Profesionais con perda auditiva

Publicado: 18 de xaneiro de 2023, 09:53
  1. Social
Profesionais con perda auditiva

A discapacidade auditiva pode presentar desafíos significativos no ámbito laboral. Sen embargo, coas ferramentas e os recursos axeitados, as persoas con discapacidade auditiva poden ter éxito nunha variedade de carreiras.


Emprego para persoas con discapacidade auditiva


Ter limitadas certas capacidades non implica carecer das habilidades necesarias para determinados empregos ou postos de traballo. As persoas que padecen estes problemas teñen unha preocupación maioritaria que é a da comunicación. Isto, pódese abordar  empregando dispositivos de amplificación do son, sistema de lectura de beizos e comunicación por escrito.


Persoas que coñeces con problemas de audición


Sufrir un problema auditivo non é razón para sentirse discriminado, nin isto pode supoñer unha barreira para o desenvolvemento e crecemento tanto a nivel persoal como profesional. E se as chegase a haber, hai que derrubalas. Se estás lendo isto, non te desanimes e sigue loitando polo que buscas, tal e como fixeron:

  • Carme Chaparro, xornalista e escritora, que sofre Síndrome de Ménière, o que lle provoca un asubío constante no oído.
  • Luís Miguel, cantante mexicano que padece de acúfenos.
  • Jodie Foster, actriz que non atendeu a tempo os seus problemas auditivos e agora é usuaria de audífonos.
  • Santiago Segura, actor e director, sufriu unha xordeira súbita que ao pouco tempo remitiu pero comezou a padecer acúfenos ou tinnitus.
  • Bill Clinton, o expresidente dos Estados Unidos ten unha deficiencia auditiva de alta frecuencia polo que non escoita ben en ambientes ruidosos e ten que empregar audífonos.


A lingua de signos 


As persoas signantes teñen maiores índices de atención, discriminación visual e memoria visual a corto e longo prazo en relación as persoas oíntes. 
Estas capacidades superiores poderían representar un nicho de traballo para as persoas con problemas auditivos, por exemplo, nos corpos de policía, aínda que pode ser extensible aos ámbitos sanitarios ou educativos. O estudo que se lles fixo para chegar a esta conclusión pódese ler aquí


O papel das empresas


Nestes casos é importante que as empresas proporcionen adestramentos e recursos para os seus empregados con discapacidade auditiva, do mesmo modo que velar por políticas e prácticas inclusivas para garantir que teñan as mesmas oportunidades de emprego e promoción que os seus compañeiros sen discapacidade.
Se tes unha perda auditiva e queres revisar o teu oído, chama ao 981 747 921 (Cee), 981 973 137 (Ordes) 986 181 267 (Lalín) e atenderémoste.

Noticias relacionadas

Como se relacionan as depresións ca perda auditiva? 16 Ago

Como se relacionan as depresións ca perda auditiva?

16/08/2021 Social
Comunicarse cos demais e co entorno é unha das necesidades básicas do ser humano. Pensa nesas ocasións puntuais nas que non es capaz de comunicarte por non compartir idioma, por existir un ruído de fondo extremadamente alto ou por moitos outros motivos. É frustrante, verdade? Pois imaxínate que
O emprego de audífonos fai que melloren as nosas relacións sociais 5 Xul

O emprego de audífonos fai que melloren as nosas relacións sociais

05/07/2021 Social
O oído é un dos sentidos máis importantes do ser humano, aínda que non sempre lle prestemos a atención que merece. Non temos tan normalizadas ás visitas periódicas ós especialistas auditivos como si que as podemos ter ó/á dentista, por exemplo. Sen embargo, o seu coidado e revisión deberían ser
A saúde auditiva e o rendemento no traballo 28 Xuñ

A saúde auditiva e o rendemento no traballo

28/06/2021 Social
Á hora de relacionar a saúde auditiva co rendemento no noso posto de traballo son dúas as cuestións que teremos que abordar. Por unha banda o baixo rendemento asociado a unha doenza auditiva sen tratar e, por outro, aqueles danos que está sufrindo a nosa audición ó expoñela a ruídos continuados en
Cine e xordeira: que películas non te podes perder 29 Abr

Cine e xordeira: que películas non te podes perder

29/04/2021 Social
O cine é unha ventá ó mundo para moitas e diversas temáticas. Un escenario con moito poder para dar a coñecer ou informar ó gran público sobre temas que igual non contan aínda con moita presenza, ou non ca que deberían. E a xordeira e os problemas de comunicación son un deles. Porén, ó longo da

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.

  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • pel
  • pel
  • Programa das persoas autónomas