos centros auditivos Oe+ de Lalín, Ordes e Cee queremos estar sempre á vangarda do sector por iso traballamos a diario para incorporar á nosa aparatoloxía os mellores equipos de electromedicina.

Grazas a esta tecnoloxía e os moitos anos de experiencia dos profesionais dos diferentes centros auditivos, podemos garantir a calidade e funcionalidade de todos os tratamentos e solucións máis adaptadas segundo as necesidades de cada cliente.

¿Con que equipos contamos nos nosos centros auditivos?

  • Audiómetro de tecnoloxía danesa, Affinity 2.0 de Interacoustics

  • Audiómetro de tecnoloxía americana, Aurical 2 de Natus-Otometrics

  • Audiómetro portátil de tecnoloxía italiana, Piccolo de Inventis

  • Equipo alemán de Psicoacústica avanzada ACAM5 de Acousticón
  • Timpanómetro Oscilla TSM300, Natus-Otometrics

  • Timpanometro de tecnoloxía danesa, Titan de Interacoustics

  • Videotoscopio de alta definición.
  • Logo de Otometrics
  • Logo de Inventis
  • Logo de Interacoustics
Tecnoloxía auditiva en Cee, Lalín e Ordes

+ Reparacións, - Custe

Grazas á nosa profesionalidade nos centros Oe+ facemos unha primeira valoración e reparación de máis do 75% das avarías que poden ter os audiófonos. Ofrecemos aos nosos clientes prezos xustos para reparación de máis do 90% dos modelos de audiófonos existentes no mercado español. Ademais, nos centros auditivos reparamos audiófonos xa descatalogados polos propios fabricantes (sempre que existan no stock pezas de substitución).

Especializados na fabricación artesanal e 3D

Fabricación artesanal

Fabricación artesanal

En Oe+ sabemos que hai pezas que pola súa complexidade precisan dos retoques dun técnico experimentado. Tanto en Lalín coma en Cee e Ordes, elaboramos, retocamos e personalizamos aqueles produtos a medida que as máquinas non poden elaborar.

Fabricación 3D

Fabricación 3D

O futuro doutras empresas é o noso presente. Dende o ano 2019 os profesionais de Oe+ veñen de incorporar unha impresora con tecnoloxía SLA para a fabricación de pezas a medida consecuencia duns tempos de produción menores e unha maior fidelidade na obtención do produto final.

Tecnoloxía auditiva en Cee, Lalín e Ordes

Respondemos ás túas dúbidas

Un equipo multidisciplinar ao teu servizo

Se buscas profesionais de audioloxía moi preto de ti, visita algún dos centros auditivos que temos ubicados en Cee, Lalín e Ordes. ¡Esperámoste!

Contactar Test auditivo online

  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • pel
  • Programa das persoas autónomas
  • Cartel