O emprego de audífonos fai que melloren as nosas relacións sociais

Publicado: 05 de xullo de 2021, 20:40
  1. Social
O emprego de audífonos fai que melloren as nosas relacións sociais

O oído é un dos sentidos máis importantes do ser humano, aínda que non sempre lle prestemos a atención que merece. Non temos tan normalizadas ás visitas periódicas ós especialistas auditivos como si que as podemos ter ó/á dentista, por exemplo. Sen embargo, o seu coidado e revisión deberían ser hábitos imprescindibles, e é que a audición inflúe directamente nunha das capacidades máis importantes do ser humano: a comunicación. E non prestarlle atención fará que esta tamén se vexa prexudicada e que interfira na nosa forma de relacionarnos cos demais. 

Entre as consecuencias máis habituais ó padecer perdas auditivas, aínda que sexan pequenas, atopamos elevar a nosa voz (porque non nos escoitamos nin a nós mesmos), ter dificultades para manter conversas grupais ou telefónicas e experimentar un cambio bastante notable no noso carácter: volvémonos irascibles, temos menos paciencia, encerrámonos en nós mesmos e volvémonos máis antipáticos. Ademais de outro tipo de consecuencias relacionadas con patoloxías como a depresión e o illamento. 

E isto pode afectarlle en maior ou menos medida ás nosas relacións sociais, incluíndo aquí tanto as relacións con amigos, como con familiares ou incluso ca nosa parella. 

Que beneficios nos vai a aportar o emprego de audífonos?

  1. Mellora das nosas relacións sociais: ó escoitar de forma clara as conversas vólvense máis fluídas e máis enriquecedoras.
  2. Aumenta a autoestima: cando non se escoita ben é moi habitual sentirse frustrado/a dadas as limitacións. Sen embargo, poder participar en calquera actividade resulta moi gratificante para o noso cerebro.
  3. Axuda a sentirnos máis seguros e independentes: se non escoitamos ben precisamos seguido doutras persoas e isto vainos facendo cada vez máis inseguros.
  4. Anímate a establecer novas relacións porque agora non hai temor de ningún tipo: nin ó rexeitamento, nin á incapacidade de comunicación...
  5. Diminúe o nivel de esgotamento: agora xa non temos que dedicar tanto esforzo físico e mental a tratar de comunicarnos.
  6. En definitiva, mellora algo do máis valioso que temos: a calidade de vida. 

Noticias relacionadas

Profesionais con perda auditiva 18 Xan

Profesionais con perda auditiva

18/01/2023 Social
A discapacidade auditiva pode presentar desafíos significativos no ámbito laboral. Sen embargo, coas ferramentas e os recursos axeitados, as persoas con discapacidade auditiva poden ter éxito nunha variedade de carreiras. Emprego para persoas con discapacidade auditiva Ter limitadas certas
Como se relacionan as depresións ca perda auditiva? 16 Ago

Como se relacionan as depresións ca perda auditiva?

16/08/2021 Social
Comunicarse cos demais e co entorno é unha das necesidades básicas do ser humano. Pensa nesas ocasións puntuais nas que non es capaz de comunicarte por non compartir idioma, por existir un ruído de fondo extremadamente alto ou por moitos outros motivos. É frustrante, verdade? Pois imaxínate que
A saúde auditiva e o rendemento no traballo 28 Xuñ

A saúde auditiva e o rendemento no traballo

28/06/2021 Social
Á hora de relacionar a saúde auditiva co rendemento no noso posto de traballo son dúas as cuestións que teremos que abordar. Por unha banda o baixo rendemento asociado a unha doenza auditiva sen tratar e, por outro, aqueles danos que está sufrindo a nosa audición ó expoñela a ruídos continuados en
Cine e xordeira: que películas non te podes perder 29 Abr

Cine e xordeira: que películas non te podes perder

29/04/2021 Social
O cine é unha ventá ó mundo para moitas e diversas temáticas. Un escenario con moito poder para dar a coñecer ou informar ó gran público sobre temas que igual non contan aínda con moita presenza, ou non ca que deberían. E a xordeira e os problemas de comunicación son un deles. Porén, ó longo da

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.