Si, o consumo de alcohol tamén lle afecta á audición

Publicado: 04 de decembro de 2020, 13:00
  1. Recomendacións
Si, o consumo de alcohol tamén lle afecta á audición

Beber alcohol de forma moderada e en determinadas ocasións é unha costume moi arraigada no noso estilo de vida. Aínda así, a maioría sabemos que un consumo excesivo pode traernos graves consecuencias como a adición ou outras de carácter máis fisiolóxico como dano hepático, presión arterial alta ou aumento de peso. Pero o que moitos non se imaxinan é que un consumo regular e excesivo de alcohol, ó igual que a adición ó tabaco, tamén lle pode afectar á nosa audición de diferentes maneiras, a maioría delas neurosensoriais. 

A Universidade de Ulm, de Alemaña, realizou investigacións con bebedores habituais e bebedores sociais e tiraron varias conclusións. A primeira está relacionada ca codia auditiva central, a rexión do noso cerebro encargada de interpretar as sinais do son. Os investigadores descubriron que estaba moito máis danada en aquelas persoas que fan un consumo habitual de alcohol que en aquelas que o consumen de maneira esporádica. O que ocorre é que, tras o dano que implica o consumo de alcohol, esta rexión traballa dunha maneira máis lenta e procesa os datos (os sons) a unha velocidade máis baixa, de aí que nos poidamos perder anacos ou palabras dunha conversa. 

A segunda causa está relacionada cas células ciliadas que contén o noso oído interno e que se atopan somerxidas nun líquido. Cando bebemos moito alcohol, o noso fígado non o pode procesar todo e aquel que non é capaz de asimilar pasa ó torrente sanguíneo e comeza a circular por todo o corpo. Disto derívase un ambiente tóxico para o noso organismo, o que lle afecta tamén ó estado das células ciliadas do oído interno impedindo que estas funcionen con normalidade e chegando a producir incluso episodios de xordeira temporal. Ademais, esta soe afectarlle máis á escoita de frecuencias baixas, é dicir, o extremo inferior da banda de frecuencias que se corresponden cas voces máis masculinas. 

Outra das maneiras nas que o alcohol lle afecta ó noso organismo é provocando alteracións no equilibrio, unha cuestión que, como sabemos, depende en gran medida do sistema auditivo. O líquido presente no oído interno é o encargado de facernos manter o equilibrio. Este líquido ten un volume, unha composición e un comportamento constante, o que se ve alterado pola presenza de alcohol cando este comeza a formar parte do torrente sanguíneo do organismo. É aquí onde experimentamos mareos e sensacións de perda do equilibrio. Relacionada tamén ca concentración deste líquido do oído interno está a deshidratación que nos provoca o consumo de bebidas alcohólicas. Isto tamén lle afecta o oído interno intensificando os episodios de mareos.

Por último  comentaremos a relación do alcohol ca aparición do tinnitus, é dicir, zumbidos constantes nos nosos oídos. Cando bebemos alcohol, os nosos vasos sanguíneos están sobreexcitados, o que provoca un ensanchamento dos mesmos. Isto fai que a cantidade de sangue que os nervios auditivos levan o noso cerebro sexa maior, o que derivará na aparición destes ruídos constantes e repetitivos. 

Logo de explicar as maneiras nas que o consumo desta sustancia lle pode afectar ós nosos oídos, recalcaremos que a maioría delas sempre son temporais e duran o tempo que dure o efecto do alcohol no noso corpo. Pero temos que ter coidado e ser conscientes de que, se o consumo se realiza dunha maneira regular e en grandes cantidades, estas anomalías auditivas poden deixar de ser temporais e converterse en permanentes. 

Noticias relacionadas

En inverno hai que abrigarse os oídos 17 Xan

En inverno hai que abrigarse os oídos

17/01/2023 Recomendacións
Durante esta época do ano o corpo humano perde calor con maior facilidade a través das extremidades, como poden ser as orellas. O aire frío e seco pode deshidratar a pel e o tecido interno do oído, o que pode causar dor, inflamación e nalgúns casos infeccións. Como inflúe o frío? O noso corpo
Desfruta do Nadal cos 5 sentidos 15 Dec

Desfruta do Nadal cos 5 sentidos

15/12/2022 Recomendacións
Chegan as festas do Nadal e con elas, as reunións de familia, amigos e compañeiros de traballo. Son momentos para pasalos conversando e rindo, o que require interacción co grupo. Se sofres perda de audición, pode que teñas inseguridade á hora de establecer unha conversa, pero para evitar a
Como inflúe a hipoacusia no deterioro cognitivo? 10 Nov

Como inflúe a hipoacusia no deterioro cognitivo?

10/11/2022 Recomendacións
A hipoacusia está directamente ligada ao envellecemento mediante o desgaste e a perda de audición asociada á idade, pero esta non é o único factor de risco para desenvolver demencia. Ao redor do 35% dos casos pódense atribuír a doce factores de risco que son potencialmente modificables ou
3 usos dos tapóns individualizados 25 Out

3 usos dos tapóns individualizados

25/10/2022 Recomendacións
O uso de tapóns para evitar un dano producido polo ruído ambiental, ben sexa nun entorno laboral ou ben nunha situación de ocio, están á orde do día. Mais a pesar diso, o uso destes elementos tan coñecidos pasa desapercibido noutras actividades nas que o beneficio que ofrecen pode cambiarnos,

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.