Xordeira súbita e arrefriados

Publicado: 18 de novembro de 2021, 11:02
  1. Saúde
Xordeira súbita e arrefriados

O outono e o inverno son as épocas nas que son máis comúns os arrefriados. Malia que se trata dunha afección que normalmente non representa unha seria ameaza para a saúde, o certo é que, nalgunhas ocasións, pode xerar complicacións serias, como a xordeira súbita.


A xordeira súbita ou hipocausia neurosensorial súbita  consiste na perda rápida e de súpeto da audición. Polo xeral ocorre nun só oído, e vaise presentando xa sexa súbitamente ou aos poucos durante varios días. Trátase dun tipo de xordeira que se caracteriza por unha perda de audición de polo menos 30  decibeles en menos de 72 horas e dáse en pacientes que non adoitan presentar antecedentes de problemas de audición.


Unha xordeira súbita provoca que, por exemplo, unha conversación común se escoite coma se fose un murmurio. As persoas que sofren xordeira súbita poden escoitar tamén un ruído ou asubío permanente no oído, coñecido como tinnitus, que pode resultarlles moi desagradable.


Como afectan as gripes ou arrefriados á audición?


No caso dos arrefriados e a gripe, a propia infección que os provoca pode desencadear síntomas que afectan ao oído.


Ás veces poden confundirse os síntomas dunha xordeira súbita e unha perda  auditiva habitual asociada a unha gripe ou a un arrefriado: a primeira aparece de súpeto e afecta gravemente ao oído, a segunda é sentir certo bloqueo ou notar os sons como amortecidos. Así mesmo, se a perda  auditiva persiste despois de dous días débese consultar cun médico ou técnico en audición. 


Outras causas que poden provocar xordeira súbita 


Entre as súas diversas causas atópanse:

  • Infeccións. 
  • Lesións ou traumatismos na cabeza.
  • Enfermidades  autoinmunitarias.
  • Medicamentos ototóxicos.
  • Enfermidades neurolóxicas. 
  • Problemas vasculares ou de circulación do sangue.

Outros trastornos do oído interno.

Se detectamos que podemos estar ante un caso de xordeira súbita, é fundamental iniciar o tratamento canto antes, mesmo aínda que se descoñezan as causas.


Segundo o National Institute on Deafness and Other Communications Disorders (NIDCD)  preto da metade dos pacientes con esta afección recuperan parcial ou totalmente o oído de maneira espontánea á semana ou días de perdelo.

Noticias relacionadas

Prezo de audífonos en Galicia: Guía completa de custos e servizos en OE+ 23 Feb

Prezo de audífonos en Galicia: Guía completa de custos e servizos en OE+

23/02/2026 Saúde
Prezo de audífonos en Galicia: Guía completa de custos e servizos en OE+ Se estás buscando información clara sobre o prezo dun audífono en Galicia, en OE+ apostamos pola transparencia total. Sabemos que a saúde auditiva é unha prioridade e, tras máis de 20 anos de experiencia no sector, queremos
A Importancia de Coidar a Túa Audición: Situación Actual e Solucións Expertas 21 Mar

A Importancia de Coidar a Túa Audición: Situación Actual e Solucións Expertas

21/03/2025 Saúde
A saúde auditiva é un aspecto fundamental do noso benestar, pero a miúdo pasa desapercibido ata que xorden problemas. A nivel mundial, a perda de audición é unha das condicións máis comúns, afectando a máis de 1.500 millóns de persoas, segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS). Estímase que
Todo sobre a Cera nos Oídos e Como Mantelos Saudables 10 Feb

Todo sobre a Cera nos Oídos e Como Mantelos Saudables

10/02/2025 Saúde
A cera nos oídos, tamén coñecida como cerumen, é unha substancia natural que xoga un papel importante na saúde auditiva. Non obstante, cando se acumula en exceso, pode causar molestias e incluso problemas auditivos. Neste artigo, explicámosche como se produce a cera, os problemas que pode ocasionar
Por que somos o que escoitamos? 15 Feb

Por que somos o que escoitamos?

15/02/2023 Saúde
“Es o que escoitas”. Seguro que tes escoitado isto máis dunha vez. Pero, por que? Dise que es o que escoitas porque a audición é un dos sentidos máis importantes que temos e afecta profundamente ao noso comportamento, personalidade e formación cognitiva e emocional. Os sons que percibimos ao longo
  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • pel
  • Programa das persoas autónomas
  • Cartel