Acudir a concertos pode danar a túa calidade auditiva

Publicado: 26 de xullo de 2021, 20:15
  1. Recomendacións
Acudir a concertos pode danar a túa calidade auditiva

Como xa temos comentado en moitas outras situacións, unha exposición prolongada a sons fortes pode dar lugar a acúfenos e diferentes tipos de perda auditiva. Isto ocorre tamén nos festivais e concertos, aínda que moitas veces non reparemos nisto. 

Seguro que coñeces o caso dalgún artista que tivo que retirarse dos escenarios ou que tivo que afrontar a súa carreira musical doutro xeito tras padecer problemas auditivos. Se non se che acorda ningún lembrámoschos: Eric Calpton, Ozzy Osbourne, Phill Collins, Barbra Streisand ou Chris Martin, vocalista de Coldplay. Pero non só os que están sobre o escenario se expoñen a estas doenzas, os que estamos abaixo tamén. Por iso cómpre ter moi en conta as seguintes recomendacións. 

Consellos para vivir un concerto dunha forma máis sa e responsable

  1. Ten moito coidado á hora de escoller a ubicación. Canto máis preto te atopes dos altofalantes máis sufrirán os teus oídos. Por iso é esencial manter unha distancia prudente respecto ós altofalantes; ademais, escoitaremos mellor os sons e desfrutaremos máis do concerto.
  2. Se podes, emprega tapóns. Pensarás que isto fará que escoites de forma diferente a música. Si, por suposto, pero non peor. O volume dos equipos de son é sempre excesivamente alto, polo que uns tapóns non nos impedirán que escoitemos ben, tan só actuarán como amortiguadores dos sons para que non resulten prexudiciais para a nosa saúde.
  3. Busca momentos nos que deixes descansar ós teus oídos. Cando xa leves un bo anaco desfrutando da música, afástate uns minutos dela para permitir que os teus oídos se relaxen e collan máis enerxía.
  4. Moi importante: se xa padeces acúfenos terás que acudir xunto ó/á teu/túa especialista para que che aconselle a mellor forma de desfrutar dun concerto sen que isto interfira na túa saúde auditiva. 

Noticias relacionadas

Audífonos para nenos: todo o que debes saber. 1 Mai

Audífonos para nenos: todo o que debes saber.

01/05/2026 Recomendacións
Audífonos para nenos: todo o que debes saber. Por que é importante que os nenos usen audífonos adecuados? A audición é un dos sentidos máis importantes no desenvolvemento infantil. Unha boa capacidade auditiva permite que o neno aprenda a falar correctamente, interactúe co seu entorno e progrese
Como mellorar a audición: Guía definitiva de saúde auditiva e solucións modernas 1 Abr

Como mellorar a audición: Guía definitiva de saúde auditiva e solucións modernas

01/04/2026 Recomendacións
Como mellorar a audición: Guía definitiva de saúde auditiva e solucións modernas Sentes que o mundo soa "con néboa"? Cústache seguir o fío nas ceas familiares ou semellas estar sempre pedindo que te repitan as cousas? Se buscaches como mellorar a audición, probablemente te atopes con solucións
¿Que tipo de audífono é mellor para o oído? 2 Feb

¿Que tipo de audífono é mellor para o oído?

02/02/2026 Recomendacións
Seleccionar o audífono adecuado é unha decisión clave para mellorar a comprensión da fala, a calidade da audición e, en xeral, o benestar diario. Non todos os audífonos serven para todos os tipos de perda auditiva nin para todos os perfís de usuario. Por iso, é importante coñecer como funcionan,
Cal é a mellor idade para revisar a audición? 1 Xan

Cal é a mellor idade para revisar a audición?

01/01/2026 Recomendacións
A audición é un dos sentidos máis importantes para a comunicación e o desenvolvemento social, emocional e cognitivo. Con todo, a perda auditiva adoita evolucionar de forma silenciosa e progresiva, polo que moitas persoas non se decatan ata que xa avanzou. Realizar revisións auditivas periódicas é
  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • pel
  • Programa das persoas autónomas
  • Cartel