O meu fillo escoita ben? Guía completa sobre a perda auditiva en nenos e o valor dos potenciais evocados

Publicado: 01 de setembro de 2026, 19:32
  1. Saúde
O meu fillo escoita ben? Guía completa sobre a perda auditiva en nenos e o valor dos potenciais evocados

Como nais e pais, pasamos o día atentos a cada detalle do crecemento dos nosos fillos. Preocúpanos se comen ben, se dormen as horas suficientes e se cumpren os fitos do seu desenvolvemento. Porén, hai unha dúbida que moitas veces orixina unha inquedanza silenciosa na casa: ¿E se o meu fillo ten problemas de audición?

A perda auditiva en idades temperás non sempre se presenta de xeito evidente ou cun "non escoito nada". Moitas veces maniféstase a través de pequenos detalles no comportamento: un despiste constante, un atraso á hora de empezar a falar ou o clásico "parece que está no seu mundo".

En OE+ Centros Auditivos sabemos que unha detección temperá non só mellora a calidade de vida do neno, senón que transforma por completo o seu desenvolvemento escolar, social e emocional. Por iso, preparamos esta guía completa para axudarche a identificar os sinais de alerta en cada etapa do crecemento e para explicarte, con total transparencia, como a proba dos potenciais evocados pode darche a tranquilidade que precisas.

Por que é tan importante detectar a tempo os problemas auditivos?

O oído é a principal vía de entrada para o desenvolvemento da linguaxe e da fala e do pensamento cognitivo. Se un neno non recibe os estímulos sonoros de xeito nítido durante os primeiros anos de vida, o seu cerebro atopará serias dificultades para aprender a falar, comprender a gramática e relacionarse coa contorna.

Cando a perda auditiva se detecta tarde, adoitan aparecer problemas secundarios como:

  • Fracaso ou atraso escolar (por non seguir o ritmo das explicacións na aula).

  • Illamento social e problemas de conduta (frustración por non entender ou non ser entendido).

  • Dificultades na lectoescritura e na pronuncia.

A boa nova? O sistema auditivo infantil ten unha gran plasticidade. Se se diagnostica e actuamos a tempo, as solucións son incriblemente eficaces.

 

O meu fillo escoita ben? Guía completa sobre a perda auditiva en nenos e o valor dos potenciais evocados - Imagen 2

Sinais de perda auditiva: Que debes observar segundo a idade?

O desenvolvemento auditivo evoluciona mes a mes. Para axudarche a identificar se o comportamento do teu fillo entra dentro do agardado ou se require a revisión dun especialista, dividimos os síntomas por etapas:

1. Etapa lactante e bebés (de 0 a 24 meses)

Nos primeiros meses de vida, as respostas aos sons son reflexas e puramente de supervivencia. Aínda que o cribado auditivo neonatal diagnostica a meirande parte das perdas auditivas que existen no momento do nacemento, Fíxate en se o teu bebé:

  • Non se asusta nin esperta ante ruídos moi fortes e secos (como unha porta que batea, un obxecto que cae ao chan o o ladrido dun can).

  • A partir dos 6 meses, non xira a cabeza nin busca coa mirada a procedencia dun son (a voz de mamá, un xoguete con música) cando está fóra do seu campo visual.

  • Arredor dos 12 meses, non emite sons, balbuceos nin intenta imitar as palabras sinxelas que escoita na casa.

  • Parece que só reacciona cando te ve de fronte, pero permanece alleo se lle falas desde as súas costas ou desde outra habitación.

2. Etapa infantil e escolar (de 2 a 12 anos)

Aquí os problemas de audición adoitan camuflarse con "despistes" ou falta de atención. É a etapa onde máis se confunde a perda auditiva.. Alértate se o neno:

  • Presenta un atraso evidente na linguaxe: Cústalle estruturar frases sinxelas, ten un vocabulario moi pobre para a súa idade ou pronuncia de xeito moi incorrecto.

