Exercicios para combater a vertixe

Publicado: 18 de febreiro de 2021, 11:00
  1. Recomendacións
Exercicios para combater a vertixe

Xa temos falado noutras entradas do blog sobre a vertixe. É unha molestia moi común que chega a padecer unha de cada tres persoas polo menos unha vez na vida. Hai varios tipos de vertixe pero a máis habitual é a coñecida como Vertixe Postural Paroxística Benigna. Se padeces esta doenza terás a sensación de que todo o que está ó teu arredor non para de dar voltas. Pódese dar, en ocasións, cando se coloca a cabeza nunha posición determinada. 

A Vertixe Postural Paroxística ten unha presenza moito maior entre as persoas de máis de 50 anos. Entre os síntomas máis frecuentes atopamos, ademais da sensación de que todo xira, a sensación de perda de equilibrio e o que isto pode derivar: náuseas e vómitos. 

A vertixe non ten factores de risco importantes pero a posibilidade de padecelo si que se pode incrementar se se dan algunhas das seguintes situacións:

  • Se existen membros na familia que xa o padeceron.
  • Se se tivo algunha infección no oído interno como a laberintite.
  • Se se sufriu un traumatismo cranial previo (chegaría con un pequeno golpe na cabeza). 

En canto ó tratamento, na maioría das ocasións os episodios de vertixe soen desaparecer de forma espontánea uns días ou incluso unhas semanas despois da súa aparición. Aínda así, para combatelo mellor e levar de forma menos molesta eses días recoméndanse os seguintes exercicios, todos eles relacionados co movemento da cabeza e ca adopción de certas posicións:

  1. Manobra de Epley: é moi importante saber que este tipo de exercicios teñen que ser realizados por un médico ou un especialista. Este, mentres o paciente está sentado, xirará a súa cabeza 45 graos cara o lado do oído afectado, para logo recostalo e poñelo en posición horizontal. Posteriormente xirará o colo cara o oído non afectado e o paciente colocarase de lado, aliñado ca cabeza. Unha vez realizada esta manobra, o paciente ten que permanecer erecto ou semierecto durante 1 ou 2 días e tratar de evitar a extensión do colo. Durante a realización destes exercicios pódense dar episodios puntuais de vertixe que non soen durar máis de un minuto. A manobra de Epley sóese combinar ca de Sermont, na que o especialista move ó suxeito dun lado para o outro partindo dunha posición sentada nunha padiola.
  2. Exercicios de Brandt Daroff: estes exercicios si que se poden realizar na casa. O suxeito sentarase nunha padiola ou sofá e mirará cara un punto fixo. Logo deixarase caer durante medio minuto cara un lado, reincorporarase outro medio minuto e rematará con outros 30” cara o outro lado. Esta serie repetirase 4 ou 5 veces ó día durante dúas semanas.
  3. Manobra de Foster: esta táboa de exercicios tamén se pode realizar na casa sen a necesidade dun especialista. O suxeito comezará axeonllado. Logo inclinará a cabeza cara atrás, ca vista fixa no teito. No seguinte paso inclinarase cara adiante, levando a cabeza cara o chan. Logo, o afectado ou afectada terá que xirar a cabeza e mirar o cóbado do lado do que proveña o mareo, manténdose nesa postura durante medio minuto. Logo levantará a cabeza e deixará o corpo nun ángulo de 45 grados.
  4. Exercicios mentres se camiña: camiñando pódense realizar moitos exercicios cos pes que axudarán a combater mellor os episodios de vertixe.  Hainos moi sinxelos coma o seguinte: dar 4 pasos e parar en seco, agardar 10 segundo e retomar a marcha. Existe unha versión deste mesmo exercicio na que, logo de facer a pausa, o afectado ou afectada retomará a marcha pero en dirección oposta. 

 

Noticias relacionadas

Revisión auditiva completa: en que consiste, que probas se realizan e onde facela en Galicia 1 Nov

Revisión auditiva completa: en que consiste, que probas se realizan e onde facela en Galicia

01/11/2026 Recomendacións
A perda de audición adoita desenvolverse de forma lenta e progresiva, polo que moitas persoas tardan anos en decatarse de que deixaron de percibir certos sons da súa contorna ou de que lles custa seguir conversas en lugares concorridos. Facer unha revisión auditiva periódica é o primeiro paso para
Audífonos para nenos: todo o que debes saber. 1 Mai

Audífonos para nenos: todo o que debes saber.

01/05/2026 Recomendacións
Audífonos para nenos: todo o que debes saber. Por que é importante que os nenos usen audífonos adecuados? A audición é un dos sentidos máis importantes no desenvolvemento infantil. Unha boa capacidade auditiva permite que o neno aprenda a falar correctamente, interactúe co seu entorno e progrese
Como mellorar a audición: Guía definitiva de saúde auditiva e solucións modernas 1 Abr

Como mellorar a audición: Guía definitiva de saúde auditiva e solucións modernas

01/04/2026 Recomendacións
Como mellorar a audición: Guía definitiva de saúde auditiva e solucións modernas Sentes que o mundo soa "con néboa"? Cústache seguir o fío nas ceas familiares ou semellas estar sempre pedindo que te repitan as cousas? Se buscaches como mellorar a audición, probablemente te atopes con solucións
¿Que tipo de audífono é mellor para o oído? 2 Feb

¿Que tipo de audífono é mellor para o oído?

02/02/2026 Recomendacións
Seleccionar o audífono adecuado é unha decisión clave para mellorar a comprensión da fala, a calidade da audición e, en xeral, o benestar diario. Non todos os audífonos serven para todos os tipos de perda auditiva nin para todos os perfís de usuario. Por iso, é importante coñecer como funcionan,
  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • Cartel