Contaminación acústica: estámoslle dando a importancia que se merece?

Publicado: 28 de novembro de 2020, 09:40
  1. Social
Contaminación acústica: estámoslle dando a importancia que se merece?

A contaminación dáse moitas veces de lado posto que non é un problema con consecuencias inminentes senón que se van palpando a longo prazo. Porén, como sigamos sen prestarlle a atención que se merece as súas consecuencias no medio ambiente, e polo tanto, na poboación, serán irreversibles. Pero non só nos referimos aquí á contaminación atmosférica, tamén á acústica. Segundo datos da Axencia Europea do Medio Ambiente (AEMA), o ruído da rúa causa ó ano 16.600 mortes prematuras e máis de 72.000 hospitalizacións. Pero esta non só lle afecta ós humanos, tamén ós animais. Os efectos adversos na vida natural e salvaxe son tales que poden chegar a modificar os patróns de reprodución, de lactación materna e provocar incluso a extinción de algunhas especies. 

Pero non todos os sons da rúa son considerados contaminación acústica, serano aqueles que superen os 65 dB. Se superan os 75 dB os ruídos serán xa daniños e  dolorosos se sobrepasan os 120. Dentro das causas máis comúns de contaminación acústica está o tráfico automobilístico, o tráfico aéreo, a construción e maquinaria empregada nas obras, a restauración e o ocio nocturno e incluso os sons de algúns animais como os ladridos dun can (poden roldar os 60-80 dBs). 

E como non podía ser doutro xeito, isto trae consigo graves consecuencias para as persoas que se irán agravando co paso do tempo. En primeiro lugar están todos aqueles problemas relacionados ca audición como poden ser o tinnitus e a xordeira pero, ademais, pódense desencadear outro tipo de dificultades que afectan principalmente á xente máis nova e á máis vella:

  • Problemas psicopatolóxicos: aceleración do pulso, dor de cabeza, axitación respiratoria e incluso molestias como a gastrite, colite ou ata infartos se a exposición se fai ante sons extremos e constantes.
  • Problemas psicolóxicos: estrés, fatiga, depresión, ansiedade...
  • Problemas de soño e conduta: o ruído por encima dos 45 Db pódenos impedir coller o sono ou durmir comodamente, o que pode provocar á larga episodios de agresividade ou irritabilidade.
  • Problemas de memoria e atención: concentración e rendemento.

As solucións máis efectivas ante esta cuestión pasan por un importante traballo de concienciación social e por unha maior implicación das administracións públicas en canto ó deseño de políticas e estratexias que colaboren na erradicación ou redución desta problemática. 

 

 

Noticias relacionadas

Profesionais con perda auditiva 18 Xan

Profesionais con perda auditiva

18/01/2023 Social
A discapacidade auditiva pode presentar desafíos significativos no ámbito laboral. Sen embargo, coas ferramentas e os recursos axeitados, as persoas con discapacidade auditiva poden ter éxito nunha variedade de carreiras. Emprego para persoas con discapacidade auditiva Ter limitadas certas
Como se relacionan as depresións ca perda auditiva? 16 Ago

Como se relacionan as depresións ca perda auditiva?

16/08/2021 Social
Comunicarse cos demais e co entorno é unha das necesidades básicas do ser humano. Pensa nesas ocasións puntuais nas que non es capaz de comunicarte por non compartir idioma, por existir un ruído de fondo extremadamente alto ou por moitos outros motivos. É frustrante, verdade? Pois imaxínate que
O emprego de audífonos fai que melloren as nosas relacións sociais 5 Xul

O emprego de audífonos fai que melloren as nosas relacións sociais

05/07/2021 Social
O oído é un dos sentidos máis importantes do ser humano, aínda que non sempre lle prestemos a atención que merece. Non temos tan normalizadas ás visitas periódicas ós especialistas auditivos como si que as podemos ter ó/á dentista, por exemplo. Sen embargo, o seu coidado e revisión deberían ser
A saúde auditiva e o rendemento no traballo 28 Xuñ

A saúde auditiva e o rendemento no traballo

28/06/2021 Social
Á hora de relacionar a saúde auditiva co rendemento no noso posto de traballo son dúas as cuestións que teremos que abordar. Por unha banda o baixo rendemento asociado a unha doenza auditiva sen tratar e, por outro, aqueles danos que está sufrindo a nosa audición ó expoñela a ruídos continuados en

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.

  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • pel
  • pel
  • Programa das persoas autónomas