Hábitos da adolescencia que poden derivar en graves xordeiras

Publicado: 29 de decembro de 2020, 20:00
  1. Saúde
Hábitos da adolescencia que poden derivar en graves xordeiras

A xordeira é unha patoloxía que afecta, segundo a OMS, ó 6% da poboación mundial. Isto correspóndese con aproximadamente 460 millóns de persoas, cifra que podería aumentar a 900 millóns no 2050 de continuar ca actual tendencia. Se ben é certo que segue a ser un problema que afecta principalmente a persoas maiores, é preocupante ver o serio aumento de casos de xordeira entre os adolescentes e os adultos máis novos. En relación a isto, a OMS afirma que a metade das persoas de entre 12 e 35 anos corren o risco de padecer serios problemas de audición nun futuro como consecuencia a unha continua e forte exposición a sons elevados

O principal motivo é que nestas franxas de idade a música soe acompañar a meirande parte das actividades. Escóitase a música para estudar, para facer deporte, para desprazarse ou, como incluso afirman moitos e moitas, para relaxarse. Ademais de todas aquelas actividades nas que os fortes sons son o reclamo en si mesmos: ocio nocturno (discotecas e pubs), concertos, festivais... Sumando por último todos aqueles espazos nos que o ruído ambiente é unha constante: centros comerciais, parques de atraccións, a contaminación acústica das grandes cidades etc. 

Por outra parte, dita escoita faise a maioría das veces a través de auriculares, os que provocan unha forte presión no oído chegando a ser moi prexudiciais á hora de coidar a nosa saúde auditiva. Estes actúan principalmente sobre a cóclea, na cal se reciben os sons. 4 de cada 10 adolescentes ou adultos novos recoñecen escoitar a música a un volume alto, por riba dos 60Db recomendados, polo que a perigosidade deste hábito é máis que palpable. Os auriculares de botón, ademais, poden chegar a producir infeccións na pel do conduto, o que se ve agravado se os auriculares se comparten con outras persoas, como é moi habitual entre a xuventude. 

En canto ó motivo polo que esta patoloxía require unha especial atención a estas idades non ten que ver co nivel de desenvolvemento do oído interno (algo que si que afecta en idades moi temperás como as dos bebés) senón que está relacionado ca cada vez máis precoz exposición ós ruídos, o que fará que as lesións que se poidan producir sexan maiores xa que se trata de un proceso acumulativo. 

Entre as principais patoloxías ligadas ás escoitas a altos volumes atópase o trauma acústico crónico. É o acadado tras a exposición reiterada a sons intensos, o que dana as células sensoriais da cóclea e non é reversible, podendo producir non só perda auditiva senón que tamén acúfenos. En canto ás principais recomendacións son moi sinxelas: reducir o volume da música que se escoita e evitar, dentro do posible, a introdución de dispositivos no conduto auditivo externo. 

 

 

Noticias relacionadas

Por que somos o que escoitamos? 15 Feb

Por que somos o que escoitamos?

15/02/2023 Saúde
“Es o que escoitas”. Seguro que tes escoitado isto máis dunha vez. Pero, por que? Dise que es o que escoitas porque a audición é un dos sentidos máis importantes que temos e afecta profundamente ao noso comportamento, personalidade e formación cognitiva e emocional. Os sons que percibimos ao longo
Por que perdemos audición ao envellecer? 21 Nov

Por que perdemos audición ao envellecer?

21/11/2022 Saúde
Hai moitos factores que poden contribuír á perda de audición relacionada coa idade. Pode ser difícil diferenciar a perda de audición relacionada coa idade da perda de audición que pode ocorrer por estar exposto ao ruído moito tempo. Co paso dos anos, o cerebro vólvese máis sensible aos ruídos e
Como coidar a saúde auditiva dos nenos? 15 Set

Como coidar a saúde auditiva dos nenos?

15/09/2022 Saúde
Oír ben é importante para poder falar ben. A perda de audición pode ter efectos tanto no desenvolvemento da lingua para poder comunicarse, como tamén á hora de aprender e relacionarse socialmente. Polo tanto, é importante facerlles revisións audiolóxicas aos nenos.  No noso centro de Ordes,
A función da cera nos oídos 8 Ago

A función da cera nos oídos

08/08/2022 Saúde
O conduto auditivo externo está revestido por folículos pilosos e por glándulas que producen un aceite ceroso denominado cerume. A cera case sempre se abre paso ata a abertura do oído, como causa do movemento da articulación da mandíbula inferior cando comemos, falamos, mastigamos... Isto, unido á

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.