21 Nov Por que perdemos audición ao envellecer? 21/11/2022 Hai moitos factores que poden contribuír á perda de audición relacionada coa idade. Pode ser difícil diferenciar a perda de audición relacionada coa idade da perda de audición que pode ocorrer por estar exposto ao ruído moito tempo. Co paso dos anos, o cerebro vólvese máis sensible aos ruídos e iso explicaría os problemas de audición dalgunhas persoas maiores. A través de estudos, pódese comparar a corteza auditiva da poboación máis nova e máis vella e así compróbase que a capacidade do cerebro... Ler máis
15 Set Como coidar a saúde auditiva dos nenos? 15/09/2022 Oír ben é importante para poder falar ben. A perda de audición pode ter efectos tanto no desenvolvemento da lingua para poder comunicarse, como tamén á hora de aprender e relacionarse socialmente. Polo tanto, é importante facerlles revisións audiolóxicas aos nenos. No noso centro de Ordes, autorizado pola Consellería de Sanidade para a audioloxía pediátrica, Marlene Rodríguez é a encargada de realizar revisións e adaptacións para cativos e cativas menores de 10 anos. Que probas se lles fan a... Ler máis
8 Ago A función da cera nos oídos 08/08/2022 O conduto auditivo externo está revestido por folículos pilosos e por glándulas que producen un aceite ceroso denominado cerume. A cera case sempre se abre paso ata a abertura do oído, como causa do movemento da articulación da mandíbula inferior cando comemos, falamos, mastigamos... Isto, unido á lixeira inclinación que ten a nosa canle auditiva, consegue un efecto de “autolimpeza” do que non se é consciente e que mantén a canle auditiva despexada. Pero, nalgunhas persoas, as glándulas produc... Ler máis
23 Xuñ Motivos polos que usar tapóns para oído cando nadas 23/06/2022 Do mesmo xeito que estiras os músculos para evitar lesións ou que usas lentes de natación para ter unha visibilidade mellor e evitar que se irriten os ollos, tamén debes preocuparte pola túa saúde auditiva cando nadas. Os tapóns de oído para natación son unha solución moi práctica e sinxela coa que podes coidar os teus oídos, previndo a aparición de posibles infeccións ou enfermidades como a otite a curto, medio oun longo prazo. Pero ademais, usar tapóns cando nadas ou practicas outros depor... Ler máis
30 Mai Efectos do ruído na saúde 30/05/2022 O ruído afecta á saúde das persoas e deteriora a súa calidade de vida. A exposición a altos niveis de ruído conleva principalmente efectos fisiolóxicos que se relacionan directamente con alteracións no oído, como a perda auditiva, pero hai máis. Os efectos na saúde poden ir desde a xordeira ou hipoacusia debido a exposicións prolongadas a altos niveis de ruído ata efectos psicolóxicos producidos por niveis de ruído moderados e constantes. Efectos do ruído na saúde Efectos auditivos: • X... Ler máis
18 Abr Como detectar se o meu fillo/a oe mal? Sinais dunha posible perda auditiva 18/04/2022 Sabías que entre o 3 e o 6 por cento dos nenos con problemas de xordeira ou hipoacusia dun oído están sen diagnosticar? O que podería dificultar o seu desenvolvemento e aprendizaxe. A deficiencia auditiva que se produce en bebés e nenos pequenos pode provocar problemas do desenvolvemento se non se recoñece e se trata de maneira temperá, xa que unha audición normal é necesaria para comprender a linguaxe falada e para falar de forma clara no futuro. Mesmo os bebés que pasasen sen problemas a pro... Ler máis