Temas

Psicoacústica. Que estuda?

25/01/2021 · Ciencia

A psicoacústica é unha vertente da psicofísica que estuda a relación que existe entre o estímulo de carácter físico que provoca un son e a resposta de carácter psicolóxico de cada ser humano. Isto é, estuda a relación que se establece entre as propiedades físicas e obxectivas dun son e a interpretación que fai delas o cerebro a un nivel máis subxectivo. 

Cando se escoita un son, percíbense diferentes sensacións relacionadas con diversos aspectos. As máis comúns son as seguintes:

  1. Sensacións que permiten agrupar os sons en graves e agudos. Escóitanse os sons nas diferentes frecuencias comprendidas dentro do rango de audición e créase unha sensibilidade determinada a certas frecuencias.
  2. Sensacións de magnitude relacionadas ca forza, volume ou intensidade sonora. Aquí os oídos diferencian entre sons fortes ou débiles. O volume dun son non só depende da presión do mesmo, tamén da frecuencia. 
  3. Sensacións que permiten distinguir sons de diferentes fontes aínda que estean nun mesmo rango de frecuencia ou nunha mesma intensidade sonora. 

A psicoacústica é entón unha disciplina empírica, onde os resultados se extraen estatisticamente a través dos resultados concretos das probas realizadas a cada suxeito. Aquí, o deseño do experimento psicoacústico e as condicións nas que se vai a realizar son fundamentais para a extracción de resultados válidos. En canto ós procedementos técnicos máis comúns para levar a psicoacústica ó terreo son os seguintes:

  1. Método de axuste: o suxeito ten control sobre o estímulo. 
  2. Método de seguimento: o suxeito ten control sobre o estímulo, pero só da dirección.
  3. Estimación de magnitude: a cada estímulo asignáselle un número en función da magnitude. 
  4. Procedemento Si-Non: o suxeito debe informar ó audiólogo se considera que unha sinal sonora está ou non presente.
  5. Elección forzada dos intervalos: preséntanselle dous intervalos ó suxeito e ten que escoller se a sinal sonora procede dun ou doutro. 
  6. Procedementos adaptables: a sucesión de estímulos é escollida polo audiólogo e dependen das respostas que vaia dando o suxeito. 
  7. Comparación de pares de estímulos: consistente en detectar diferencias entre as dimensións de dous pares de estímulos. 

En Oemais tamén ofrecemos servizos de psicoacústica a través dos cales chegamos ó mellor rendemento en canto ó emprego de audífonos. Co noso equipo ACAM5 partimos dunha función normal establecida tras un promedio obtido a través de persoas normooíntes, e así lograr establecer, coa colaboración dos usuarios de audífonos, uns valores de ganancia/intensidade personalizados, lonxe das estimacións que poden obterse cos métodos máis clásicos. 

Acádase, en resumo, unha sonoridade “ó gusto” do cliente mantendo a comprensión da palabra. 

¡Compártelo!