Audífonos para nenos: todo o que debes saber.
Por que é importante que os nenos usen audífonos adecuados?
A audición é un dos sentidos máis importantes no desenvolvemento infantil. Unha boa capacidade auditiva permite que o neno aprenda a falar correctamente, interactúe co seu entorno e progrese no ámbito escolar.
Cando existe unha perda auditiva, detectala e tratala a tempo é fundamental para evitar retrasos na linguaxe, problemas de comunicación e dificultades de aprendizaxe. Os audífonos infantís son unha ferramenta clave para que o neno poida recibir o son de maneira clara e natural, facilitando o seu desenvolvemento global.
Ademais, un neno que escoita ben tende a ter máis confianza en si mesmo e a participar máis activamente nas actividades sociais e educativas.
Tipos de audífonos para nenos
Aínda que existen varios tipos de audífonos no mercado, no caso dos nenos a opción recomendada polos especialistas é o formato BTE (Behind The Ear), é dicir, o audífono retroauricular.
Audífonos retroauriculares (BTE): a mellor opción para nenos
Os audífonos BTE sitúanse detrás da orella e conducen o son ao oído a través dun molde feito a medida. Este formato é o máis axeitado para nenos por varias razóns:
-
Adaptabilidade ó crecemento: A orella dun neno cambia rapidamente coa idade. No formato BTE, só é necesario cambiar o molde a medida cando lle queda pequeno, sen ter que mercar un novo audífono. Isto supón un importante aforro económico e unha maior comodidade para as familias.
-
Seguridade: Os audífonos intracanais (que van dentro do oído) están contraindicados en nenos, xa que un golpe na cabeza ou unha caída poderían provocar danos no conduto auditivo. O formato BTE evita este risco, ao quedar situado fóra do oído.
-
Facilidade de uso: O tamaño do audífono BTE é algo maior, o que o fai máis doado de manipular tanto polos pais como polo propio neno cando aprende a colocalo.
-
Menor risco de perda: Grazas ao seu tamaño e á posibilidade de empregar suxeicións, é máis difícil que se extravíe.
En OE+ dispoñemos dunha ampla gama de audífonos BTE específicos para nenos, con diferentes cores, deseños e tecnoloxías adaptadas á idade e ao grao de perda auditiva.
Outros tipos de audífonos: por que non son adecuados para nenos
Os audífonos intraauriculares (ITE) ou intracanais (CIC, ITC) non se recomendan en idades infantís.
As principais razóns son:
-
A orella medra constantemente, polo que sería necesario facer novos audífonos cada poucos meses.
-
Presentan un maior risco de lesión se o neno recibe un golpe ou cae.
-
A súa manipulación é máis complexa para mans pequenas.
Por todo isto, o formato BTE é o único modelo seguro, duradeiro e funcional para nenos.
¿Usan os mesmos audífonos os nenos que os adultos?
Sí, ainda que os audífonos infantís soes escollerse con certas características propias adaptadas ás súas necesidades..
As principais diferenzas son:
-
Tamaño e deseño: Os audífonos para nenos quedan restrinxidos ó formato BTE, precisando dun molde feito a medida do oido do neno para poder adaptarllo.
-
Resistencia: Están deseñados para soportar movemento, xogo e posibles golpes.
-
Control parental: Moitos modelos permiten que os pais controlen parámetros como o volume ou o estado da batería.
-
Acompañamento profesional: É esencial facer revisións periódicas co audioprotesista para adaptar o dispositivo a medida que o neno medra ou cambia o seu nivel de audición.
O axuste profesional é un punto clave. Un audífono mal calibrado pode resultar incómodo ou ineficaz. En OE+ acompañamos ás familias en todo o proceso, asegurando un axuste cómodo, seguro e preciso.
Sinais de que un neno pode necesitar audífonos
Recoñecer cedo os síntomas dunha posible perda auditiva é fundamental. Estas son algunhas sinais de alerta que poden indicar que o teu fillo precisa unha revisión auditiva:
-
Non responde cando o chaman ou pide repetir o que se lle di.
-
Sobe moito o volume da televisión ou dispositivos electrónicos.
-
Ten retraso no desenvolvemento da linguaxe ou pronuncia mal certas palabras.
-
Mostra dificultades na escola ou distráese con facilidade.
-
Non reacciona a sons suaves ou distantes.
Ante calquera destes sinais, é recomendable acudir canto antes a un centro auditivo especializado para realizar unha proba auditiva completa.
Consellos para elixir os mellores audífonos para nenos
-
Aposta polo formato BTE: É o único modelo recomendado polos especialistas para oídos en crecemento.
-
Busca un axuste cómodo e seguro: O molde debe adaptarse perfectamente á orella do neno, sen causar molestias.
-
Opta por audífonos resistentes: Os nenos son activos; o dispositivo debe soportar o ritmo diario, golpes e humidade.
-
Escolle un modelo con cores visibles: Isto facilita atopalo en caso de perda e pode facer que o neno se sinta máis identificado co seu audífono.
-
Programa revisións periódicas: O audioprotesista debe comprobar regularmente o funcionamento e o axuste do dispositivo.
-
Valora a conectividade: Algúns modelos permiten conectar o audífono a dispositivos electrónicos ou sistemas FM usados nas aulas.

Conclusión
Os audífonos son unha ferramenta esencial para o desenvolvemento auditivo e comunicativo dos nenos. Por razóns de seguridade, crecemento e durabilidade, o formato retroauricular (BTE) é o máis adecuado e o único recomendado polos especialistas en audioloxía pediátrica.
En OE+ acompañamos ás familias galegas en todo o proceso: desde a avaliación auditiva ata a elección, adaptación e seguimento dos audífonos infantís.
A audición dun neno é clave para o seu futuro: coidar dela é garantirlle un desenvolvemento feliz e pleno.
??Para máis info, visita a nosa web www.oemais.com