Encargámonos de quitar o tapón do teu oído en Lalín, Ordes, Cee e A Coruña

En Lalín, Ordes e Cee encargámonos de xestionar a limpeza do teu oído

realizada por un especialista

Pedir cita
Quitar tapón de oído en Cee, Lalín, Ordes e A Coruña

Oídos taponados? Ven revisalos a Cee, Lalín, Ordes ou A Coruña. Pedir cita

Tes un oído taponado e precisas retirar a cera? Axudámosche!

Se precisas realizar unha limpeza de oído en Cee, Ordes, Lalín e A Coruña, nos centros auditivos de Oe+ poñemos á túa disposición unha cita para un servizo de retirada ou limpeza de tapóns de cera no conduto auditivo.

O noso equipo profesional revisará se tes un tapon de cerumen e explicarache sobre a posibilidade de retiralo da maneira máis cómoda e rápida para ti.

Quen vai facer a retirada do tapón?

A retirada do tapón ou limpeza de cera do oído será realizada por un especialista titulado capacitado para realizar calquera das 3 técnicas que se poden chegar a necesitar para unha correcta limpeza de oído. Este especialista sempre será un médico ou enfermeiro colaborador habitual de OE+ Centros Auditivos e con ampla experiencia na retirada de tapóns de cera.

O equipo de audiólogos de OE+ confirmará previamente se existe ese tapón no teu oído e, logo de facelo, ofrecerache a posibilidade de derivar a unha cita nas axendas dos especialistas mencionados ou trasladar a limpeza ós profesionais do teu centro de saúde.

Sabías que existen diferentes técnicas para quitar a cera dos oídos? Pregúntanos en Ordes, Cee e Lalín

Remoción con pinzas

Este método é apropiado cando o tapón de cera está preto da entrada do canal auditivo e é grande como para agarralo con pinzas. Aconsellamos non intentalo na casa, xa que pode causar que o tapón se afunda máis.

Aspirado

O aspirado é un método no cal se utiliza un dispositivo de succionado especializado para extraer o tapón de cera do canal auditivo. Este considérase unha opción segura e efectiva á vez que un procedemento indoloro.

Lavado

Durante o lavado utilízase unha solución térmica de auga ou salina para afrouxar e eliminar o tapón de cera. Introducimos a solución na canle auditiva a través dun dispositivo que expulsará a cera do teu oído.

Coñece a importancia de manter unha correcta limpeza de oídos

Manter unha correcta hixiene nos oídos é esencial para previr problemas auditivos e garantir unha boa saúde xeral. Aínda que o cerume desempeña un papel importante na protección e lubricación do oído, a acumulación excesiva pode provocar problemas como a obstrución do canal auditivo, perda de audición temporal e infeccións.

Se precisas destapar un oído en Cee, Ordes, Lalín ou A Coruña, desde os nosos centros auditivos Oe+ poñemos á túa disposición os nosos audiólogos, os cales che aportarán un asesoramento totalmente personalizado para resolver todas as túas dúbidas e ofrecerte a información necesaria.

Limpar oído en Cee, Lalín, Ordes e A Coruña

Os nosos expertos en limpeza de oídos dan resposta ás túas dúbidas

Visítanos e despídete da cera nos teus oídos!

Se estás a buscar quitar un tapón do oído en Cee, Ordes, Lalín ou A Coruña, non dubides en acudir a calquera dos nosos centros auditivos. Axudarémoste a limpar os teus oídos!

Contactar

  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • Cartel