Sabes que si dormes pouco podes sufrir perdas de audición?

Publicado: 18 de xaneiro de 2021, 10:00
  1. Saúde
Sabes que si dormes pouco podes sufrir perdas de audición?

Moitas persoas conviven cunha problemática que afecta de cheo á súa calidade de vida: non lograr conciliar o sono ou durmir de maneira interrompida. A calor, o estrés ou directamente padecer trastornos de insomnio fan que algunhas persoas lle teman ó momento de ir para cama porque saben que moi probablemente non serán capaces de quedarse durmidas. Isto aféctalle directamente á saúde provocando irritabilidade, ansiedade, estrés, hipertensión e esgotamento. Pero non só iso, tamén incide na nosa saúde auditiva como consecuencia da fatiga mental xeral. 

Entrando en patoloxías máis concretas, diversos estudos descubriron que un dos trastornos do sono que máis lle afecta á calidade da nosa audición é a apnea do sono. As persoas que a padecen emiten unha ou varias pausas na respiración mentres dormen, o que desemboca en problemas de diabetes ou enfermidades cardiovasculares. Pero aquí tamén se estableceu un vínculo moi directo que relaciona estes problemas de circulación sanguínea con danos na audición. Unha diminución no fluxo sanguíneo implica unha redución dos nutrientes que chegan ó oído e isto pode derivar no deterioro ou destrución das células ciliadas auditivas. 

Pero no sentido contrario tamén existe unha relación entre os trastornos auditivos e a capacidade de conciliar o sono, é dicir, existen patoloxías auditivas previas que desembocan nunha incapacidade para conseguir durmir de forma pracenteira. Os acúfenos, por exemplo, son unha das problemáticas que impiden a conciliación do sono. E non é de estrañar, dado que si os padecemos significa que temos expostos os nosos oídos a continuos pitidos e zumbidos que alteran a nosa calidade de vida en infinidade de aspectos. 

Existen na actualidade marcas de aparellos auditivos que están traballando en solucións para as persoas con problemas de sono relacionados ca audición. Fálase por exemplo de almofadas con son, isto é, unha almofada con altofalantes estéreo integrados no seu interior para escoitar un son agradable mentres durmimos e deixar de lado os irritables zumbidos provocados polo tinnitus. Outra versión deste sistema é un altofalante de reducido tamaño que poderemos colocar debaixo da nosa almofada e que cumpre exactamente a mesma función. 

Noticias relacionadas

A guía definitiva de tapóns para os oídos: Protexe a túa audición con tapóns a medida sen perder nada da contorna 1 Xul

A guía definitiva de tapóns para os oídos: Protexe a túa audición con tapóns a medida sen perder nada da contorna

01/07/2026 Saúde
Se es amante dos deportes acuáticos ou se tes nenos, este post é para ti! Galicia é terra de salitre, olas perfectas e moito deporte de auga... Quen vivimos aquí e practicamos deporte sabemos que nadar en augas abertas, facer piragüismo ou gozar dunha boa sesión de surf na Costa da Morte son
Como previr o Oído de Surfista e a Otite: Guía de Protección para Surf e outros Deportes de Auga 1 Xuñ

Como previr o Oído de Surfista e a Otite: Guía de Protección para Surf e outros Deportes de Auga

01/06/2026 Saúde
Moitos surfistas e nadadores nas nosas costas fanse a mesma pregunta: “É realmente necesario usar tapóns?”. A resposta non é unha opinión, é pura fisioloxía. O corpo, ante a entrada constante de auga fría e o vento xélido (típico de sesións en Razo, Pantín, Doniños ou Nemiña), activa un mecanismo
Prezo de audífonos en Galicia: Guía completa de custos e servizos en OE+ 23 Feb

Prezo de audífonos en Galicia: Guía completa de custos e servizos en OE+

23/02/2026 Saúde
Prezo de audífonos en Galicia: Guía completa de custos e servizos en OE+ Se estás buscando información clara sobre o prezo dun audífono en Galicia, en OE+ apostamos pola transparencia total. Sabemos que a saúde auditiva é unha prioridade e, tras máis de 20 anos de experiencia no sector, queremos
A Importancia de Coidar a Túa Audición: Situación Actual e Solucións Expertas 21 Mar

A Importancia de Coidar a Túa Audición: Situación Actual e Solucións Expertas

21/03/2025 Saúde
A saúde auditiva é un aspecto fundamental do noso benestar, pero a miúdo pasa desapercibido ata que xorden problemas. A nivel mundial, a perda de audición é unha das condicións máis comúns, afectando a máis de 1.500 millóns de persoas, segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS). Estímase que
  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • Cartel