Información básica sobre a lingua de signos

Publicado: 08 de xaneiro de 2021, 13:00
  1. Social
Información básica sobre a lingua de signos

A lingua de signos é a vía de comunicación a través de xestos que empregan as persoas con discapacidade auditiva ou complicacións na fala. Estas últimas soen estar asociadas a algún problema auditivo previo. En canto á súa lexislación, en España contamos ca Lei 27/2007, do 23 de outubro, pola que se recoñecen as linguas de signos españolas e se regulan os medios de apoio á comunicación oral das persoas xordas, con discapacidades auditivas ou xordocegas. Esta lei garante a asistencia dun intérprete de lingua de signos para situacións como acudir ó médico, trámites oficiais, xuízos etc. 

Esta lingua coñécese cas siglas LSE en España e consiste nun sistema de xestos e expresións visuais feitos a maioría deles cos dedos e cas mans. A lingua de signos a través dos xestos e da vista serve para facer posible a comunicación entre as persoas que presentan dificultades para comprender a linguaxe oral na cal a comunicación se realiza a través da voz e do oído. Os inicios do emprego deste sistema de comunicación datan do século XVII. No caso das persoas  con problemas de xordeira e de cegueira, os xestos adoitan ser táctiles, isto é, realizados na palma da man; o que recibe o nome de sistema dactilolóxico

En canto á universalidade da lingua de signos, non existe unha como tal, xa que cada país emprega unha lingua de signos rexida por normas propias. En España contamos ca lingua de signos española e tamén ca catalá.

Anos atrás, o coñecemento da lingua de signos pertencía a uns poucos pero na actualidade son cada vez máis as persoas que se interesan polo aprendizaxe desta lingua tan especial. Xa sexa por necesidade dado que algún coñecido ou familiar padece patoloxías auditivas, por respecto cara esas persoas cas que te poidas atopar e precisen desa vía de comunicación ou, tamén, por cuestións laborais. A figura do intérprete de signos está, afortunadamente, cada vez máis normalizada en diferentes contextos e pode ser unha moi boa saída laboral. 

Noticias relacionadas

Profesionais con perda auditiva 18 Xan

Profesionais con perda auditiva

18/01/2023 Social
A discapacidade auditiva pode presentar desafíos significativos no ámbito laboral. Sen embargo, coas ferramentas e os recursos axeitados, as persoas con discapacidade auditiva poden ter éxito nunha variedade de carreiras. Emprego para persoas con discapacidade auditiva Ter limitadas certas
Como se relacionan as depresións ca perda auditiva? 16 Ago

Como se relacionan as depresións ca perda auditiva?

16/08/2021 Social
Comunicarse cos demais e co entorno é unha das necesidades básicas do ser humano. Pensa nesas ocasións puntuais nas que non es capaz de comunicarte por non compartir idioma, por existir un ruído de fondo extremadamente alto ou por moitos outros motivos. É frustrante, verdade? Pois imaxínate que
O emprego de audífonos fai que melloren as nosas relacións sociais 5 Xul

O emprego de audífonos fai que melloren as nosas relacións sociais

05/07/2021 Social
O oído é un dos sentidos máis importantes do ser humano, aínda que non sempre lle prestemos a atención que merece. Non temos tan normalizadas ás visitas periódicas ós especialistas auditivos como si que as podemos ter ó/á dentista, por exemplo. Sen embargo, o seu coidado e revisión deberían ser
A saúde auditiva e o rendemento no traballo 28 Xuñ

A saúde auditiva e o rendemento no traballo

28/06/2021 Social
Á hora de relacionar a saúde auditiva co rendemento no noso posto de traballo son dúas as cuestións que teremos que abordar. Por unha banda o baixo rendemento asociado a unha doenza auditiva sen tratar e, por outro, aqueles danos que está sufrindo a nosa audición ó expoñela a ruídos continuados en

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.