Problemas de saúde derivados do emprego da máscara

Publicado: 27 de outubro de 2021, 20:00
  1. Saúde
Problemas de saúde derivados do emprego da máscara

Dificultades para as persoas con xordeira

A máscara, ou máis comunmente chamada ‘mascarilla’ é unha das palabras e un dos produtos estrela dos últimos meses, por desgraza. Pasamos de non saber apenas nada delas a ser grandes expertos en tipoloxías, materiais e tipos de transpiración. O seu emprego resultou esencial para lograr impoñerse a unha pandemia que chegou sen contar e que cambiou a nosa vida e as nosas costumes radicalmente. 

Porén, o seu emprego de forma continuada tamén trouxo consigo certas complicacións. Entre elas, as auditivas. O feito de empregar máscaras impide ó 100% a lectura de beizos, polo que isto supón un gran inconveniente para as persoas con algún tipo de xordeira. Pensaredes que iso non lle afecta a aquelas persoas que empregan audífonos, pero si que o fai, posto que tamén se apoian moito nesta lectura para comprender ó seu interlocutor. De feito, moitas persoas portadoras de audífonos chegan a pensar que o seu grao de xordeira empeorou ó custarlles máis ca antes manter unha conversa. 

Moitas asociacións e medios mantiveron unha ardua loita para conseguir a homologación por parte dos gobernos das máscaras transparentes, algo que finalmente se puido conseguir e significou un gran paso para as persoas con necesidades auditivas.

Problemas na voz

Dende que empregamos máscaras, as visitas o otorrino aumentaron considerablemente con consultas relacionadas con disfonías ou problemas do oído. Ó estar falando a través dunha máscara, sentimos a necesidade de berrar máis para que o noso interlocutor nos escoite e nos entenda, polo que estaremos forzando as nosas cordas vocais. 

A patoloxía máis habitual derivada desta mala costume é a disfonía, podendo ser incapaces de pronunciar certos sons durante 3 ou 5 días. 

Que facer para non berrar cando se ten a máscara posta

Para conseguir manter o noso ton de voz habitual aínda que esteamos empregando a máscara, son principalmente dous os consellos que vos podemos dar: vocalizar e respirar. Porén, os otorrinos e logopedas deseñaron unha útil listaxe que pode axudar a todos/as aqueles/as que se atopen nunha situación coma esta:

  1. Non falar máis alto do que o facemos normalmente
  2. Manter unha postura corporal recta para facilitar a saída e proxección da voz
  3. Respirar da maneira axeitada
  4. Intentar non fumar
  5. Facer todas as pausas e silencios que sexan precisos
  6. Coidar a alimentación
  7. Estar moi hidratados/as
  8. Evitar lugares moi secos

Noticias relacionadas

O meu fillo escoita ben? Guía completa sobre a perda auditiva en nenos e o valor dos potenciais evocados 1 Set

O meu fillo escoita ben? Guía completa sobre a perda auditiva en nenos e o valor dos potenciais evocados

01/09/2026 Saúde
Como nais e pais, pasamos o día atentos a cada detalle do crecemento dos nosos fillos. Preocúpanos se comen ben, se dormen as horas suficientes e se cumpren os fitos do seu desenvolvemento. Porén, hai unha dúbida que moitas veces orixina unha inquedanza silenciosa na casa: ¿E se o meu fillo ten
Enfermidade de Ménière: que é, síntomas e como actuar ante unha crise 3 Ago

Enfermidade de Ménière: que é, síntomas e como actuar ante unha crise

03/08/2026 Saúde
Sentir que o mundo ao teu redor xira de golpe, perder o equilibrio en segundos o notar un zumbido constante no oído que non te deixa descansar. Se chegaches ata aquí buscando respostas, probablemente ti ou alguén da túa contorna saibades o angustioso que resulta convivir coa incerteza da
A guía definitiva de tapóns para os oídos: Protexe a túa audición con tapóns a medida sen perder nada da contorna 1 Xul

A guía definitiva de tapóns para os oídos: Protexe a túa audición con tapóns a medida sen perder nada da contorna

01/07/2026 Saúde
Se es amante dos deportes acuáticos ou se tes nenos, este post é para ti! Galicia é terra de salitre, olas perfectas e moito deporte de auga... Quen vivimos aquí e practicamos deporte sabemos que nadar en augas abertas, facer piragüismo ou gozar dunha boa sesión de surf na Costa da Morte son
Como previr o Oído de Surfista e a Otite: Guía de Protección para Surf e outros Deportes de Auga 1 Xuñ

Como previr o Oído de Surfista e a Otite: Guía de Protección para Surf e outros Deportes de Auga

01/06/2026 Saúde
Moitos surfistas e nadadores nas nosas costas fanse a mesma pregunta: “É realmente necesario usar tapóns?”. A resposta non é unha opinión, é pura fisioloxía. O corpo, ante a entrada constante de auga fría e o vento xélido (típico de sesións en Razo, Pantín, Doniños ou Nemiña), activa un mecanismo
  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • Cartel