A perda auditiva é un problema hereditario?

Publicado: 14 de febreiro de 2023, 16:39
  1. Ciencia
A perda auditiva é un problema hereditario?

A perda de audición pode ser causada por diversos factores modificables como a exposición a fortes ruídos en períodos longos ou curtos pero tamén a outros non modificables como a idade, pero tamén a xenética.

O papel da xenética

Algunhas perdas de audición si que son hereditarias e dependen das mutacións xenéticas. Os factores xenéticos fan que unhas persoas sexan máis propensas a padecer problemas auditivos que outras. Os seus xenes fanas máis vulnerables á perda de audición por envellecemento ou inducida por ruído, medicación ou infeccións. 

Dúas persoas coa mesma mutación xenética poden derivar en ter capacidades auditivas diferentes xa que, os mesmos xenes poden provocar diferentes tipos de alteracións auditivas e xenes diferentes producir o mesmo tipo de perda auditiva.

Tipos de xordeira hereditaria

Todos os xenes humanos están compostos por dúas copias transmitidas pola nai e polo pai, pero os pais non teñen porqué padecer xordeira para que os seus fillos a herden. Poden ser só portadores da mutación xenética.

A xordeira conxénita hereditaria é unha xordeira que se presenta ao nacer, pero os problemas auditivos con raíces xenéticas poden aparecer máis tarde. Hai estudos xenéticos que din que ao redor do 80% dos novos casos diagnosticados teñen base xenética.

Tamén se pode sufrir de hipoacusia ou outras afeccións como otosclerosis, que é un trastorno no que se forma un tecido anormal no óso que rodea o oído medio e dificulta a transmisión do son.

É importante destacar que, aínda que a xenética pode influír na aparición de trastornos da audición, moitos deles tamén están relacionados con outros factores como malas prácticas ou enfermidades. 

Polo tanto, como diciamos ao comezo, hai condicións que se poden modificar nas que podemos coidar o noso oído e a nosa audición a diario, para evitar que os problemas auditivos sexan maiores.

Noticias relacionadas

Terapias con ruído branco 2 Ago

Terapias con ruído branco

02/08/2021 Ciencia
Pode que moitos de vós non saibades en que consiste a terapia con ruído branco, aínda que está a coller cada vez máis fama. En resumidas contas, o ruído branco é un tipo de ruído que ten a capacidade de enmascarar o ruído ambiente. E isto pode ser bo para moitas cousas.  Pero, que é o ruído
Psicoacústica. Que estuda? 25 Xan

Psicoacústica. Que estuda?

25/01/2021 Ciencia
A psicoacústica é unha vertente da psicofísica que estuda a relación que existe entre o estímulo de carácter físico que provoca un son e a resposta de carácter psicolóxico de cada ser humano. Isto é, estuda a relación que se establece entre as propiedades físicas e obxectivas dun son e a
¿Que tipo de audífono é mellor para o oído? 2 Feb

¿Que tipo de audífono é mellor para o oído?

Fai 8 horas Recomendacións
Seleccionar o audífono adecuado é unha decisión clave para mellorar a comprensión da fala, a calidade da audición e, en xeral, o benestar diario. Non todos os audífonos serven para todos os tipos de perda auditiva nin para todos os perfís de usuario. Por iso, é importante coñecer como funcionan,
Cal é a mellor idade para revisar a audición? 1 Xan

Cal é a mellor idade para revisar a audición?

01/01/2026 Recomendacións
A audición é un dos sentidos máis importantes para a comunicación e o desenvolvemento social, emocional e cognitivo. Con todo, a perda auditiva adoita evolucionar de forma silenciosa e progresiva, polo que moitas persoas non se decatan ata que xa avanzou. Realizar revisións auditivas periódicas é
  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • pel
  • Programa das persoas autónomas
  • Cartel