  • Di moitas veces "Que?": Se che pide de forma constante que lle repitas as frases ou pon unha cara de esforzo excesivo cando lle falas.

  • Sobe moito o volume dos dispositivos: Pon a televisión, a tablet ou os videoxogos a un nivel que ao resto da familia lle resulta molesto.

  • Non responde á primeira: Pensas que "está concentrado xogando" ou que "non quere facer caso", pero moitas veces a realidade é que o son non lle chega correctamente.

  • O colexio dálle a alarma: O profesorado nota que se distrae moito, que non comprende ben as instrucións colectivas ou que o seu rendemento comeza a baixar sen un motivo aparente.

3. Adolescencia

Os adolescentes adoitan ocultar as súas dificultades por vergonza ou por non sentirse diferentes. Podes notar que:

  • Cústalles moito seguir as conversas cando hai ambiente ruidoso (reunións familiares, o patio do instituto, unha cafetería).

  • Teñen tendencia a illarse ou prefiren estar sos antes que en grupos grandes onde non son quen de procesar as voces.

  • Afirman que os demais "murmuran" ou que "falan moi baixo".

  • Escoitan música con auriculares a volumes perigosamente altos para intentar compensar a falta de claridade.

O valor dos Potenciais Evocados Auditivos (PEA): Que son e por que son a proba clave?

Cando levamos a un neno pequeno a facer unha revisión, a primeira dúbida que nos asalta como nais e pais é: ¿Como lle van medir a audición se é moi pequeno para dicir se escoita ou se non sabe colaborar?

Aquí é onde entran os Potenciais Evocados Auditivos (PEA).

Que son exactamente?

Esta proba é un estudo electrofisiolóxico. En termos sinxelos: non avaliamos se o neno "quere" responder, senón que medimos de forma directa e automática a actividade eléctrica do seu nervio auditivo e do seu cerebro cando reciben un estímulo acústico (uns pequenos clics sonoros).

Como se realiza a proba en OE+?

É un proceso sinxelo e coidado:

  1. Colocamos uns pequenos sensores (electrodos adhesivos moi suaves) na pel do neno (na fronte e detrás das orellas).

  2. Colocamos uns auriculares adaptados ao seu tamaño.

  3. Emitimos uns sons suaves e o noso equipo de electrofisioloxía recolle a actividade cerebral.

Tranquilidade absoluta para a familia: A proba é 100% indolora, non invasiva e non emite ningún tipo de radiación. O neno non sente nada en absoluto. De feito, o ideal é que o bebé ou o neno estea durmindo un sono pracenteiro ou moi relaxado no colo da nai ou pai durante o proceso. Para isto, en OE+ adaptámonos aos horarios de sono natural do bebé ou cativo.

Por que son a mellor opción en audición infantil?

  • Obxectividade absoluta: O resultado non depende de se o neno ten un mal día, se está tímido, se non entende as instrucións ou se está xoguetón. O cerebro non engana.

  • Precisión milimétrica: Permítenos saber non só se escoita, senón en que punto exacto da vía auditiva pode existir unha barreira ou dificultade.

  • Precocidade: É a proba coa que se realiza o cribado neonatal, polo que se pode facer desde os primeiros días de vida con total fiabilidade.

Preguntas frecuentes sobre a audición infantil (FAQs)

Para axudarche a despexar esas dúbidas que adoitan roldar as madrugadas de procura en Internet, respondemos de xeito directo ás preguntas máis comúns:

O meu fillo pasou a proba do cribado auditivo ao nacer, pode ter perdas auditivas despois?

Si, rotundamente. A proba que se realiza no hospital ao nacer descarta problemas conxénitos inmediatos, pero existen perdas auditivas de aparición tardía. Estas poden estar provocadas por virus coma o citomegalovirus, infeccións recorrentes (otites), factores xenéticos que se manifestan máis adiante. Un "apto" ao nacer non significa que estea protexido de por vida.

Unha otite mal curada pode provocar xordeira?

