A saúde auditiva e o rendemento no traballo

Publicado: 28 de xuño de 2021, 20:28
  1. Social
A saúde auditiva e o rendemento no traballo

Á hora de relacionar a saúde auditiva co rendemento no noso posto de traballo son dúas as cuestións que teremos que abordar. Por unha banda o baixo rendemento asociado a unha doenza auditiva sen tratar e, por outro, aqueles danos que está sufrindo a nosa audición ó expoñela a ruídos continuados en determinados traballos. 

Non empregar audífonos no caso de necesitalos reduce o rendemento laboral

Sobre isto fala un importante estudo da revista Frontiers in Psychology, onde se asegura que o emprego de audífonos nos primeiros anos de perda auditiva asociada á idade, incluso cando esta é moi leve, pode mellorar significativamente o rendemento no traballo. 

Para o estudo traballouse con persoas adultas de entre 50 e 60 anos que nunca antes empregaran estes aparellos. Antes de comezar co estudo, estas persoas foron sometidas a diferentes probas cognitivas relacionadas ca memoria, ca atención, ca retención selectiva e cas habilidades de velocidade para procesar e falar. Logo de varias semanas empregando audífonos foron sometidos/as de novo a estas probas e os resultados melloraron en cada unha das probas. 

Os audífonos colaboran mellorando a función cerebral, a capacidade de falar e a memoria, facendo así que o rendemento no traballo se incremente. De novo, os investigadores deste estudo conclúen que as persoas que teñen problemas de audición e acoden ó seu posto de traballo sen ningún tipo de aparello auditivo, é moi probable que non estean realizando o seu traballo de forma eficiente. Ademais, estarán invertendo boa parte do seu potencial cognitivo e intelectual en tratar de descifrar o que lles din, no lugar de aplicalo nas tarefas laborais.

Esta redución do rendemento e o malestar xeral por non ser capaces de escoitar ben acabarán derivando en graves consecuencias emocionais e sociais, así como diminuír a calidade de vida. 

Un mal acondicionamento acústico pode reducir o rendemento laboral

Os nosos hábitos e o espazo no que desenvolvemos o noso traballo poden afectarlle de forma clara á nosa calidade auditiva, afectándolle á súa vez ó noso rendemento no traballo. Entre as causas máis habituais están as seguintes:

  • As oficinas ou os espazos de traballo están mal deseñados e construídos con materiais que non illan o son, podendo provocar así un baixo rendemento laboral debido á perda de concentración, estrés, mal humor e irritación por ruídos, vibracións de alarmas, pantallas, teléfonos, instalación de aire acondicionado…
  • Emprego de cascos e música ambiente. Neste caso, un emprego moderado pode non resultar prexudicial; pero si que pode provocar desvíos da atención.
  • Ruídos do exterior e ruídos ambiente: o son das rúas, dos vehículos, as vibracións acústicas de máquinas ou sistemas de ventilacións interrompen as actividades que requiren concentración, as lecturas e os procesos mentais.
  • Os sectores profesionais que máis se ven afectados por estes condicionantes son as áreas relacionadas ca creatividade, cas finanzas, co xurídico, co deseño ou ca contabilidade.

Noticias relacionadas

Profesionais con perda auditiva 18 Xan

Profesionais con perda auditiva

18/01/2023 Social
A discapacidade auditiva pode presentar desafíos significativos no ámbito laboral. Sen embargo, coas ferramentas e os recursos axeitados, as persoas con discapacidade auditiva poden ter éxito nunha variedade de carreiras. Emprego para persoas con discapacidade auditiva Ter limitadas certas
Como se relacionan as depresións ca perda auditiva? 16 Ago

Como se relacionan as depresións ca perda auditiva?

16/08/2021 Social
Comunicarse cos demais e co entorno é unha das necesidades básicas do ser humano. Pensa nesas ocasións puntuais nas que non es capaz de comunicarte por non compartir idioma, por existir un ruído de fondo extremadamente alto ou por moitos outros motivos. É frustrante, verdade? Pois imaxínate que
O emprego de audífonos fai que melloren as nosas relacións sociais 5 Xul

O emprego de audífonos fai que melloren as nosas relacións sociais

05/07/2021 Social
O oído é un dos sentidos máis importantes do ser humano, aínda que non sempre lle prestemos a atención que merece. Non temos tan normalizadas ás visitas periódicas ós especialistas auditivos como si que as podemos ter ó/á dentista, por exemplo. Sen embargo, o seu coidado e revisión deberían ser
Cine e xordeira: que películas non te podes perder 29 Abr

Cine e xordeira: que películas non te podes perder

29/04/2021 Social
O cine é unha ventá ó mundo para moitas e diversas temáticas. Un escenario con moito poder para dar a coñecer ou informar ó gran público sobre temas que igual non contan aínda con moita presenza, ou non ca que deberían. E a xordeira e os problemas de comunicación son un deles. Porén, ó longo da

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.