16 Dec Como se relaciona a audición co equilibrio? 16/12/2020 Saúde Manter unha boa saúde auditiva é moi beneficioso para o organismo, non só para conservar en bo estado o noso sentido da audición, senón que tamén por moitas outras razóns coma por exemplo o sostemento do equilibrio. Como? Informando ó cerebro de que músculos debe mover para poder mantelo. Para explicar máis detalladamente este proceso faremos un pequeno resumo sobre as partes que compoñen o oído. Este divídese en tres zonas: o oído externo, o cal engloba o pavillón da orella e o canle auditivo... Ler máis
10 Dec Hábitos para manter unha boa saúde auditiva 10/12/2020 Recomendacións Estamos moi pendentes de non coller catarros, febres, de manter unha boa saúde visual e dental, queremos estar en forma para ter unhas mellores capacidades físicas etc. Pero, chagamos a pensar con tanta frecuencia e normalidade en como se atopan os nosos oídos? Coñecemos a importancia dunha boa saúde auditiva e sabemos que consecuencias poderíamos padecer no caso de descoidala? Neste artigo falaremos de como podemos coidar a nosa audición, costumes que deberiamos anotar para traballalas no día a... Ler máis
4 Dec Si, o consumo de alcohol tamén lle afecta á audición 04/12/2020 Recomendacións Beber alcohol de forma moderada e en determinadas ocasións é unha costume moi arraigada no noso estilo de vida. Aínda así, a maioría sabemos que un consumo excesivo pode traernos graves consecuencias como a adición ou outras de carácter máis fisiolóxico como dano hepático, presión arterial alta ou aumento de peso. Pero o que moitos non se imaxinan é que un consumo regular e excesivo de alcohol, ó igual que a adición ó tabaco, tamén lle pode afectar á nosa audición de diferentes maneiras, a maior... Ler máis
28 Nov Contaminación acústica: estámoslle dando a importancia que se merece? 28/11/2020 Social A contaminación dáse moitas veces de lado posto que non é un problema con consecuencias inminentes senón que se van palpando a longo prazo. Porén, como sigamos sen prestarlle a atención que se merece as súas consecuencias no medio ambiente, e polo tanto, na poboación, serán irreversibles. Pero non só nos referimos aquí á contaminación atmosférica, tamén á acústica. Segundo datos da Axencia Europea do Medio Ambiente (AEMA), o ruído da rúa causa ó ano 16.600 mortes prematuras e máis de 72.000 hosp... Ler máis
20 Nov Auriculares con cancelación de ruído: que son exactamente? 20/11/2020 Tecnoloxía Os auriculares, xa sexan con cable ou inalámbricos, de diadema ou de botón, son uns dos aparellos máis empregados a día de hoxe. A súa conexión ós smartphones fai que poidamos levar a música con nós en todo momento e a calquera lugar. Pero todo ten os seus inconvenientes e é que, un uso excesivo dos auriculares ou a escoita de música a niveis moi altos pode traernos graves problemas para a nosa saúde auditiva. E isto complícase un pouco máis se temos en conta que un dos grupos sociais que máis o... Ler máis
10 Nov Sabes que fumar lle afecta á túa audición? 10/11/2020 Recomendacións As persoas fumadoras teñen un 70% máis de probabilidades de padecer trastornos auditivos. Existen diferentes estudios que confirman que a exposición ó fume do tabaco lle afecta ó noso sentido auditivo, agudizándose os danos canto máis tempo nos expoñamos a el e canto maior sexa a súa intensidade. Desta maneira, esta doenza afecta tamén ós fumadores pasivos. Pero, cal é exactamente a relación entre unha cousa e outra? O noso corpo é unha máquina perfecta onde todas as partes que o compoñen están... Ler máis