A diabetes pode duplicar as posibilidades de sufrir hipocausia

Publicado: 14 de novembro de 2021, 11:36
  1. Saúde
A diabetes pode duplicar as posibilidades de sufrir hipocausia

Cada 14 de novembro celébrase o Día Mundial da Diabetes, para tomar conciencia dunha enfermidade que afecta en todo o mundo a millóns de persoas. Ademais, a diabetes é unha patoloxía que ten unha incidencia importante sobre a audición. Así, o indica un estudo elaborado polo National Centre for Rehabilitative Auditory Research, que conclúe que as persoas qu padecen esta patoloxía teñen o dobre de posibilidades de padecer perda auditiva ou hipocausia (xordeira parcial).

Relación entre diabetes e a perda auditiva

O referido estudo demostra que existe unha correlación entre os niveis de glicosa en sangue e a perda auditiva como posible consecuencia. Segundo os datos desta investigación, a perda auditiva é dúas veces máis común nas persoas que teñen diabetes que nas persoas da mesma idade que non a teñen.

Mesmo nas persoas con prediabetes (niveis de azucre no sangue máis altos do normal, pero non o suficientemente altos aínda para ter diabetes tipo 2) as taxas de perda auditiva son 30 % máis altas que nas persoas con niveis de azucre normais.

Como afecta a diabetes ó oído?

A diabetes pode causar dano aos nervios, e entre estes, aos nervios dos oídos. Dunha banda, os niveis altos de azucre no sangue poden danar os vasos sanguíneos pequenos e os nervios do oído interno. Doutra banda, os niveis baixos poden danar a forma na que os sinais que envían os nervios do oído interno chegan ao cerebro. Ambos os tipos de dano poden causar perda auditiva ou hipocausia.

Sinais de que podes estar perdendo oído

A perda auditiva pode suceder lentamente, polo que moitas veces pode ser difícil de notar. De aí, a importancia das revisións periódicas. Moitas veces son os amigos e familiares os que notan esta perda auditiva antes que un mesmo.  

Os sinais de perda auditiva máis frecuentes son:

  • Dificultade para escoitar a voz das persoas que falan baixiño.
  • Pedirlles a miúdo aos demais que repitan o que dixeron.
  • Dificultade para seguir as conversacións con máis dunha persoa.
  • Problemas para escoitar en lugares ruidosos onde haxa moito bulicio.
  • Subir o volume da televisión ou da radio a un nivel moi alto.

Que podo facer se detecto perda auditiva?

Non se pode reverter a perda auditiva, pero podes aplicar algúns destes consellos para coidar a túa saúde auditiva.

  • Coida a túa dieta, revisa e controla os teus niveis de azucre no sangue.
  • Acude a revisión auditivas de forma periódica.
  • Evita outras posibles causas de perda auditiva, como estar exposto a ruídos fortes.
  • Consulta co teu médico se algún dos medicamentos que tomas pode ter efectos adversos no óido.

E por último, se che detectan que tes diabetes, recomendámosche que inclúas probas de audición todos os anos. 

Noticias relacionadas

Por que somos o que escoitamos? 15 Feb

Por que somos o que escoitamos?

15/02/2023 Saúde
“Es o que escoitas”. Seguro que tes escoitado isto máis dunha vez. Pero, por que? Dise que es o que escoitas porque a audición é un dos sentidos máis importantes que temos e afecta profundamente ao noso comportamento, personalidade e formación cognitiva e emocional. Os sons que percibimos ao longo
Por que perdemos audición ao envellecer? 21 Nov

Por que perdemos audición ao envellecer?

21/11/2022 Saúde
Hai moitos factores que poden contribuír á perda de audición relacionada coa idade. Pode ser difícil diferenciar a perda de audición relacionada coa idade da perda de audición que pode ocorrer por estar exposto ao ruído moito tempo. Co paso dos anos, o cerebro vólvese máis sensible aos ruídos e
Como coidar a saúde auditiva dos nenos? 15 Set

Como coidar a saúde auditiva dos nenos?

15/09/2022 Saúde
Oír ben é importante para poder falar ben. A perda de audición pode ter efectos tanto no desenvolvemento da lingua para poder comunicarse, como tamén á hora de aprender e relacionarse socialmente. Polo tanto, é importante facerlles revisións audiolóxicas aos nenos.  No noso centro de Ordes,
A función da cera nos oídos 8 Ago

A función da cera nos oídos

08/08/2022 Saúde
O conduto auditivo externo está revestido por folículos pilosos e por glándulas que producen un aceite ceroso denominado cerume. A cera case sempre se abre paso ata a abertura do oído, como causa do movemento da articulación da mandíbula inferior cando comemos, falamos, mastigamos... Isto, unido á

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.