Saúde - Páxina 3

Información básica que che axudará a saber que facer se tes problemas de audición.

Falsos mitos sobre o tinnitus 20 Set

Falsos mitos sobre o tinnitus

20/09/2021

O tinnutis, tamén coñecido como acúfenos, é unha das doenzas auditivas máis habituais. Segundo a Asociación Americana de Tinnitus, esta molestia aféctalle ó 15% da poboación. Aínda así, moitas destas persoas non son conscientes de que están a padecer esta problemática pois asocian os seus síntomas a episodios de cansazo ou estrés.  Definiremos de novo o tinnitus para expoñer, a continuación, todos os mitos falsos que existen en torno ó padecemento desta doenza. O termo ‘tinnitus’ emprégase para...

Ler máis

Por que se nos poñen as orellas vermellas? 25 Ago

Por que se nos poñen as orellas vermellas?

25/08/2021

É moi habitual coincidir con persoas que teñen as orellas vermellas ou incluso nos pode ocorrer a nós mesmos. Antes ca nada, debemos diferenciar entre dous tipos de situacións: aquelas nas que se poñen vermellas debido a unha situación social determinada e aquelas nas que se produce como consecuencia doutro tipo de molestia ou doenza. Entón, cal é o verdadeiro motivo de que se nos poñan vermellas as orellas? Débese a que os vasos sanguíneos se dilatan e aumenta o fluxo de sangue que circula po...

Ler máis

Diferenzas entre xordeira prelocutiva e postlocutiva 23 Xuñ

Diferenzas entre xordeira prelocutiva e postlocutiva

23/06/2021

No momento no que aparecen problemas auditivos, as relacións cos demais e co entorno empezan a mudar e a facerse máis complexas. Hai varias formas de clasificar os problemas auditivos, unha delas é en función de se aparecen antes ou despois de adquirir a linguaxe. Neste caso falariamos respectivamente de xordeira prelocutiva e xordeira postlocutiva.  Xordeira prelocutiva: causas e tratamento A xordeira prelocutiva é aquela que se presenta antes de o neno ou nena comece a falar. Pode desenvolve...

Ler máis

Como o estrés e a ansiedade lle poden afectar á audición 1 Xuñ

Como o estrés e a ansiedade lle poden afectar á audición

01/06/2021

Vivimos nunha era dominada, entre outras cousas, polo estrés. Esixímonos cada vez máis e o noso corpo non o pasa por alto. O s ritmos de vida frenéticos, a dificultade de acadar unha estabilidade laboral ou moitos outros motivos poden sobrecargar de maneira perigosa a nosa mente.  Cando unha persoa atravesa unha época de estrés ou ansiedade adoita sufrir problemáticas como a incapacidade de conciliar o sono, unha redución do rendemento laboral e pode afectarlle ó carácter e tamén ás relacións p...

Ler máis

Sabes que é a fonofobia? 21 Abr

Sabes que é a fonofobia?

21/04/2021

Unha fobia correspóndese cun medo desproporcionado ante un determinado estímulo. Aerofobia significa por exemplo medo a voar, ou claustrofobia medo ós espazos pechados. Pois hoxe traemos unha nova fobia, a fonofobia. Como vos estaredes imaxinando, si, é un medo irracional ante determinados sons. Este non é realmente un trastorno auditivo, senón que se relaciona con problemas de ansiedade.  Causas que poden provocar fonofobia A causa principal que pode provocar ataques de ansiedade en quen pade...

Ler máis

Como lle afecta a chegada da primavera á túa audición? 25 Mar

Como lle afecta a chegada da primavera á túa audición?

25/03/2021

Ca chegada da primavera e o cambio das temperaturas, a todos nos apetece pasar máis tempo fóra da casa e realizar actividades ó aire libre. Porén, moitas outras persoas relacionan tamén esta etapa do ano con outro asunto menos afable: as alerxias. As alerxias veñen sendo reaccións do organismo a axentes externos que este considera daniños. A máis habitual é a alerxia ó pole procedente de arbustos e árbores. Cada vez é máis habitual observar as rúas tinguidas de amarelo e masas de aire cargadas d...

Ler máis

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.

  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • pel
  • pel
  • Programa das persoas autónomas