Bastonciños: empregados de maneira xeneralizada pero nunca recomendados

Publicado: 28 de outubro de 2020, 17:00
  1. Recomendacións
Bastonciños: empregados de maneira xeneralizada pero nunca recomendados

O primeiro erro que cometemos é asociar a presenza de cerume ca sucidade ou falta de hixiene. Pero isto non é así. O cerume é unha substancia natural que produce o noso corpo co obxectivo de protexer ó oído. Non podemos tratar de eliminala por completo posto que estariamos deixando os nosos oídos sen protección. Esta cera actúa como un auto-limpador para salvagardar os oídos da sucidade que lle poida chegar do exterior como por exemplo o polvo. Ademais, esta cera tamén xera hidratación ó longo de todo o conduto. 

Esta falsa crenza de que a cera é sinónimo de falta de hixiene fai que moitas persoas se obcequen en loitar contra ela, derivando isto en prácticas daniñas para os oídos. A máis habitual é o emprego dos famosos bastonciños. Pero, por que son tan malos?

  • Non eliminan a cera, senón que a empuxan cara dentro do oído. Isto pode implicar graves problemas no tímpano ou no canal auditivo. Nos casos nos que os introducimos na parte máis interna poden chegar a causar infeccións, zumbidos, perdas auditivas, picores ou outro tipo de complicacións. 
  • Se os empregamos con moita frecuencia, podemos chegar a irritar o conduto auditivo e desembocar isto na compacticidade da cera.
  • A composición do propio bastonciño tamén é perigosa porque pode desprenderse del algún anaco de algodón e quedar atascado no canal auditivo. 

En definitiva, os bastonciños só deben empregarse para limpar o oído externo ou nin sequera, posto que unha vez que saímos da ducha, se limpamos o oído externo cunha toalla é suficiente. No caso de que se nos acumule unha cantidade excesiva de cera teremos que consultar ós especialistas para que nos indiquen que facer. 

Pero ademais, os bastonciños son tamén moi prexudiciais para o medio ambiente porque, ó igual que as toalliñas, impiden a correcta depuración da auga. Isto, sumado ás súas contraindicacións a nivel sanitario fixo que en moitos países xa se decretara ou se estea en vías de facelo, a súa prohibición.

 

 

 

 

Noticias relacionadas

¿Que tipo de audífono é mellor para o oído? 2 Feb

¿Que tipo de audífono é mellor para o oído?

02/02/2026 Recomendacións
Seleccionar o audífono adecuado é unha decisión clave para mellorar a comprensión da fala, a calidade da audición e, en xeral, o benestar diario. Non todos os audífonos serven para todos os tipos de perda auditiva nin para todos os perfís de usuario. Por iso, é importante coñecer como funcionan,
Cal é a mellor idade para revisar a audición? 1 Xan

Cal é a mellor idade para revisar a audición?

01/01/2026 Recomendacións
A audición é un dos sentidos máis importantes para a comunicación e o desenvolvemento social, emocional e cognitivo. Con todo, a perda auditiva adoita evolucionar de forma silenciosa e progresiva, polo que moitas persoas non se decatan ata que xa avanzou. Realizar revisións auditivas periódicas é
Como elixir o audífono adecuado en OE+ Centros Auditivos 24 Feb

Como elixir o audífono adecuado en OE+ Centros Auditivos

24/02/2025 Recomendacións
Elixir o audífono adecuado é unha decisión clave para recuperar a túa audición e mellorar a túa calidade de vida. En OE+ Centros Auditivos, con sedes en Lalín, Cee e Ordes, ofrecemos asesoramento profesional e solucións personalizadas para cubrir as necesidades de cada paciente. Neste artigo,
Como os audífonos de OE+ Centros Auditivos poden facilitar unha vida socialmente activa e permitir o benestar e unha vida sana 17 Feb

Como os audífonos de OE+ Centros Auditivos poden facilitar unha vida socialmente activa e permitir o benestar e unha vida sana

17/02/2025 Recomendacións
No mundo actual, manter unha vida socialmente activa é fundamental para o noso benestar emocional e físico. Porén, para as persoas con perda auditiva, participar en conversacións, disfrutar de eventos sociais ou incluso manter relacións persoais pode converterse nun desafío. En OE+ Centros
  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • pel
  • Programa das persoas autónomas
  • Cartel