Recomendacións - Páxina 6

Consellos para o día a día que poden previr a aparición de problemas auditivos.

Se te dedicas á música tes que protexer os teus oídos 10 Feb

Se te dedicas á música tes que protexer os teus oídos

10/02/2021

As persoas que se dedican á música son cada vez máis conscientes dos riscos que esta profesión lles pode supoñer para a súa saúde auditiva. Aínda así, segue habendo músicas e músicos que non toman as medidas necesarias para coidar os seus oídos.  O 50% dos intérpretes musicais sofre problemas de audición entre os que destacan a perda auditiva, a aparición de acúfenos e a hiperacusia. Pero ademais, os danos por ruído vanse almacenando na cóclea facendo que este déficit auditivo sexa progresivo, ...

Ler máis

Consellos para os primeiros días con audífonos 12 Xan

Consellos para os primeiros días con audífonos

12/01/2021

Cando as persoas con necesidades auditivas comezan a empregar audífonos soen precisar dun período de adaptación para acostumarse. Isto é lóxico dado que dun momento para outro o corpo comeza a percibir sons e volumes que ata o momento non era capaz de identificar. Ademais, moita xente deixa pasar demasiado tempo ata que se decide a empregar algún destes aparellos, polo que o cambio para os oídos ó empregar os audífonos pode resultar abafador.  Unha das consecuencias máis habituais cando se come...

Ler máis

Hábitos para manter unha boa saúde auditiva 10 Dec

Hábitos para manter unha boa saúde auditiva

10/12/2020

Estamos moi pendentes de non coller catarros, febres, de manter unha boa saúde visual e dental, queremos estar en forma para ter unhas mellores capacidades físicas etc. Pero, chagamos a pensar con tanta frecuencia e normalidade en como se atopan os nosos oídos? Coñecemos a importancia dunha boa saúde auditiva e sabemos que consecuencias poderíamos padecer no caso de descoidala? Neste artigo falaremos de como podemos coidar a nosa audición, costumes que deberiamos anotar para traballalas no día a...

Ler máis

Si, o consumo de alcohol tamén lle afecta á audición 4 Dec

Si, o consumo de alcohol tamén lle afecta á audición

04/12/2020

Beber alcohol de forma moderada e en determinadas ocasións é unha costume moi arraigada no noso estilo de vida. Aínda así, a maioría sabemos que un consumo excesivo pode traernos graves consecuencias como a adición ou outras de carácter máis fisiolóxico como dano hepático, presión arterial alta ou aumento de peso. Pero o que moitos non se imaxinan é que un consumo regular e excesivo de alcohol, ó igual que a adición ó tabaco, tamén lle pode afectar á nosa audición de diferentes maneiras, a maior...

Ler máis

Sabes que fumar lle afecta á túa audición? 10 Nov

Sabes que fumar lle afecta á túa audición?

10/11/2020

As persoas fumadoras teñen un 70% máis de probabilidades de padecer trastornos auditivos. Existen diferentes estudios que confirman que a exposición ó fume do tabaco lle afecta ó noso sentido auditivo, agudizándose os danos canto máis tempo nos expoñamos a el e canto maior sexa a súa intensidade. Desta maneira, esta doenza afecta tamén ós fumadores pasivos. Pero, cal é exactamente a relación entre unha cousa e outra? O noso corpo é unha máquina perfecta onde todas as partes que o compoñen están...

Ler máis

Bastonciños: empregados de maneira xeneralizada pero nunca recomendados 28 Out

Bastonciños: empregados de maneira xeneralizada pero nunca recomendados

28/10/2020

O primeiro erro que cometemos é asociar a presenza de cerume ca sucidade ou falta de hixiene. Pero isto non é así. O cerume é unha substancia natural que produce o noso corpo co obxectivo de protexer ó oído. Non podemos tratar de eliminala por completo posto que estariamos deixando os nosos oídos sen protección. Esta cera actúa como un auto-limpador para salvagardar os oídos da sucidade que lle poida chegar do exterior como por exemplo o polvo. Ademais, esta cera tamén xera hidratación ó longo d...

Ler máis

  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • pel
  • Programa das persoas autónomas
  • Cartel