Por que visitar ao teu audiólogo?

Publicado: 22 de marzo de 2022, 10:10
  1. Saúde
Por que visitar ao teu audiólogo?

Un centro  auditivo é un lugar cuxa vocación é coidar da túa saúde  auditiva. Por iso, alberga profesionais da audición que se encargan de realizar as probas pertinentes para facerche unha diagnose e ofrecerche a mellor solución.

Ó igual que se tes un problema co motor do teu coche acodes a un taller, no caso de problemas no funcionamento do teu oído, cómpre que acudas a profesionais cualificados.

Os audiólogos teñen unha experiencia específica en audición e audífonos. Coñecen os  audífonos, saben como funcionan e cal é que mellor se axeita ás túas necesidades. Un  audífono é util só se foi axustado e programado especificamente para o cliente e cumprirá as expectativas reais de beneficio sempre que o cliente coñeza as posibilidades e limitacións da tecnoloxía e do estado do seu sistema auditivo. O mantemento e o servizo tamén son claves para que funcione ben, do mesmo xeito que sucede co teu coche. 

É importante, contar cun profesional cualificado e os medios técnicos necesarios para que os  audífonos sexan de utilidade para a túa audición. Unha mala adaptación non só conseguirá que os  audífonos non teñan ningunha utilidade asociado a unha máis que probable frustración pola mala experiencia con estos. ¿Canta xente hai que, por un problema de adaptación non recomendaría nunca poñer audífonos a coñecidos ou familiares que dubidan á hora de acudir a un centro auditivo?

O problema dun traballo mal feito por non escoller un profesional cualificado ou non deixarse aconsellar por el á hora de decidir qué audifonos serán os axeitados, é que incluso pode darse a circunstancia dun dano nos oídos por ese axuste inapropiado.

Cales son as funcións dun audiólogo? 

Os audiólogos son profesionais da audición que se encargan de valorar o estado cualitativo e cuantitativo da audición facendo probas auditivas e así detectar posibles problemas auditivos para ofrecer a solución protésica máis axeitada a cada caso.

Asemade, dan soporte e apoio con información e consellos a aqueles pacientes que sofren algunha perda auditiva ou están a comezar a sufrila, así como ás súas familias.

Ao tratarse de expertos en audioloxía teñen a capacidade de orientar sobre temas relacionados coa saúde auditiva, como as causas da xordeira, a rehabilitación do oído, o uso de audífonos, as rehabilitacións protésicas, entre outros aspectos.

Así, entre outros servizos, os profesionais do centro auditivo axudan aos seus clientes en materias como:

  • Posibles causas da perda auditiva
  • A anatomía e o funcionamento do sistema auditivo
  • Técnicas para que persoas con problemas de audición melloren a súa capacidade comunicativa
  • Recomendacións e consellos sobre o uso de  audífonos
  • Técnicas e terapias sonoras para o tratamento de acúfenos.
  • Traballan man a man con outros especialistas cos que forman en nalgúns casos equipos multidisciplinares, como poden ser logopedas, médicos otorrinolaringólogos ou neurólogos. 


A nosa recomendación, por tanto, é que se detectas calquera problema auditivo ou precises axustar ou reparar os teus audífonos, busques centros  auditivos atendidos por profesionais que che poidan asesorar e axudar no que precises. 

Noticias relacionadas

O meu fillo escoita ben? Guía completa sobre a perda auditiva en nenos e o valor dos potenciais evocados 1 Set

O meu fillo escoita ben? Guía completa sobre a perda auditiva en nenos e o valor dos potenciais evocados

01/09/2026 Saúde
Como nais e pais, pasamos o día atentos a cada detalle do crecemento dos nosos fillos. Preocúpanos se comen ben, se dormen as horas suficientes e se cumpren os fitos do seu desenvolvemento. Porén, hai unha dúbida que moitas veces orixina unha inquedanza silenciosa na casa: ¿E se o meu fillo ten
Enfermidade de Ménière: que é, síntomas e como actuar ante unha crise 3 Ago

Enfermidade de Ménière: que é, síntomas e como actuar ante unha crise

03/08/2026 Saúde
Sentir que o mundo ao teu redor xira de golpe, perder o equilibrio en segundos o notar un zumbido constante no oído que non te deixa descansar. Se chegaches ata aquí buscando respostas, probablemente ti ou alguén da túa contorna saibades o angustioso que resulta convivir coa incerteza da
A guía definitiva de tapóns para os oídos: Protexe a túa audición con tapóns a medida sen perder nada da contorna 1 Xul

A guía definitiva de tapóns para os oídos: Protexe a túa audición con tapóns a medida sen perder nada da contorna

01/07/2026 Saúde
Se es amante dos deportes acuáticos ou se tes nenos, este post é para ti! Galicia é terra de salitre, olas perfectas e moito deporte de auga... Quen vivimos aquí e practicamos deporte sabemos que nadar en augas abertas, facer piragüismo ou gozar dunha boa sesión de surf na Costa da Morte son
Como previr o Oído de Surfista e a Otite: Guía de Protección para Surf e outros Deportes de Auga 1 Xuñ

Como previr o Oído de Surfista e a Otite: Guía de Protección para Surf e outros Deportes de Auga

01/06/2026 Saúde
Moitos surfistas e nadadores nas nosas costas fanse a mesma pregunta: “É realmente necesario usar tapóns?”. A resposta non é unha opinión, é pura fisioloxía. O corpo, ante a entrada constante de auga fría e o vento xélido (típico de sesións en Razo, Pantín, Doniños ou Nemiña), activa un mecanismo
  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • Cartel