Por que é tan importante protexer os oídos no verán?

Publicado: 09 de xuño de 2021, 14:17
  1. Recomendacións
 Por que é tan importante protexer os oídos no verán?

O verán e o tipo de actividades de ocio que solemos practicar durante os seus meses son especialmente perigosas para a saúde dos nosos oídos. O continuo contacto ca auga pode derivar en doenzas que despois nos custará moito eliminar. Neste artigo faremos un resumo dos perigos ós que nos expoñemos se non coidamos os nosos oídos, cales poderían ser as consecuencias e tamén que hábitos deberíamos adquirir para evitar que estas actividades prexudiquen a nosa audición. 

Problemáticas auditivas asociadas ó contacto ca auga

Otite de nadador ou otite externa: é unha das patoloxías máis habituais relacionadas co contacto ca auga en piscinas, praias ou ríos e que pode derivar en infeccións do conduto auditivo que transporta o son dende o exterior cara o tímpano.

Molestias e danos  auditivos causados por rápidos mergullos na auga: o aumento repentino da presión nos oídos ó entrar neles a auga de forma tan rápida pode ser prexudicial para a saúde auditiva. Por iso é aconsellable non tirarse ó mar ou á piscina desde alturas moi elevadas. 

Molestias causadas por fondas inmersións: se te mergullas a máis de 5m de profundidade  tes que ser coñecedor das técnicas axeitadas que favorezan a compensación aérea do oído medio. De non facelo, o tímpano pódese ver danado polo cambio de presión. 

Medidas que deberías de tomar para protexer os oídos cando esteas na auga

Emprego de tapóns: é moi importante o emprego de tapóns cando te bañas, xa sexa en auga doce ou salgada. O seu emprego evitará posibles infeccións provocadas por bacterias. Deberemos escoller, ademais, tapóns que  se adapten o mellor posible ó conduto auditivo e que se vaian adaptando a el cando facemos os movementos de apertura e peche da boca.

Secar ben os oídos ó saír da auga: cando saímos da auga é importantísimo secar ben os oídos posto que a humidade pode provocar tamén a aparición de infeccións. Isto é importante durante todo o ano, cando saímos da ducha, por exemplo. Se falamos de augas con un maior nivel de sucidade, a hixiene resultará fundamental para previr calquera enfermidade  causada por xermes ou bacterias. 

Outras actividades estivais que poden causar danos na saúde auditiva

Ca chegada da Covid 19 moitos vímonos obrigados a cambiar as nosas costumes durante os meses de verán. Porén, todo volverá a normalidade e temos que ter en conta outras cuestións, ademais das relacionadas ca auga, que poderían afectarlles á nosa audición. 

A asistencia a festivais, concertos ou verbenas pode derivar en danos auditivos dado que nos expoñemos a unha escoita continuada dun elevado número de decibelios. Por outra banda, os viaxes en avión ou calquera actividade ó aire libre que implique un cambio na altitude e na presión poden vir acompañados de molestias auditivas que teremos que coidar. 

 

Noticias relacionadas

En inverno hai que abrigarse os oídos 17 Xan

En inverno hai que abrigarse os oídos

17/01/2023 Recomendacións
Durante esta época do ano o corpo humano perde calor con maior facilidade a través das extremidades, como poden ser as orellas. O aire frío e seco pode deshidratar a pel e o tecido interno do oído, o que pode causar dor, inflamación e nalgúns casos infeccións. Como inflúe o frío? O noso corpo
Desfruta do Nadal cos 5 sentidos 15 Dec

Desfruta do Nadal cos 5 sentidos

15/12/2022 Recomendacións
Chegan as festas do Nadal e con elas, as reunións de familia, amigos e compañeiros de traballo. Son momentos para pasalos conversando e rindo, o que require interacción co grupo. Se sofres perda de audición, pode que teñas inseguridade á hora de establecer unha conversa, pero para evitar a
Como inflúe a hipoacusia no deterioro cognitivo? 10 Nov

Como inflúe a hipoacusia no deterioro cognitivo?

10/11/2022 Recomendacións
A hipoacusia está directamente ligada ao envellecemento mediante o desgaste e a perda de audición asociada á idade, pero esta non é o único factor de risco para desenvolver demencia. Ao redor do 35% dos casos pódense atribuír a doce factores de risco que son potencialmente modificables ou
3 usos dos tapóns individualizados 25 Out

3 usos dos tapóns individualizados

25/10/2022 Recomendacións
O uso de tapóns para evitar un dano producido polo ruído ambiental, ben sexa nun entorno laboral ou ben nunha situación de ocio, están á orde do día. Mais a pesar diso, o uso destes elementos tan coñecidos pasa desapercibido noutras actividades nas que o beneficio que ofrecen pode cambiarnos,

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.

  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • pel
  • pel
  • Programa das persoas autónomas