23 Xuñ Diferenzas entre xordeira prelocutiva e postlocutiva 23/06/2021 No momento no que aparecen problemas auditivos, as relacións cos demais e co entorno empezan a mudar e a facerse máis complexas. Hai varias formas de clasificar os problemas auditivos, unha delas é en función de se aparecen antes ou despois de adquirir a linguaxe. Neste caso falariamos respectivamente de xordeira prelocutiva e xordeira postlocutiva. Xordeira prelocutiva: causas e tratamento A xordeira prelocutiva é aquela que se presenta antes de o neno ou nena comece a falar. Pode desenvolve... Ler máis
1 Xuñ Como o estrés e a ansiedade lle poden afectar á audición 01/06/2021 Vivimos nunha era dominada, entre outras cousas, polo estrés. Esixímonos cada vez máis e o noso corpo non o pasa por alto. O s ritmos de vida frenéticos, a dificultade de acadar unha estabilidade laboral ou moitos outros motivos poden sobrecargar de maneira perigosa a nosa mente. Cando unha persoa atravesa unha época de estrés ou ansiedade adoita sufrir problemáticas como a incapacidade de conciliar o sono, unha redución do rendemento laboral e pode afectarlle ó carácter e tamén ás relacións p... Ler máis
21 Abr Sabes que é a fonofobia? 21/04/2021 Unha fobia correspóndese cun medo desproporcionado ante un determinado estímulo. Aerofobia significa por exemplo medo a voar, ou claustrofobia medo ós espazos pechados. Pois hoxe traemos unha nova fobia, a fonofobia. Como vos estaredes imaxinando, si, é un medo irracional ante determinados sons. Este non é realmente un trastorno auditivo, senón que se relaciona con problemas de ansiedade. Causas que poden provocar fonofobia A causa principal que pode provocar ataques de ansiedade en quen pade... Ler máis
25 Mar Como lle afecta a chegada da primavera á túa audición? 25/03/2021 Ca chegada da primavera e o cambio das temperaturas, a todos nos apetece pasar máis tempo fóra da casa e realizar actividades ó aire libre. Porén, moitas outras persoas relacionan tamén esta etapa do ano con outro asunto menos afable: as alerxias. As alerxias veñen sendo reaccións do organismo a axentes externos que este considera daniños. A máis habitual é a alerxia ó pole procedente de arbustos e árbores. Cada vez é máis habitual observar as rúas tinguidas de amarelo e masas de aire cargadas d... Ler máis
17 Mar Consecuencias dunha perda auditiva sen tratar 17/03/2021 Non tratar unha perda auditiva desemboca nun maior esforzo por parte do noso cerebro por tratar de descifrar a información que nos chega a través desa vía. Por iso é tan importante tratar calquera anomalía auditiva, posto que senón rematará por interferir no comportamento normal doutras funcións corporais cando o noso cerebro se vexa na obriga de ceder máis enerxía a esta tarefa, en detrimento doutras funcións tamén elementais para o bo funcionamento do noso organismo. Non empregar audífonos ... Ler máis
11 Mar Síndrome tensional e acúfenos 11/03/2021 O síndrome tensional é un tipo de contractura muscular moi común en persoas que pasan moito tempo fronte a un ordenador ou unha pantalla en posicións ríxidas e invariables. Pero existen outras causas que poden provocar esta molestia como por exemplo a calidade do sono ou a forma de durmir. O tipo de postura, o colchón, a almofada ou os malos hábitos como desordes horarios poden causar graves molestias musculares. Finalmente, tamén existen outras causas de tipo máis emocional: depresión, ansiedad... Ler máis