Falsos mitos sobre o tinnitus

Publicado: 20 de setembro de 2021, 13:08
  1. Saúde
Falsos mitos sobre o tinnitus

O tinnutis, tamén coñecido como acúfenos, é unha das doenzas auditivas máis habituais. Segundo a Asociación Americana de Tinnitus, esta molestia aféctalle ó 15% da poboación. Aínda así, moitas destas persoas non son conscientes de que están a padecer esta problemática pois asocian os seus síntomas a episodios de cansazo ou estrés

Definiremos de novo o tinnitus para expoñer, a continuación, todos os mitos falsos que existen en torno ó padecemento desta doenza. O termo ‘tinnitus’ emprégase para definir a un timbre ou a un zumbido recorrente que sentimos nos nosos oídos. Pode ser máis suave ou máis forte e máis agudo ou máis grave. Ademais, tamén se pode escoitar nos dous oídos ou nun só. En canto ás súas causas, soe vir derivado doutras doenzas que lle afecten ó sistema auditivo (oído, nervio auditivo que conecta o oído interno co cerebro e as partes do cerebro que procesan o son), entre elas, por exemplo, a perda de audición inducida por ruído, infeccións, enfermidade de Ménière, tumores cerebrais etc. En caso de experimentar síntomas que nos indiquen que podemos estar a padecer tinnitus, deberemos acudir ó médico de cabeceira que nos derivará ó audiólogo/a no caso de que se trate dun problema no sistema auditivo.

Os falsos mitos máis recorrentes en canto ó padecemento de tinnitus

Pero aínda que sexa unha doenza moi habitual entre a poboación, existe tamén aínda moito descoñecemento sobre as súas causas e os seus síntomas, chegándose a dar por válidas afirmacións que realmente non o son. Entre elas atopamos de forma recorrente as seguintes:

  1. É unha enfermidade incurable
  2. O tinnitus está na cabeza
  3. Os zumbidos poden desaparecer se cambiamos certos aspectos da nosa alimentación
  4. O tinnitus soe aparecer por escoitar música a altos niveis e por empregar auriculares
  5. Só experimentan tinnitus as persoas que teñen problemas de audición
  6. Existen pastillas para que desapareza esta doenza
  7. Toda persoa que padeza tinnitus acabará por estar xorda
  8. Os audífonos non axudan a mellorar o tinnitus
  9. A única forma de manifestarse o tinnitus é a través de zumbidos nos oídos
  10. Non se pode facer nada en contra desta doenza

Noticias relacionadas

Enfermidade de Ménière: que é, síntomas e como actuar ante unha crise 3 Ago

Enfermidade de Ménière: que é, síntomas e como actuar ante unha crise

03/08/2026 Saúde
Sentir que o mundo ao teu redor xira de golpe, perder o equilibrio en segundos o notar un zumbido constante no oído que non te deixa descansar. Se chegaches ata aquí buscando respostas, probablemente ti ou alguén da túa contorna saibades o angustioso que resulta convivir coa incerteza da
A guía definitiva de tapóns para os oídos: Protexe a túa audición con tapóns a medida sen perder nada da contorna 1 Xul

A guía definitiva de tapóns para os oídos: Protexe a túa audición con tapóns a medida sen perder nada da contorna

01/07/2026 Saúde
Se es amante dos deportes acuáticos ou se tes nenos, este post é para ti! Galicia é terra de salitre, olas perfectas e moito deporte de auga... Quen vivimos aquí e practicamos deporte sabemos que nadar en augas abertas, facer piragüismo ou gozar dunha boa sesión de surf na Costa da Morte son
Como previr o Oído de Surfista e a Otite: Guía de Protección para Surf e outros Deportes de Auga 1 Xuñ

Como previr o Oído de Surfista e a Otite: Guía de Protección para Surf e outros Deportes de Auga

01/06/2026 Saúde
Moitos surfistas e nadadores nas nosas costas fanse a mesma pregunta: “É realmente necesario usar tapóns?”. A resposta non é unha opinión, é pura fisioloxía. O corpo, ante a entrada constante de auga fría e o vento xélido (típico de sesións en Razo, Pantín, Doniños ou Nemiña), activa un mecanismo
Prezo de audífonos en Galicia: Guía completa de custos e servizos en OE+ 23 Feb

Prezo de audífonos en Galicia: Guía completa de custos e servizos en OE+

23/02/2026 Saúde
Prezo de audífonos en Galicia: Guía completa de custos e servizos en OE+ Se estás buscando información clara sobre o prezo dun audífono en Galicia, en OE+ apostamos pola transparencia total. Sabemos que a saúde auditiva é unha prioridade e, tras máis de 20 anos de experiencia no sector, queremos
  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • Cartel