4 Dec Si, o consumo de alcohol tamén lle afecta á audición 04/12/2020 Recomendacións Beber alcohol de forma moderada e en determinadas ocasións é unha costume moi arraigada no noso estilo de vida. Aínda así, a maioría sabemos que un consumo excesivo pode traernos graves consecuencias como a adición ou outras de carácter máis fisiolóxico como dano hepático, presión arterial alta ou aumento de peso. Pero o que moitos non se imaxinan é que un consumo regular e excesivo de alcohol, ó igual que a adición ó tabaco, tamén lle pode afectar á nosa audición de diferentes maneiras, a maior... Ler máis
28 Nov Contaminación acústica: estámoslle dando a importancia que se merece? 28/11/2020 Social A contaminación dáse moitas veces de lado posto que non é un problema con consecuencias inminentes senón que se van palpando a longo prazo. Porén, como sigamos sen prestarlle a atención que se merece as súas consecuencias no medio ambiente, e polo tanto, na poboación, serán irreversibles. Pero non só nos referimos aquí á contaminación atmosférica, tamén á acústica. Segundo datos da Axencia Europea do Medio Ambiente (AEMA), o ruído da rúa causa ó ano 16.600 mortes prematuras e máis de 72.000 hosp... Ler máis
20 Nov Auriculares con cancelación de ruído: que son exactamente? 20/11/2020 Tecnoloxía Os auriculares, xa sexan con cable ou inalámbricos, de diadema ou de botón, son uns dos aparellos máis empregados a día de hoxe. A súa conexión ós smartphones fai que poidamos levar a música con nós en todo momento e a calquera lugar. Pero todo ten os seus inconvenientes e é que, un uso excesivo dos auriculares ou a escoita de música a niveis moi altos pode traernos graves problemas para a nosa saúde auditiva. E isto complícase un pouco máis se temos en conta que un dos grupos sociais que máis o... Ler máis
10 Nov Sabes que fumar lle afecta á túa audición? 10/11/2020 Recomendacións As persoas fumadoras teñen un 70% máis de probabilidades de padecer trastornos auditivos. Existen diferentes estudios que confirman que a exposición ó fume do tabaco lle afecta ó noso sentido auditivo, agudizándose os danos canto máis tempo nos expoñamos a el e canto maior sexa a súa intensidade. Desta maneira, esta doenza afecta tamén ós fumadores pasivos. Pero, cal é exactamente a relación entre unha cousa e outra? O noso corpo é unha máquina perfecta onde todas as partes que o compoñen están... Ler máis
5 Nov O inexplicable que resulta que aínda existan estigmas sobre a perda de audición e o emprego de audífonos 05/11/2020 Social No mundo hai preto de 500 millóns de persoas que sofren problemas de audición. Porén, cando lle toca a unha acostuma a pensar que é das poucas ás que lle pasa. E isto fai que perciba esta dificultade cunhas dimensións que non se corresponden ca realidade. Incluso estas persoas se esquecen do máis importante e é que, de non tratar de arranxar o problema, isto afectará á súa calidade de vida e á forma de relacionarse cos demais, algo que, isto si, lles suporá moitas trabas e illamento. Son vario... Ler máis
28 Out Bastonciños: empregados de maneira xeneralizada pero nunca recomendados 28/10/2020 Recomendacións O primeiro erro que cometemos é asociar a presenza de cerume ca sucidade ou falta de hixiene. Pero isto non é así. O cerume é unha substancia natural que produce o noso corpo co obxectivo de protexer ó oído. Non podemos tratar de eliminala por completo posto que estariamos deixando os nosos oídos sen protección. Esta cera actúa como un auto-limpador para salvagardar os oídos da sucidade que lle poida chegar do exterior como por exemplo o polvo. Ademais, esta cera tamén xera hidratación ó longo d... Ler máis