Audífonos de calidade - Cee, Lalín e Ordes

Todos os produtos que dispoñemos nos nosos centros auditivos

Solicitar asesoramiento

AUDIÓFONOS, SISTEMAS CROS E BICROS, DIADEMAS ÓSEAS...

Nos nosos centros auditivos de Lalín, Ordes e Cee contamos cos mellores produtos dentro do mercado xa que traballamos unicamente con firmas e empresas de referencia no sector.

En Oe+ queremos garantir sempre a calidade, durabilidade e funcionalidade de cada un dos produtos que temos á venda e que ofrecemos aos nosos clientes.

Audífonos de calidade en Cee, Lalín e Ordes

Todo tipo de modelos de audífonos

Intracanais

Intracanais

De menor ou maior tamaño, estes audiófonos sitúanse no conduto auditivo ou ata a concha auricular.

RIC

RIC

Audiófono retroauricular de pequeno tamaño que leva o auricular dentro do conduto auditivo e que permite amplas posibilidades de adaptación.

BTE ou retroauricular

BTE ou retroauricular

Cunha estética cada vez máis coidada, este modelo de audiófono tamén garante amplas posibilidades de adaptación.

Ofrecemos axudas técnicas auditivas

Ofrecemos axudas técnicas que melloran a escoita no día a día. Desde sistemas conectados aos audiófonos ata solucións independentes como teléfonos ou espertadores adaptados, sempre coa tecnoloxía máis avanzada.

Coñece máis sobre as nosas solucións auditivas en Cee, Lalín e Ordes

Variñas e diademas
Ad-Hear de Medel®
Sistemas Cros e Bicros
In Ear Monitors (IEM)
Protectores auditivos

Variñas auditivas e diademas óseas

Recomendadas para persoas con perda auditiva transmisiva debido a problemas no oído medio (otite crónica, malformación, cirurxía de oído medio, etc.). Os terminais actuais presentan un deseño que permite que se adapten perfectamente na variña dos lentes ou ben constituír a variña da gafa integramente, aínda que tamén existe a posibilidade de incorporar o terminal sobre unha diadema.

Incorporan un vibrador óseo que se sitúa tras o pavillón auditivo emitindo a vibración directamente sobre a mastoide e canalizando así o son ata o oído interno.

Ver máis

Sistema Ad-Hear de Medel®

O innovador sistema ADHEAR de MED-EL® está indicado igualmente para a perda auditiva transmisiva, pero cunha colocación diferente: o procesador de audio fíxase a un adaptador adhesivo que se coloca na pel, tras a orella, sen exercer presión e sen necesidade de cirurxía. O son transmítese por vía ósea ata o oído interno, ofrecendo unha solución cómoda e discreta que se pode poñer e retirar en calquera momento.

Máis sobre Ad-Hear

Audífonos de calidade en Cee, Lalín e Ordes

Sistemas Cros e Bicros

Constitúe unha opción para aquelas persoas con perda auditiva unilateral profunda ou con case imposibilidade de adaptación no oído con perda auditiva (sistema Cros) ou ben perda auditiva bilateral asimétrica na cal un dos oídos ten imposibilidade de adaptación (sistema BiCros).

Consiste en transmitir a señal auditiva do oído non adaptado ao outro oído de forma inalámbrica. Isto permite ao usuario mellorar a súa audición.

Audífonos de calidade en Cee, Lalín e Ordes

In Ear Monitors (IEM)

Eres profesional da música ou simplemente queres desfrutar do mellor son cuns auriculares profesionais? De 3, 4, 5 e ata 6 vías diferenciando drivers para graves, medios e agudos. Máis Son. Máis Calidade.

Protectores auditivos

Protectores auditivos individualizados a medida tanto para tapóns de baño para protexer da humidade, protectores de ruído en caso de ambiente laboral ruidoso, cazadores, etc. ou por exemplo protectores para músicos.

Todas as túas dúbidas sobre os nosos produtos auditivos

Atopa a solución auditiva en Cee, Lalín e Ordes que mellor se adapta a ti

Pide asesoramento sen compromiso ou reserva a túa cita nun dos nosos centros. Esperámoste!

Contactar

  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • Cartel