Videoxogos e audición, como se relacionan?

Publicado: 26 de maio de 2021, 12:03
  1. Recomendacións
Videoxogos e audición, como se relacionan?

Dous de cada tres adolescentes de entre 8 e 16 anos pasan máis de dúas horas diarias xogando ós videoxogos. A palabra “gamer” é xa unha habitual no noso vocabulario e emprégase para nomear a aquelas persoas que senten paixón polo mundo dos videoxogos. Estes mozos e mozas pasan horas fronte á pantalla acompañados por uns cascos, preferiblemente moi potentes, que lles permiten entrar de cheo no universo do xogo, vivilo da forma máis real posible e evadirse do seu entorno físico.

Onde se atopa o problema?

Igual que cando falamos da escoita de música, o consumo de videoxogos durante longos períodos de tempo e empregando cascos pode resultar moi daniño para a audición dos usuarios. Principalmente porque se soe facer uso deles durante máis de 60 minutos e a uns niveis superiores ós 60 db. Ademais, a esas idades os oídos son moi susceptibles e a exposición a ruídos nocivos pode causar problemas nun futuro. 

A problemática das lesións auditivas na xuventude está cada vez máis á orde do día polo que as empresas dos videoxogos xa comezaron a tomar conciencia sobre esta problemática e están incluso iniciando campañas para sensibilizar ós máis novos sobre esta cuestión. Segundo a OMS, máis de 1.100 millóns de mozos e mozas están en perigo de sufrir algún tipo de xordeira asociada ós videoxogos. Dise incluso que a xeración millenial pode ser unha das máis xordas da historia se non se cambian os patróns de conducta. En relación a isto, a OMS apunta que os que agora teñen 20 anos, cando teñan 40 oirán igual que o fan agora os de 65.

Que doenzas pode provocar o emprego continuado de cascos mentres se consomen videoxogos?

O perigo principal é sufrir perda auditiva, media ou severa, en idades adultas, algo complexo de reverter. Ademais, pódese chegar a padecer tinnitus, pitidos e zumbidos que non se deben a ningún estímulo externo, distorsións auditivas ou hiperacusia (sensibilidade a sons altos ou a determinados ruídos). 

Como se pode coidar a audición se somos asiduos dos videoxogos?

Se unha persoa está acostumada a xogar co volume moi alto, non pode reducilo drasticamente porque non será capaz, esta redución haberá que facela paulatinamente ata acadar un nivel de decibelios seguro. 

Outra forma de aliviar a exposición ó ruído é realizar descansos de maneira periódica para limitar o tempo de exposición e darlles tempo ás células ciliares a recuperarse. 

 

Noticias relacionadas

Revisión auditiva completa: en que consiste, que probas se realizan e onde facela en Galicia 1 Nov

Revisión auditiva completa: en que consiste, que probas se realizan e onde facela en Galicia

Fai 1 hora Recomendacións
A perda de audición adoita desenvolverse de forma lenta e progresiva, polo que moitas persoas tardan anos en decatarse de que deixaron de percibir certos sons da súa contorna ou de que lles custa seguir conversas en lugares concorridos. Facer unha revisión auditiva periódica é o primeiro paso para
Audífonos para nenos: todo o que debes saber. 1 Mai

Audífonos para nenos: todo o que debes saber.

01/05/2026 Recomendacións
Audífonos para nenos: todo o que debes saber. Por que é importante que os nenos usen audífonos adecuados? A audición é un dos sentidos máis importantes no desenvolvemento infantil. Unha boa capacidade auditiva permite que o neno aprenda a falar correctamente, interactúe co seu entorno e progrese
Como mellorar a audición: Guía definitiva de saúde auditiva e solucións modernas 1 Abr

Como mellorar a audición: Guía definitiva de saúde auditiva e solucións modernas

01/04/2026 Recomendacións
Como mellorar a audición: Guía definitiva de saúde auditiva e solucións modernas Sentes que o mundo soa "con néboa"? Cústache seguir o fío nas ceas familiares ou semellas estar sempre pedindo que te repitan as cousas? Se buscaches como mellorar a audición, probablemente te atopes con solucións
¿Que tipo de audífono é mellor para o oído? 2 Feb

¿Que tipo de audífono é mellor para o oído?

02/02/2026 Recomendacións
Seleccionar o audífono adecuado é unha decisión clave para mellorar a comprensión da fala, a calidade da audición e, en xeral, o benestar diario. Non todos os audífonos serven para todos os tipos de perda auditiva nin para todos os perfís de usuario. Por iso, é importante coñecer como funcionan,
  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • Cartel