As otites comúns provocan o que chamamos unha perda auditiva condutiva temporal (o oído énchese de moco e o son non pasa ben, coma se estivesen debaixo da auga). Se as otites son moi continuas e non se tratan correctamente por un especialista, ese moco pode densificarse e causar danos estruturais a longo prazo. Por iso, ante otites recurrentes, unha revisión en OE+ é fundamental.

Canto dura a proba dos potenciais evocados?

A proba adoita durar entre 30 e 45 minutos. O tempo depende principalmente do relaxado que estea o neno, xa que canto máis acougado ou durmido estea, máis rápido e limpo sae o rexistro electrofisiolóxico.

É necesario sedar ao neno?

En OE+ adaptámonos aos horarios naturais do neno, facilitando un entorno tranquilo e relaxado.

Fundamentos neurofisiolóxicos: Como funcionan os potenciais evocados?

Para comprender o valor diagnóstico desta proba, é necesario analizar o proceso neurofisiolóxico da audición. Cando un estímulo sonoro entra no conduto auditivo externo, transmite unha vibración mecánica a través da membrana timpánica e a cadea de osiños ata chegar á cóclea (oído interno). Alí, as células ciliadas transforman esa enerxía mecánica en impulsos eléctricos que viaxan a través do nervio auditivo (VIII par cranial) ata o córtex auditivo no cerebro.

Os Potenciais Evocados Auditivos (PEA) son probas electrofisiolóxicas que rexistran de forma obxectiva esta actividade bioeléctrica do sistema nervioso en resposta a un estímulo acústico. Mediante a colocación de electrodos de superficie de alta sensibilidade na pel do paciente, o equipo audiolóxico capta e amplifica as diferenzas de potencial eléctrico xeradas ao longo da vía auditiva.

O rexistro tradúcese nunha gráfica que amosa unha serie de deflexións de onda (identificadas de forma clínica con números romanos da Onda I á Onda VII). Cada unha destas ondas correspóndese co paso do estímulo por un punto anatómico específico:

  • Ondas I e II: Indican a actividade bioeléctrica do propio nervio auditivo na súa porción máis periférica.

  • Onda III: Rexistra a actividade no complexo olivar superior do tronco encefálico.

  • Onda V: É a onda de maior relevancia clínica e estabilidade. Orixínase no colículo inferior e confirma que o estímulo alcanzou con éxito as estruturas do tronco cerebral superior, previas ao procesamento cortical.

O parámetro fundamental que analizan os nosos especialistas é a intensidade do son que permite visualizar estas ondas, a latencia (o tempo que tarda en aparecer cada onda desde que se emite o son) e a amplitude da resposta para cada oído de forma separada. Calquera atraso ou ausencia destas ondas permite localizar con precisión anatómica onde se atopa a anomalía na vía auditiva.

Ademáis dos potenciais evocados auditivos de tronco cerebral, en OE+ tamén contamos cos potenciais evocados auditivos de estado estable. A diferencia dos primeiros, esta proba permite coñecer os umbrais auditivos para as diferentes frecuencias, o cal resulta fundamental para o correcto axuste das próteses auditivas.

Pero non soamente é fundamental obter información precisa da audición do cativo senón garantir unha audición funcional coas súas próteses auditivas. Por isto, o equipo de potencias co que contamos en OE+ tamén permite avaliar a audición que obtén cos seus audífonos, tanto no caso dos potenciais evocados auditivos de tronco cerebral coma no caso dos potenciais de estado estable. Esta verificación é fundamental nos casos de adaptacións en bebés xa que difícilmente poden colaborar con outros tipos de avaliación para obter resultados exactos e precisos

En OE+ Centros Auditivos somos especialistas no que máis queres

Sabemos perfectamente que acudir a unha clínica cun fillo pode xerar certa tensión ou respecto. Por iso, en OE+ non entendemos o noso traballo sen a empatía, a paciencia infinita e o agarimo. O noso persoal non só está formado na parte técnica, senón na pedagóxica e emocional para que os nenos sintan a proba como un xogo ou un momento de acougo.

