Se es amante dos deportes acuáticos ou se tes nenos, este post é para ti!
Galicia é terra de salitre, olas perfectas e moito deporte de auga... Quen vivimos aquí e practicamos deporte sabemos que nadar en augas abertas, facer piragüismo ou gozar dunha boa sesión de surf na Costa da Morte son experiencias que no cambiamos por nada. Porén, hai un gran esquecido en todas estas aventuras: a nosa saúde auditiva.
Por unha banda, no mar, adoitamos pensar que a molestia da auga fría ou esa sensación de taponamento tras unha boa sesión son simples "gaxes do oficio". Pero a realidade é outra: o impacto continuo do mar pode causar danos irreversibles.
Dá igual cal sexa o teu terreo de xogo; se a túa vida está ligada á auga e ao vento de Galicia, a túa saúde auditiva precisa protección especializada. Os tapóns estándar non serven para todo o mundo porque cada disciplina ten as súas propias esixencias.
Por iso, a tecnoloxía 3D de Tombo adáptase exactamente ao que necesitas segundo o teu deporte:
-
Se es surfista, necesitas uns tapóns que... Non te aíslen e resistan os golpes do mar. Necesitas bloquear a auga fría e o vento para evitar a exostose, pero mantendo o oído aberto ao son exterior para non perder o equilibrio nin deixar de escoitar o mar e os teus compañeiros. Ademais, teñen que axustarse tan ben que non salten coa primeira "lavadora".
-
Se es piragüista, necesitas uns tapóns que... Eviten o efecto "tapón de cera" por salpicaduras continuas. Ao palear, a auga fría entra constantemente en ráfagas. Necesitas uns protectores que seles o canal fronte á auga turbulenta dos ríos ou rías, pero que che permitan escoitar perfectamente as indicacións do teu equipo ou o ruído das correntes para reaccionar rápido.
-
Se es nadador, necesitas uns tapóns que... Garantan un selado 100% estanco. A diferenza do surfista, ao nadador non lle importa illarse un pouco máis do son; o que busca é que non entre nin unha soa pinga de auga de forma constante para evitar as molestas otites bacterianas e os fungos das piscinas ou as augas abertas.
-
Se es pescador , necesitas uns tapóns que... Compensen a presión e protexan do vento na lancha. No traxecto en barco sofres un vento frío brutal (inimigo do oído), e necesitas uns tapóns específicos que protexan o tímbano pero, sen bloquear o canal por completo.
En definitiva, se es deportista acuático en Galicia ou tes nenos que fan natación ou outros deportes de auga e buscas uns tapóns de oído a medida que se adapten ao teu ritmo sen comprometer o teu rendemento, Tombo é a solución definitiva.

O gran inimigo da auga en Galicia: O "Oído de Surfista" (Exostose)
Se practicas surf, bodyboard, kitesurf ou kayak en Galicia, sabes que a auga do Atlántico non é precisamente tropical. O vento do norte e as baixas temperaturas son constantes durante todo o ano. O que quizais non saibas es como reacciona o teu corpo a este estímulo.
Cando a auga fría e o vento entran continuamente no conduto auditivo, o corpo intenta defenderse creando un crecemento óseo extra para protexer o tímbano. Médicamente coñécese como exostose, pero nas praias chámaselle directamente oído de surfista.

Que problemas causa a exostose?
-
Infeccións de oído recorrentes (otite externa).
-
Auga que queda atrapada durante días despois de saír da auga.
-
Pérdida progresiva de audición.
A única forma de frear este crecemento óseo é utilizar tapóns para o oído.
Ademais, os nosos Tombo tamén son perfectos para protexer os oídos dos nenos e gozar dos concertos de forma segura
Galicia é o fogar de grandes festivais familiares e concertos ao aire libre (desde as orquestras nas festas dos pobos ata macrofestivais). Compartir a música cos máis pequenos é unha experiencia fantástica, pero os seus oídos son moitísimo máis sensibles que os nosos. Podes informarte un pouquiño máis neste artigo de El País.
O sistema auditivo dos nenos está en pleno desenvolvemento. Un concerto de rock ou a zona próxima aos altofalantes nunha verbena poden superar facilmente os 100 decibelios, un nivel que pode causar danos irreparables en poucos minutos.

Por que elixir tapóns de oído a medida para nenos?
Os tapóns de escuma ou de tamaño estándar adoitan ser demasiado grandes para os canais auditivos infantís, caen constantemente, rozan ou, peor aínda, íslanos tanto que o neno se asusta ao non entender o que pasa ao seu redor.
Os protectores auditivos de Tombo adaptados a nenos ofrecen:
-
Axuste perfecto: Ao estar feitos a medida en 3D, non caen mentres saltan ou bailan.
-
Permiten pasar o son: diminúen o volume daniño pero manteñen perceptible a música. O teu fillo gozará do concerto sen pór en risco a súa saúde.
-
Comodidade: Ao ser dun material suave adaptado á súa propia orella, esquecerán que os levan postos.
O proceso Tombo: Tecnoloxía 3D para un axuste milimétrico
O éxito duns bos tapóns para oídos radica en que non se movan. Un milímetro de separación é suficiente para que entre a auga fría do mar o se coe o ruído daniño dun altofalante.
O método Tombo rompe coas solucións estándar:
-
Toma de impresión: Obtense un molde exacto e completamente personalizado del canal auditivo do usuario (xa sexa un adulto ou un neno).
-
Fabricación 3D: Mediante escaneo e modelado dixitalizado, deséñanse os tapóns co material óptimo para cada actividade.
-
Filtrado intelixente: Aplícase a tecnoloxía que permite atenuar o ruído forte ou selar a auga, pero mantendo a nitidez da conversa e das frecuencias medias e agudas.
Conclusión: Inviste en saúde auditiva, goza sen límites
Xa sexa para enfrontarte a unha sesión de olas xigantes en Pantín ou Razo, ou para gozar con total tranquilidade dun festival de verán en familia, coidar dos teus oídos non debería significar illarte do mundo.
Os tapóns para oídos a medida de Tombo combinan a máxima protección contra a exostose e os traumas acústicos coa liberdade de seguir escoitando a túa contorna. Non esperes a notar os primeiros síntomas de perda de audición ou as dores da otite.
Se queres conseguir os teus protectores a medida feitos en Galicia, ponte en contacto con Tombo a través da súa web oficial tombo.gal ou visítanos en OE+ Centros Auditivos. Os teus oídos agradecerancho!