25 Mar Como lle afecta a chegada da primavera á túa audición? 25/03/2021 Saúde Ca chegada da primavera e o cambio das temperaturas, a todos nos apetece pasar máis tempo fóra da casa e realizar actividades ó aire libre. Porén, moitas outras persoas relacionan tamén esta etapa do ano con outro asunto menos afable: as alerxias. As alerxias veñen sendo reaccións do organismo a axentes externos que este considera daniños. A máis habitual é a alerxia ó pole procedente de arbustos e árbores. Cada vez é máis habitual observar as rúas tinguidas de amarelo e masas de aire cargadas d... Ler máis
17 Mar Consecuencias dunha perda auditiva sen tratar 17/03/2021 Saúde Non tratar unha perda auditiva desemboca nun maior esforzo por parte do noso cerebro por tratar de descifrar a información que nos chega a través desa vía. Por iso é tan importante tratar calquera anomalía auditiva, posto que senón rematará por interferir no comportamento normal doutras funcións corporais cando o noso cerebro se vexa na obriga de ceder máis enerxía a esta tarefa, en detrimento doutras funcións tamén elementais para o bo funcionamento do noso organismo. Non empregar audífonos ... Ler máis
11 Mar Síndrome tensional e acúfenos 11/03/2021 Saúde O síndrome tensional é un tipo de contractura muscular moi común en persoas que pasan moito tempo fronte a un ordenador ou unha pantalla en posicións ríxidas e invariables. Pero existen outras causas que poden provocar esta molestia como por exemplo a calidade do sono ou a forma de durmir. O tipo de postura, o colchón, a almofada ou os malos hábitos como desordes horarios poden causar graves molestias musculares. Finalmente, tamén existen outras causas de tipo máis emocional: depresión, ansiedad... Ler máis
4 Mar Alimentos que fortalecen a nosa saúde auditiva 04/03/2021 Recomendacións A boa alimentación é un dos mellores hábitos para traballar a nosa calidade de vida. Comer ben reporta innumerables beneficios para a nosa saúde. De feito, fálase continuamente de que se consumimos de maneira habitual certos alimentos, estes poden axudar a sacar máis rendemento dos nosos sentidos e facultades físicas e mentais: a vista, a memoria, a atención e, tamén, a audición. Neste artigo falarémosvos daqueles alimentos que máis beneficios lle reportan á nosa saúde auditiva. Audiólogos espe... Ler máis