16 Ago Como se relacionan as depresións ca perda auditiva? 16/08/2021 Social Comunicarse cos demais e co entorno é unha das necesidades básicas do ser humano. Pensa nesas ocasións puntuais nas que non es capaz de comunicarte por non compartir idioma, por existir un ruído de fondo extremadamente alto ou por moitos outros motivos. É frustrante, verdade? Pois imaxínate que padeces problemas auditivos sen tratar e que isto se volve unha constante. Por iso hai moitos estudos que confirman unha relación moi estreita entre a perda auditiva e os episodios de depresións ou certo... Ler máis
11 Ago Que fago se se me molla o audífono? 11/08/2021 Recomendacións Como calquera outro aparello electrónico, os audífonos non se poden mollar, pois corremos o risco de que deixen de funcionar para sempre. En moitas ocasións ocorrerá isto, que non o poidamos recuperar, pero existen algúns consellos para evitar que isto suceda. Aínda que, non nos enganemos, o compoñente da sorte tamén é moi importante. Contarémosvos a continuación, entón, que facer para intentar salvar un audífono que se nos mollou na piscina, na praia ou mesmo na ducha. Como intentar salvar un ... Ler máis
2 Ago Terapias con ruído branco 02/08/2021 Ciencia Pode que moitos de vós non saibades en que consiste a terapia con ruído branco, aínda que está a coller cada vez máis fama. En resumidas contas, o ruído branco é un tipo de ruído que ten a capacidade de enmascarar o ruído ambiente. E isto pode ser bo para moitas cousas. Pero, que é o ruído branco? É un ruído constante e monótono caracterizado por sumar todas as frecuencia que é capaz de captar o oído humano ca mesma amplitude ou potencia. Desta maneira, este ruído é capaz de enmascarar o son ... Ler máis
26 Xul Acudir a concertos pode danar a túa calidade auditiva 26/07/2021 Recomendacións Como xa temos comentado en moitas outras situacións, unha exposición prolongada a sons fortes pode dar lugar a acúfenos e diferentes tipos de perda auditiva. Isto ocorre tamén nos festivais e concertos, aínda que moitas veces non reparemos nisto. Seguro que coñeces o caso dalgún artista que tivo que retirarse dos escenarios ou que tivo que afrontar a súa carreira musical doutro xeito tras padecer problemas auditivos. Se non se che acorda ningún lembrámoschos: Eric Calpton, Ozzy Osbourne, Phill... Ler máis
19 Xul Como nos pode afectar o ruído xerado nas cidades 19/07/2021 Medio Ambiente Aínda que moitos de nós non sexamos conscientes ou non nos paremos a pensalo, se vivimos nunha cidade estámonos expoñendo diariamente a unha serie de sons que poden chegar a causarnos dano. Son sons que, a priori, non semellan intensos pero que, ó escoitalos de maneira continuada, pódense volver realmente nocivos. De feito, 3 de cada 4 persoas que viven nunha cidade padecen algún tipo de problema auditivo derivado disto. Pero, a que ruídos nos referimos exactamente? Tráfico, ocio, concertos, maq... Ler máis
5 Xul O emprego de audífonos fai que melloren as nosas relacións sociais 05/07/2021 Social O oído é un dos sentidos máis importantes do ser humano, aínda que non sempre lle prestemos a atención que merece. Non temos tan normalizadas ás visitas periódicas ós especialistas auditivos como si que as podemos ter ó/á dentista, por exemplo. Sen embargo, o seu coidado e revisión deberían ser hábitos imprescindibles, e é que a audición inflúe directamente nunha das capacidades máis importantes do ser humano: a comunicación. E non prestarlle atención fará que esta tamén se vexa prexudicada e qu... Ler máis