Aspectos económicos, seguros de perda, roubo e rotura, leasing, formación, orientación e renting-alugueiro son algúns destes servizos.
Aspectos económicos
En Oe+ a máxima premisa é que os nosos pacientes poidan beneficiarse dunha adaptación auditiva e superar as súas limitacións sen que o aspecto económico resulte un impedimento. Por isto, ofrecemos diversas posibilidades:
-
Facilidades de pago, podendo valorar diversas opcións de financiamento.
-
Audiófonos sociais: os centros auditivos Oe+ sempre co compromiso de proporcionar unha mellora auditiva a todas as persoas, ofrecen a posibilidade de adaptación con audiófonos sociais. Ofrecemos diversas posibilidades entre as que se atopan os audiófonos sociais ou diversas opcións de pago entre as que pode atopar a opción de renting.
-
Se o desexa, Oe+ pode informarlle en canto ás axudas dispoñibles para cada caso e en cada momento así como axudarlle para cubrir e presentar as solicitudes ante a administración correspondente.
-
No caso das axudas para menores de 16 anos, Oe+ tramita directamente o expediente e asume o importe da axuda ata que lle sexa abonada polo organismo correspondente sen que as familias teñan que adiantar esta contía económica
-
Seguros de perda, roubo e rotura
Para aqueles audiófonos novos mercados en centros Oe+, ofrecemos a posibilidade de contratar un seguro que cubra a perda, roubo ou rotura do audiófono para que, no caso de producirse esta situación, non lle ocasione un problema*.
Ademais, mentres non se solucione a substitución ou reparación do audiófono, recorda que Oe+ préstache un audiófono de substitución para que nunca deixes de oír.