26 Xul Acudir a concertos pode danar a túa calidade auditiva 26/07/2021 Recomendacións Como xa temos comentado en moitas outras situacións, unha exposición prolongada a sons fortes pode dar lugar a acúfenos e diferentes tipos de perda auditiva. Isto ocorre tamén nos festivais e concertos, aínda que moitas veces non reparemos nisto. Seguro que coñeces o caso dalgún artista que tivo que retirarse dos escenarios ou que tivo que afrontar a súa carreira musical doutro xeito tras padecer problemas auditivos. Se non se che acorda ningún lembrámoschos: Eric Calpton, Ozzy Osbourne, Phill... Ler máis
19 Xul Como nos pode afectar o ruído xerado nas cidades 19/07/2021 Medio Ambiente Aínda que moitos de nós non sexamos conscientes ou non nos paremos a pensalo, se vivimos nunha cidade estámonos expoñendo diariamente a unha serie de sons que poden chegar a causarnos dano. Son sons que, a priori, non semellan intensos pero que, ó escoitalos de maneira continuada, pódense volver realmente nocivos. De feito, 3 de cada 4 persoas que viven nunha cidade padecen algún tipo de problema auditivo derivado disto. Pero, a que ruídos nos referimos exactamente? Tráfico, ocio, concertos, maq... Ler máis
5 Xul O emprego de audífonos fai que melloren as nosas relacións sociais 05/07/2021 Social O oído é un dos sentidos máis importantes do ser humano, aínda que non sempre lle prestemos a atención que merece. Non temos tan normalizadas ás visitas periódicas ós especialistas auditivos como si que as podemos ter ó/á dentista, por exemplo. Sen embargo, o seu coidado e revisión deberían ser hábitos imprescindibles, e é que a audición inflúe directamente nunha das capacidades máis importantes do ser humano: a comunicación. E non prestarlle atención fará que esta tamén se vexa prexudicada e qu... Ler máis
28 Xuñ A saúde auditiva e o rendemento no traballo 28/06/2021 Social Á hora de relacionar a saúde auditiva co rendemento no noso posto de traballo son dúas as cuestións que teremos que abordar. Por unha banda o baixo rendemento asociado a unha doenza auditiva sen tratar e, por outro, aqueles danos que está sufrindo a nosa audición ó expoñela a ruídos continuados en determinados traballos. Non empregar audífonos no caso de necesitalos reduce o rendemento laboral Sobre isto fala un importante estudo da revista Frontiers in Psychology, onde se asegura que o empre... Ler máis
23 Xuñ Diferenzas entre xordeira prelocutiva e postlocutiva 23/06/2021 Saúde No momento no que aparecen problemas auditivos, as relacións cos demais e co entorno empezan a mudar e a facerse máis complexas. Hai varias formas de clasificar os problemas auditivos, unha delas é en función de se aparecen antes ou despois de adquirir a linguaxe. Neste caso falariamos respectivamente de xordeira prelocutiva e xordeira postlocutiva. Xordeira prelocutiva: causas e tratamento A xordeira prelocutiva é aquela que se presenta antes de o neno ou nena comece a falar. Pode desenvolve... Ler máis
16 Xuñ Que facer se padecemos tinnitus e non damos durmido 16/06/2021 Recomendacións O tinnitus é unha molestia auditiva que consiste na escoita continuada dun son similar a un zumbido ou a un pititdo, sen que exista un elemento real que os produza. O tinnitus, tamén coñecido como acúfenos, soe vir xerado por unha afección subxacente como a perda auditiva relacionada ca idade, unha lesión no oído ou un trastorno do aparello circulatorio. Moitas persoas din que notan melloría en canto ó padecemento de tinnitus cando a notan tamén nesas molestias previas; outras empregan outros si... Ler máis