Que facer se padecemos tinnitus e non damos durmido

Publicado: 16 de xuño de 2021, 20:50
  1. Recomendacións
Que facer se padecemos tinnitus e non damos durmido

O tinnitus é unha molestia auditiva que consiste na escoita continuada dun son similar a un zumbido ou a un pititdo, sen que exista un elemento real que os produza. O tinnitus, tamén coñecido como acúfenos, soe vir xerado por unha afección subxacente como a perda auditiva relacionada ca idade, unha lesión no oído ou un trastorno do aparello circulatorio. Moitas persoas din que notan melloría en canto ó padecemento de tinnitus cando a notan tamén nesas molestias previas; outras empregan outros sistemas como uso de tapóns para disimular esa sensación. 

Pero unha das peores consecuencias desta problemática e que lle afecta á maior parte de quen a padece son as dificultades para conciliar o sono. A continuación dámosvos uns consellos para conseguir tratar de facer máis liviás esas noites.

Consellos para conseguir durmir mellor cando se padece tinnitus

  • Ir á cama máis ou menos á mesma hora todas as noites e poñer o espertador para a mesma hora todas as mañás. 
  • Camiñar ou facer un pouco exercicio cada día, pero nunca antes de ir para a cama. 
  • Pechar as cortinas e persianas para que a habitación esté o suficientemente escura para  conseguir durmir e tratar de manter tamén unha temperatura agradable. 
  • Evitar ver a televisión na cama e tamén comer ou ler se estamos nela. 
  • Durmir deitado de costas ou de lado e evitar durmir boca abaixo. 
  • Evitar durmir a sesta. Se nos atopamos cansados pola tarde é mellor saír camiñar que durmir, se o facemos non o conseguiremos pola noite. 
  • Evitar alimentos e bebidas que conteñan cafeína. Incluímos aquí, ademais do café, o té e o chocolate. Non beber nunca alcohol unha hora ou dúas antes de ir durmir. 
  • En xeral, evitar facer calquera actividade que estimule o corpo ou a mente antes de ir a durmir. Complicaranos moito a conciliación do sono. 
  • Empregar un ventilador ou un emisor de ruído branco para contrarrestar a molestia dos pitidos.
  • Establecer unha rutina diaria antes de ir para cama. Unha rutina que nos permita relaxarnos. 
  • Unha vez deitados, respirar profundamente e relaxarse. Sentir que os músculos se relaxan e pensar en cousas agradables. 

Se levadas a cabo estas rutinas aínda che segue resultando moi complicado conseguir durmir, o último que debes facer é permanecer na cama. Isto conducirate a unha situación de nerviosismo, estrés e angustia; polo que é mellor erguerse e realizar algunha actividade que nos permita relaxarnos

Noticias relacionadas

¿Que tipo de audífono é mellor para o oído? 2 Feb

¿Que tipo de audífono é mellor para o oído?

02/02/2026 Recomendacións
Seleccionar o audífono adecuado é unha decisión clave para mellorar a comprensión da fala, a calidade da audición e, en xeral, o benestar diario. Non todos os audífonos serven para todos os tipos de perda auditiva nin para todos os perfís de usuario. Por iso, é importante coñecer como funcionan,
Cal é a mellor idade para revisar a audición? 1 Xan

Cal é a mellor idade para revisar a audición?

01/01/2026 Recomendacións
A audición é un dos sentidos máis importantes para a comunicación e o desenvolvemento social, emocional e cognitivo. Con todo, a perda auditiva adoita evolucionar de forma silenciosa e progresiva, polo que moitas persoas non se decatan ata que xa avanzou. Realizar revisións auditivas periódicas é
Como elixir o audífono adecuado en OE+ Centros Auditivos 24 Feb

Como elixir o audífono adecuado en OE+ Centros Auditivos

24/02/2025 Recomendacións
Elixir o audífono adecuado é unha decisión clave para recuperar a túa audición e mellorar a túa calidade de vida. En OE+ Centros Auditivos, con sedes en Lalín, Cee e Ordes, ofrecemos asesoramento profesional e solucións personalizadas para cubrir as necesidades de cada paciente. Neste artigo,
Como os audífonos de OE+ Centros Auditivos poden facilitar unha vida socialmente activa e permitir o benestar e unha vida sana 17 Feb

Como os audífonos de OE+ Centros Auditivos poden facilitar unha vida socialmente activa e permitir o benestar e unha vida sana

17/02/2025 Recomendacións
No mundo actual, manter unha vida socialmente activa é fundamental para o noso benestar emocional e físico. Porén, para as persoas con perda auditiva, participar en conversacións, disfrutar de eventos sociais ou incluso manter relacións persoais pode converterse nun desafío. En OE+ Centros
  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • pel
  • Programa das persoas autónomas
  • Cartel