Como o estrés e a ansiedade lle poden afectar á audición

Publicado: 01 de xuño de 2021, 19:56
  1. Saúde
Como o estrés e a ansiedade lle poden afectar á audición

Vivimos nunha era dominada, entre outras cousas, polo estrés. Esixímonos cada vez máis e o noso corpo non o pasa por alto. O s ritmos de vida frenéticos, a dificultade de acadar unha estabilidade laboral ou moitos outros motivos poden sobrecargar de maneira perigosa a nosa mente. 

Cando unha persoa atravesa unha época de estrés ou ansiedade adoita sufrir problemáticas como a incapacidade de conciliar o sono, unha redución do rendemento laboral e pode afectarlle ó carácter e tamén ás relacións persoais con amigos e familiares. Por outra banda, esta doenza ten tamén consecuencias a nivel fisiolóxico como os ataques de ansiedade, dores de cabeza, migrañas, presión arterial alta, diabetes, problemas gastrointestinais e tamén, perda auditiva. 

Como se relaciona o estrés ca perda auditiva?

Cando padecemos estrés, o noso sistema circulatorio vese afectado. A produción excesiva de adrenalina como resposta ó estrés ou ansiedade reduce o fluxo sanguíneo que se dirixe ós oídos, afectándolle así negativamente á nosa audición. Ó non contar cun fluxo sanguíneo constante, as células do oído poden verse danadas ou destruídas, podendo isto provocar unha perda de audición inmediata se dito fluxo se detén por completo. 

Pero ademais, existe outra razón pola cal os nosos oídos se poden ver afectados se nos vemos sometidos a longos períodos de estrés. Esta patoloxía activa os músculos da mastigación e produce a sensación de ter os oídos taponados. Isto soe deberse ó feito de apertar os dentes mentres se dorme cando estamos sometidos a fortes tensións, o que xerará á súa vez tensión nos oídos afectándolle ó correcto funcionamento das súas estruturas internas.  

O tinnitus é unha das molestias máis habituais

O tinnitus ou os acúfenos son unha das doenzas auditivas máis habituais asociadas ó estrés. Quen os padece experimenta a escoita de ruídos semellantes ós zumbidos pero sen existir ningunha fonte sonora que os produza. Resulta realmente molesto e poden ser un primeiro aviso de futuros problemas relacionados ca perda de audición. Moitos poden chegar a padecer Síndrome de Ménière e derivar en problemáticas relacionadas ca vertixe

Nun estudo realizado por S. Herbert, atopouse que aproximadamente o 53% das persoas con tinnutus afirmaron que comezaron a experimentalo en momentos estresantes das súas vidas ou que empeoraron notablemente cando atravesaron momentos con altos picos de ansiedade. 

Isto pódese volver moi complexo de erradicar porque precisamente o feito de padecer acúfenos fai que a nosa sensación de ansiedade aumente, converténdose así nun círculo vicioso. 

 

Noticias relacionadas

Enfermidade de Ménière: que é, síntomas e como actuar ante unha crise 3 Ago

Enfermidade de Ménière: que é, síntomas e como actuar ante unha crise

03/08/2026 Saúde
Sentir que o mundo ao teu redor xira de golpe, perder o equilibrio en segundos o notar un zumbido constante no oído que non te deixa descansar. Se chegaches ata aquí buscando respostas, probablemente ti ou alguén da túa contorna saibades o angustioso que resulta convivir coa incerteza da
A guía definitiva de tapóns para os oídos: Protexe a túa audición con tapóns a medida sen perder nada da contorna 1 Xul

A guía definitiva de tapóns para os oídos: Protexe a túa audición con tapóns a medida sen perder nada da contorna

01/07/2026 Saúde
Se es amante dos deportes acuáticos ou se tes nenos, este post é para ti! Galicia é terra de salitre, olas perfectas e moito deporte de auga... Quen vivimos aquí e practicamos deporte sabemos que nadar en augas abertas, facer piragüismo ou gozar dunha boa sesión de surf na Costa da Morte son
Como previr o Oído de Surfista e a Otite: Guía de Protección para Surf e outros Deportes de Auga 1 Xuñ

Como previr o Oído de Surfista e a Otite: Guía de Protección para Surf e outros Deportes de Auga

01/06/2026 Saúde
Moitos surfistas e nadadores nas nosas costas fanse a mesma pregunta: “É realmente necesario usar tapóns?”. A resposta non é unha opinión, é pura fisioloxía. O corpo, ante a entrada constante de auga fría e o vento xélido (típico de sesións en Razo, Pantín, Doniños ou Nemiña), activa un mecanismo
Prezo de audífonos en Galicia: Guía completa de custos e servizos en OE+ 23 Feb

Prezo de audífonos en Galicia: Guía completa de custos e servizos en OE+

23/02/2026 Saúde
Prezo de audífonos en Galicia: Guía completa de custos e servizos en OE+ Se estás buscando información clara sobre o prezo dun audífono en Galicia, en OE+ apostamos pola transparencia total. Sabemos que a saúde auditiva é unha prioridade e, tras máis de 20 anos de experiencia no sector, queremos
  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • Cartel