Consellos para os primeiros días con audífonos

Publicado: 12 de xaneiro de 2021, 12:30
  1. Recomendacións
Consellos para os primeiros días con audífonos

Cando as persoas con necesidades auditivas comezan a empregar audífonos soen precisar dun período de adaptación para acostumarse. Isto é lóxico dado que dun momento para outro o corpo comeza a percibir sons e volumes que ata o momento non era capaz de identificar. Ademais, moita xente deixa pasar demasiado tempo ata que se decide a empregar algún destes aparellos, polo que o cambio para os oídos ó empregar os audífonos pode resultar abafador. 

Unha das consecuencias máis habituais cando se comeza a empregar audífonos é notar un excesivo esgotamento. Os oídos non estaban habituados a recoller certos sons pero o cerebro tampouco o estaba a identificalos e procesalos. Isto precisa dun gasto enerxético maior ó principio, o que produce fatiga; pero cando pasan uns días a situación xa se estabiliza. Unha vez realizado este período de transición, a calidade de vida aumenta de forma significativa.

Recomendacións para os primeiros días de uso:

  1. É moi importante empregalos de maneira continuada. Non é recomendable poñelos e quitalos continuamente. O ideal é pasar o maior tempo posible con eles. Recoméndase comezar en ambientes relaxados sen excesivo ruído. En caso de que sexa molesto aguantar moito tempo con eles postos, faranse pequenas pausas de 30 minutos. 
  2. Hai que comezar a empregalos de maneira progresiva e canto ó volume, é dicir, comezar cun volume relativamente baixo e ir subíndoo conforme se vaian adaptando os oídos. Unha boa maneira é practicar na casa cos volumes, isto é, escoitar determinados programas de tv ou de radio a diferentes niveis de volume e ir comprobando se nos sentimos ou non cómodos. 
  3. Facer lecturas en voz alta. Os oídos e o cerebro non só se teñen que acostumar ós sons externos, senón que tamén o teñen que facer á propia voz. Moitas persoas con problemas de audición soen levantar a voz para falar porque senón pensan que non se lles escoita. Por iso é recomendable realizar varias lecturas ó día para axustar o volume de dicción. 
  4. Dende o día 1 hai que acostumarse á rutina de limpeza dos audífonos. Isto é moi importante para garantir un bo funcionamento dos mesmos e para aumentar a súa vida útil. Para saber cal é o mellor método de limpeza é recomendable consultalo co especialista no cal se adquiriran os aparellos. 
  5. Visitas ó audiólogo/a de maneira frecuente para que realice os cambios e adaptacións pertinentes nos audífonos e ir perfeccionando así cada vez máis o axuste.  

Se xa pasou un tempo considerable e puxeches en práctica estas recomendacións pero aínda así non consegues habituarte ó emprego dos audífonos, deberías acudir con urxencia onde un especialista que che poida axudar dalgunha outra maneira. Ou que mesmo che poida dar referencias doutros casos similares para aprender das súas testemuños. 

 

 

Noticias relacionadas

Como mellorar a audición: Guía definitiva de saúde auditiva e solucións modernas 1 Abr

Como mellorar a audición: Guía definitiva de saúde auditiva e solucións modernas

01/04/2026 Recomendacións
Sentes que o mundo soa "con néboa"? Cústache seguir o fío nas ceas familiares ou semellas estar sempre pedindo que te repitan as cousas? Se buscaches como mellorar a audición, probablemente te atopes con solucións máxicas ou remedios caseiros que non sempre funcionan. En OE+ Centros Auditivos,
¿Que tipo de audífono é mellor para o oído? 2 Feb

¿Que tipo de audífono é mellor para o oído?

02/02/2026 Recomendacións
Seleccionar o audífono adecuado é unha decisión clave para mellorar a comprensión da fala, a calidade da audición e, en xeral, o benestar diario. Non todos os audífonos serven para todos os tipos de perda auditiva nin para todos os perfís de usuario. Por iso, é importante coñecer como funcionan,
Cal é a mellor idade para revisar a audición? 1 Xan

Cal é a mellor idade para revisar a audición?

01/01/2026 Recomendacións
A audición é un dos sentidos máis importantes para a comunicación e o desenvolvemento social, emocional e cognitivo. Con todo, a perda auditiva adoita evolucionar de forma silenciosa e progresiva, polo que moitas persoas non se decatan ata que xa avanzou. Realizar revisións auditivas periódicas é
Como elixir o audífono adecuado en OE+ Centros Auditivos 24 Feb

Como elixir o audífono adecuado en OE+ Centros Auditivos

24/02/2025 Recomendacións
Elixir o audífono adecuado é unha decisión clave para recuperar a túa audición e mellorar a túa calidade de vida. En OE+ Centros Auditivos, con sedes en Lalín, Cee e Ordes, ofrecemos asesoramento profesional e solucións personalizadas para cubrir as necesidades de cada paciente. Neste artigo,
  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • pel
  • Programa das persoas autónomas
  • Cartel