Que é a hipoacusia neurosensorial bilateral

Publicado: 17 de febreiro de 2022, 21:21
  1. Saúde
Que é a hipoacusia neurosensorial bilateral

A  hipoacusia  neurosensorial fai referencia á perdida  auditiva por afectación do oído interno ou do nervio  auditivo. Neste artigo explicámosche cales son as principais causas, síntomas e os tratamentos máis axeitados para cada caso. 

Causas da hipoacusia neurosensorial bilateral

A causa pode ser conxénita de nacemento ou pode deberse a causas fortuítas  como un traumatismo cranial ou unha exposición constante a ruídos.

Hai algunhas enfermidades que poden desencadear nunha hipoacusia nuerosensorial bilateral como a síndrome de Meriere, a meninxite ou tumores do nervio auditivo. Tamén hai medicamentos de uso para outras enfermidades cuxos efectos secundarios poden producir  ototoxicidade e desencadear unha hipoacusia.

Outra das principais causas e máis comun é simplemente o propio avellantamento, é dicir, o cumplir anos que vai afectando ó sistema auditivo; é a coñecida presbiacusia. 

Síntomas da hipoacusia neurosensorial bilateral


A  hipoacusia pode manifestarse a través dalgúns síntomas. Ante o máis mínimo sinal, é fundamental acudir ao teu especialista audiólogo para unha proba  diagnóstica que poida confirmar ou descartar a existencia de  hipoacusia nun oido ou binaural (afectación dos 2 oidos). 

Entre os principais síntomas atópanse:

  • Percibir certos sons máis fortes nun dos oídos.
    Ter problemas para seguir conversacións cando dúas ou máis persoas están a falar.
    Presentar dificultade para escoitar en ambientes ruidosos.
    Ter maior dificultade para entender voces agudas, como son as dos nen@s ou as voces femeninas.
    Ter dificultade para diferenciar sons estridentes.
    Escoitar algunhas voces como murmurios ou mal articuladas.
    Ter problemas para entender cando hai un ruído de fondo.
    Ter a sensación de estar a perder o equilibrio ou estar mareado (máis común coa enfermidade de  Ménière e os neuromas acústicos).
    Percibir zumbido nos oídos (tinnitus).

Tipos de tratamento segundo o grado de  Hipoacusia neurosensorial bilateral


En realidade non soe haber tratamentos (dependerá da causa) que nos vaian curar ou revertir a perda auditiva. A solución  ou axuda  máis habitual que se lle pode ofrecer a quen busca unha melloría importante na sua capacidade para entender e/ou oir é a colocación dun audífono. Segundo o grado de hipoacusia e a sua complexidade escollerase un audifono de menor ou maior tamaño e cunha tecnoloxía acorde ás necesidades do cliente. 

Para casos con  perda auditiva unilateral profunda, cofose ou imposibilidade de adaptación no oído dun audífono convencional, adoita usarse unha tecnoloxía chamada Sistema Cros. Cando temos unha perda auditiva bilateral asimétrica na que o oído peor non se poida adaptar, estamos a falar dun Sistema BiCros. Consiste en transmitir o sinal auditivo do oído non adaptado ao outro oído de forma inalámbrica. Isto permite ao usuario mellorar a súa audición, especialmente en situacións de ruído, recuperando así parte dos beneficios da audición bilateral.

En Oe+ ofrecémosche unha solución personalizada ás túas circunstancias. 

Se aínda non nos coñeces, deixámoste aquí un artigo para La Voz de Galicia, para que saibas un pouco máis de nós.

OE+, un centro auditivo en Cee para oír más y mejor

 

Noticias relacionadas

A guía definitiva de tapóns para os oídos: Protexe a túa audición con tapóns a medida sen perder nada da contorna 1 Xul

A guía definitiva de tapóns para os oídos: Protexe a túa audición con tapóns a medida sen perder nada da contorna

01/07/2026 Saúde
Se es amante dos deportes acuáticos ou se tes nenos, este post é para ti! Galicia é terra de salitre, olas perfectas e moito deporte de auga... Quen vivimos aquí e practicamos deporte sabemos que nadar en augas abertas, facer piragüismo ou gozar dunha boa sesión de surf na Costa da Morte son
Como previr o Oído de Surfista e a Otite: Guía de Protección para Surf e outros Deportes de Auga 1 Xuñ

Como previr o Oído de Surfista e a Otite: Guía de Protección para Surf e outros Deportes de Auga

01/06/2026 Saúde
Moitos surfistas e nadadores nas nosas costas fanse a mesma pregunta: “É realmente necesario usar tapóns?”. A resposta non é unha opinión, é pura fisioloxía. O corpo, ante a entrada constante de auga fría e o vento xélido (típico de sesións en Razo, Pantín, Doniños ou Nemiña), activa un mecanismo
Prezo de audífonos en Galicia: Guía completa de custos e servizos en OE+ 23 Feb

Prezo de audífonos en Galicia: Guía completa de custos e servizos en OE+

23/02/2026 Saúde
Prezo de audífonos en Galicia: Guía completa de custos e servizos en OE+ Se estás buscando información clara sobre o prezo dun audífono en Galicia, en OE+ apostamos pola transparencia total. Sabemos que a saúde auditiva é unha prioridade e, tras máis de 20 anos de experiencia no sector, queremos
A Importancia de Coidar a Túa Audición: Situación Actual e Solucións Expertas 21 Mar

A Importancia de Coidar a Túa Audición: Situación Actual e Solucións Expertas

21/03/2025 Saúde
A saúde auditiva é un aspecto fundamental do noso benestar, pero a miúdo pasa desapercibido ata que xorden problemas. A nivel mundial, a perda de audición é unha das condicións máis comúns, afectando a máis de 1.500 millóns de persoas, segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS). Estímase que
  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • Cartel