Se notas calquera dos sinais de alarma mencionados ou simplemente queres quedar coa mente tranquila e descartar calquera problema, agardámoste no noso centro de Ordes, que conta coa especialización, o equipamento duns potenciais evocados de última xeración e a área de audición infantil de referencia.

Ademais, para o teu confort do día a día, revisións rutineiras ou calquera asesoramento auditivo, tes á túa disposición a nosa rede de clínicas moi preto de ti:

  • OE+ Ordes (Centro de referencia en Audición Infantil e Potenciais Evocados)

  • OE+ Cee (Centro de referencia de Audioloxía en Galicia)

  • OE+ Lalín (Centro de referencia de Audioloxía en Galicia)

 

Así somos en OE+ Centros Auditivos 

Podes ver un pouquiño máis de quen somos neste artigo da Voz de Galicia. Pulsa aquí para velo.

O meu fillo escoita ben? Guía completa sobre a perda auditiva en nenos e o valor dos potenciais evocados - Imagen 1

A audición do teu fillo determina como descubrirá o mundo e como se comunicará contigo. Non deixes que unha dúbida silenciosa condicione o seu crecemento. Pide cita hoxe en OE+ e camiña coa seguridade de que están nas mellores mans.

 

En OE+ somos un referente na saúde auditiva en Galicia. Con máis de dúas décadas de experiencia, ofrecemos a cada paciente unha atención de máxima calidade e totalmente personalizada. A satisfacción de quen confía en nós é o noso mellor aval; convidámoste a descubrir as opinións de quen xa pasou polos nosos centros de Cee, Ordes e Lalín.









Noticias relacionadas

Enfermidade de Ménière: que é, síntomas e como actuar ante unha crise 3 Ago

Enfermidade de Ménière: que é, síntomas e como actuar ante unha crise

03/08/2026 Saúde
Sentir que o mundo ao teu redor xira de golpe, perder o equilibrio en segundos o notar un zumbido constante no oído que non te deixa descansar. Se chegaches ata aquí buscando respostas, probablemente ti ou alguén da túa contorna saibades o angustioso que resulta convivir coa incerteza da
A guía definitiva de tapóns para os oídos: Protexe a túa audición con tapóns a medida sen perder nada da contorna 1 Xul

A guía definitiva de tapóns para os oídos: Protexe a túa audición con tapóns a medida sen perder nada da contorna

01/07/2026 Saúde
Se es amante dos deportes acuáticos ou se tes nenos, este post é para ti! Galicia é terra de salitre, olas perfectas e moito deporte de auga... Quen vivimos aquí e practicamos deporte sabemos que nadar en augas abertas, facer piragüismo ou gozar dunha boa sesión de surf na Costa da Morte son
Como previr o Oído de Surfista e a Otite: Guía de Protección para Surf e outros Deportes de Auga 1 Xuñ

Como previr o Oído de Surfista e a Otite: Guía de Protección para Surf e outros Deportes de Auga

01/06/2026 Saúde
Moitos surfistas e nadadores nas nosas costas fanse a mesma pregunta: “É realmente necesario usar tapóns?”. A resposta non é unha opinión, é pura fisioloxía. O corpo, ante a entrada constante de auga fría e o vento xélido (típico de sesións en Razo, Pantín, Doniños ou Nemiña), activa un mecanismo
Prezo de audífonos en Galicia: Guía completa de custos e servizos en OE+ 23 Feb

Prezo de audífonos en Galicia: Guía completa de custos e servizos en OE+

23/02/2026 Saúde
Prezo de audífonos en Galicia: Guía completa de custos e servizos en OE+ Se estás buscando información clara sobre o prezo dun audífono en Galicia, en OE+ apostamos pola transparencia total. Sabemos que a saúde auditiva é unha prioridade e, tras máis de 20 anos de experiencia no sector, queremos
  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • Cartel