Que fago se se me molla o audífono?

Publicado: 11 de agosto de 2021, 15:45
  1. Recomendacións
Que fago se se me molla o audífono?

Como calquera outro aparello electrónico, os audífonos non se poden mollar, pois corremos o risco de que deixen de funcionar para sempre. En moitas ocasións ocorrerá isto, que non o poidamos recuperar, pero existen algúns consellos para evitar que isto suceda. Aínda que, non nos enganemos, o compoñente da sorte tamén é moi importante. Contarémosvos a continuación, entón, que facer para intentar salvar un audífono que se nos mollou na piscina, na praia ou mesmo na ducha.

Como intentar salvar un audífono que foi mollado?

  • O primeiro e máis importante é apagar o dispositivo se aínda continúa prendido. Tan pronto nos decatemos de que o noso audífono foi alcanzado pola auga, deberemos secar ben as mans, retiralo do oído e apagalo. O que estamos facendo así é evitar que entre máis humidade no interior do aparello.
  • Logo quitarémoslle a pila. Teremos que extraer a pila e secala de forma coidadosa cun pano ou cunha toalla. Probablemente non sexamos capaces de salvar a pila, polo que teremos que mercar outra.
  • Axitar o audífono. Isto farémolo para extraer os restos de auga que queden dentro do audífono. É moi importante facelo, iso si, co compartimento da pila aberto.
  • Empregar un deshumidificador. Colocaremos oa audífonos preto dun deshumidificador para que este actúe sobre a humidade dos audífonos. Ademais, este aparello tamén serve para eliminar os olores e bacterias destes aparellos.
  • Non poderemos empregar os audífonos por 24h. Así darémoslle tempo a que se sequen.
  • Contacta co teu audiólogo ou audióloga. Él ou ela informarante do verdadeiro estado do teu audífono e aconsellarante sobre a súa reparación no caso de ser necesario.

Auga doce ou salgada?

É moito máis probable salvar un audífono que foi mollado por auga doce que por auga salgada. O motivo é que o sal actúa de forma corrosiva, danando aínda máis o audífono. Por iso, se o teu audífono foi humedecido por auga salgada, é recomendable enxaugalo con auga doce antes de aplicar as técnicas de secado que vimos de enumerar.  

Noticias relacionadas

Revisión auditiva completa: en que consiste, que probas se realizan e onde facela en Galicia 1 Nov

Revisión auditiva completa: en que consiste, que probas se realizan e onde facela en Galicia

A perda de audición adoita desenvolverse de forma lenta e progresiva, polo que moitas persoas tardan anos en decatarse de que deixaron de percibir certos sons da súa contorna ou de que lles custa seguir conversas en lugares concorridos. Facer unha revisión auditiva periódica é o primeiro paso para
Audífonos para nenos: todo o que debes saber. 1 Mai

Audífonos para nenos: todo o que debes saber.

01/05/2026 Recomendacións
Audífonos para nenos: todo o que debes saber. Por que é importante que os nenos usen audífonos adecuados? A audición é un dos sentidos máis importantes no desenvolvemento infantil. Unha boa capacidade auditiva permite que o neno aprenda a falar correctamente, interactúe co seu entorno e progrese
Como mellorar a audición: Guía definitiva de saúde auditiva e solucións modernas 1 Abr

Como mellorar a audición: Guía definitiva de saúde auditiva e solucións modernas

01/04/2026 Recomendacións
Como mellorar a audición: Guía definitiva de saúde auditiva e solucións modernas Sentes que o mundo soa "con néboa"? Cústache seguir o fío nas ceas familiares ou semellas estar sempre pedindo que te repitan as cousas? Se buscaches como mellorar a audición, probablemente te atopes con solucións
¿Que tipo de audífono é mellor para o oído? 2 Feb

¿Que tipo de audífono é mellor para o oído?

02/02/2026 Recomendacións
Seleccionar o audífono adecuado é unha decisión clave para mellorar a comprensión da fala, a calidade da audición e, en xeral, o benestar diario. Non todos os audífonos serven para todos os tipos de perda auditiva nin para todos os perfís de usuario. Por iso, é importante coñecer como funcionan,
  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • Cartel