Se te dedicas á música tes que protexer os teus oídos

Publicado: 10 de febreiro de 2021, 17:00
  1. Recomendacións
Se te dedicas á música tes que protexer os teus oídos

As persoas que se dedican á música son cada vez máis conscientes dos riscos que esta profesión lles pode supoñer para a súa saúde auditiva. Aínda así, segue habendo músicas e músicos que non toman as medidas necesarias para coidar os seus oídos. 

O 50% dos intérpretes musicais sofre problemas de audición entre os que destacan a perda auditiva, a aparición de acúfenos e a hiperacusia. Pero ademais, os danos por ruído vanse almacenando na cóclea facendo que este déficit auditivo sexa progresivo, derivando paulatinamente noutros problemas como a fatiga auditiva, cefaleas, diminución da discriminación auditiva ou irritabilidade. E é que detrás de cada tema e detrás de cada concerto hai infinidade de horas de ensaio nas que os seus oídos se expoñen durante horas a sons que superan os 80Db, chegando incluso ós 110Db. Estes son niveis moi altos tendo en conta que o límite da dor se atopa nos 120Db.

Pero este non é un tema novo, polo que existen xa numerosos consellos que nos levan a poder gozar da música dunha maneira máis sa. Entre eles destacan os seguintes:

  • Primeiramente o emprego de tapóns protectores. O seu emprego durante as sesións de traballo é fundamental (ensaios e actuacións). Un estudo realizado polo Observatorio de Prevención Auditiva para os Músicos (OPAM) afirma que de 5 músicos/as, tan só 1 emprega estes tapóns, os cales axudan a reducir entre 15 e 20 o número de dBs ós que se expoñen. En Oe+ ofrecemos tamén este servizo a través de moldes elaborados de forma totalmente personalizada. 
  • Diminuír o son na súa orixe. Durante os ensaios, sobre todo, pódese buscar a forma de reducir os niveis de son producidos polos instrumentos, como por exemplo co emprego de amortecedores de son se se usan instrumentos de percusión. Ademais tratarase de evitar sons moi elevados que sexan innecesarios.
  • Reducir a propagación do son. Como? A través de espazos máis amplos deseñados cunha acústica apropiada e aumentando a separación entre os músicos.
  • Reducir o tempo de exposición. Cando se vaia a ensaiar, deberase planificar dito ensaio para combinar pistas máis intensas con outras máis suaves para así deixar descansar os oídos. Convén tamén planificar ben os horarios e dispoñer de tempos de descanso en zonas máis silenciosas

Ó longo dos anos son moitos os artistas que se tiveron que afastar dos escenarios por problemas desta índole. Algúns dos máis coñecidos son, por exemplo:

  • Brian Jhonson (ACDC). O cantante deste histórico grupo recoñeceu os seus problemas de audición ós 68 anos como consecuencia de non ter protexido os seus oídos durante a súa carreira musical. Ademais, tamén era un acérrimo afeccionado ás carreiras de coches, o que potenciou aínda máis estes danos. Chegáronlle incluso a sangrar os oídos nunha destas carreiras ás que asistía. 
  • Phill Collins anunciaba no 2011 a súa retirada musical debido á progresiva perda auditiva que estaba experimentando, o que lle impedía seguir compoñendo e tocando con normalidade.
  • Eric Clapton leva máis de 10 anos convivindo cun asubío permanente nos seus oídos.

Se como algún destes artistas sentes que a túa audición se veu deteriorada como consecuencia da túa profesión como músico, o ideal é que acudas a un audiólogo ou audióloga para que che indique como poder mellorar a situación. Algúns consellos para cando comeces a rehabilitación auditiva son, por exemplo, os que indicamos a continuación:

  1. Facer exercicios de escoita: isto axudaralle á túa comprensión da fala, o que derivará nunha mellora da audición musical. 
  2. Práctica diaria: escoita música todos os días. Permitirá que a música revolva de novo emocións e que a túa memoria muscular musical se vexa exercitada.
  3. Escolle a música axeitada: os expertos recomendan ó que en inglés lle chaman “FAVORS, música Familiar, Auditiva e Visual (artistas ós que lles poidas ler os beizos e observar a linguaxe corporal), de mente aberta “Open mind” (escoitando variedades de música), Rítmica e Sinxela.
  4. Configurar de maneira óptima o audífono que empregues en función do tipo de música ca que traballes. 

Como vemos, existen moitas recomendacións para evitar chegar a estes extremos, só falta poñelas en práctica e gozar dunha carreira musical longa e gratificante. 

Noticias relacionadas

En inverno hai que abrigarse os oídos 17 Xan

En inverno hai que abrigarse os oídos

17/01/2023 Recomendacións
Durante esta época do ano o corpo humano perde calor con maior facilidade a través das extremidades, como poden ser as orellas. O aire frío e seco pode deshidratar a pel e o tecido interno do oído, o que pode causar dor, inflamación e nalgúns casos infeccións. Como inflúe o frío? O noso corpo
Desfruta do Nadal cos 5 sentidos 15 Dec

Desfruta do Nadal cos 5 sentidos

15/12/2022 Recomendacións
Chegan as festas do Nadal e con elas, as reunións de familia, amigos e compañeiros de traballo. Son momentos para pasalos conversando e rindo, o que require interacción co grupo. Se sofres perda de audición, pode que teñas inseguridade á hora de establecer unha conversa, pero para evitar a
Como inflúe a hipoacusia no deterioro cognitivo? 10 Nov

Como inflúe a hipoacusia no deterioro cognitivo?

10/11/2022 Recomendacións
A hipoacusia está directamente ligada ao envellecemento mediante o desgaste e a perda de audición asociada á idade, pero esta non é o único factor de risco para desenvolver demencia. Ao redor do 35% dos casos pódense atribuír a doce factores de risco que son potencialmente modificables ou
3 usos dos tapóns individualizados 25 Out

3 usos dos tapóns individualizados

25/10/2022 Recomendacións
O uso de tapóns para evitar un dano producido polo ruído ambiental, ben sexa nun entorno laboral ou ben nunha situación de ocio, están á orde do día. Mais a pesar diso, o uso destes elementos tan coñecidos pasa desapercibido noutras actividades nas que o beneficio que ofrecen pode cambiarnos,

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.