Por que soen ter problemas de audición os mestres e mestras de infantil?

Publicado: 06 de maio de 2021, 17:45
  1. Recomendacións
Por que soen ter problemas de audición os mestres e mestras de infantil?

Xa temos falado noutras ocasións de profesións nas que a exposición a fortes ruídos é unha constante: músicos/as, traballos en aeroportos, en fábricas... Polo que se se traballa nun deses sectores, é moi importante tomar as medidas de protección necesarias para non sufrir problemas auditivos nun futuro. 

Pero hai outra profesión que apenas se cita cando se fala destas cuestións: a mestría, tanto se nos referimos á ensinanza de infantil como á de primaria. Ambas implican a convivencia con sons especialmente intensos e daniños de forma rutinaria e durante varias horas de forma continuada. Hai estudos que afirman que 7 de cada 10 mestres de educación infantil padecen algún problema de audición. 

Cales son as causas?

Os mestres de escola soen traballar con grupos amplos de alumnos/as, podendo chegar ata 25. A principal causa, entón, dos problemas de xordeira padecidos nesta profesión está relacionada co alto nivel de ruídos que se poden xerar nunha aula por nenos e nenas en idades moi temperás. Prodúcense moitos berros, choros, risas... que poden chegar a afectarlle a quen se expón a eles de forma continuada. Ademais, é moi complicado empregar protección se es mestra/e porque boa parte das funcións radican en prestar atención a todo o que poidan facer ou dicir os peques. 

E as consecuencias?

Entre os síntomas máis comúns dentro da profesión atopamos a perda de audición, a fatiga auditiva e o tinnitus, doenzas que poden chegar a interferir de forma significativa no día a día. A meirande parte dos mestres/as teñen dificultades para escoitar ós compañeiros nas reunións ou mesmo ós nenos/as nas aulas. Ademais, afirman sentir dificultades para escoitar a radio. O 40% dos enquisados nun estudo recoñecen ter experimentado dor física nos oídos e incomodidade ante ruídos cotiás.

Existen solucións?

Entre as solucións máis comentadas están a diminución do número de nenos/as por aula e o aumento das actividades ó aire libre. As aulas son espazos pechados e o son non se expande, o que fai que o entorno sexa aínda máis ruidoso. Por iso, se estas medidas non se conseguen levar a cabo, será preciso valorar o emprego de protección auditiva, tratando de dar ca máis axeitada para garantir unha correcta atención e coidado. 

 

Noticias relacionadas

Revisión auditiva completa: en que consiste, que probas se realizan e onde facela en Galicia 1 Nov

Revisión auditiva completa: en que consiste, que probas se realizan e onde facela en Galicia

Fai 1 hora Recomendacións
A perda de audición adoita desenvolverse de forma lenta e progresiva, polo que moitas persoas tardan anos en decatarse de que deixaron de percibir certos sons da súa contorna ou de que lles custa seguir conversas en lugares concorridos. Facer unha revisión auditiva periódica é o primeiro paso para
Audífonos para nenos: todo o que debes saber. 1 Mai

Audífonos para nenos: todo o que debes saber.

01/05/2026 Recomendacións
Audífonos para nenos: todo o que debes saber. Por que é importante que os nenos usen audífonos adecuados? A audición é un dos sentidos máis importantes no desenvolvemento infantil. Unha boa capacidade auditiva permite que o neno aprenda a falar correctamente, interactúe co seu entorno e progrese
Como mellorar a audición: Guía definitiva de saúde auditiva e solucións modernas 1 Abr

Como mellorar a audición: Guía definitiva de saúde auditiva e solucións modernas

01/04/2026 Recomendacións
Como mellorar a audición: Guía definitiva de saúde auditiva e solucións modernas Sentes que o mundo soa "con néboa"? Cústache seguir o fío nas ceas familiares ou semellas estar sempre pedindo que te repitan as cousas? Se buscaches como mellorar a audición, probablemente te atopes con solucións
¿Que tipo de audífono é mellor para o oído? 2 Feb

¿Que tipo de audífono é mellor para o oído?

02/02/2026 Recomendacións
Seleccionar o audífono adecuado é unha decisión clave para mellorar a comprensión da fala, a calidade da audición e, en xeral, o benestar diario. Non todos os audífonos serven para todos os tipos de perda auditiva nin para todos os perfís de usuario. Por iso, é importante coñecer como funcionan,
  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • Cartel