Como se relaciona o deporte ca audición?

Publicado: 08 de abril de 2021, 16:30
  1. Recomendacións
Como se relaciona o deporte ca audición?

Non é nada novo afirmar que o exercicio físico beneficia enormemente a nosa saúde. Practicar deporte fainos estar activos e iso mellora o funcionamento de todas as nosas funcións corporais. Isto, acompañado de bos hábitos de vida, dunha boa alimentación e de coidar moito os excesos, resulta clave para manter o noso corpo en bo estado. É a base, por así dicir, para que todo funcione ben; máis alá de calquera achaque de saúde que poidamos sufrir por outras causas inevitables. 

E como calquera outro sistema, o auditivo tamén se ve beneficiado ou prexudicado en función do bo estado no que nos atopemos fisicamente. 

Que problemas auditivos podemos padecer se non adoitamos realizar deporte?

A Universidade de Columbia (EEUU) confirmou unha relación directa entre a obesidade en adolescentes e a perda de audición. Pero non só ese, son máis os estudos que identifican o sobrepeso como un importante factor de risco para a perda auditiva. 

Este mesmo estudo da Universidade de Columbia recoñece, ademais, que o exercicio físico actúa de forma preventiva mellorando a tonificación muscular, as capacidades respiratorias e circulatorias e como terapia contra a ansiedade. E precisamente cando falamos do aparello circulatorio estámonos a referir de forma directa á audición, posto que a diminución da capacidade auditiva se presenta como unha das primeiras consecuencias dos fallos de circulación. 

A gran inxesta de graxas tamén se presenta como outro dos desencadeantes de problemas auditivos. Os altos niveis de colesterol e triglicéridos en sangue poden ocasionar problemas nos oídos. Unha correcta rutina de deporte axudaranos a reducir estes niveis e mellorar así a nosa capacidade auditiva.

Danos que as malas prácticas deportivas poden causar na nosa audición

Falamos de como a práctica de deporte lle beneficia á saúde auditiva pero tamén debemos ter en conta algunhas malas prácticas que poden danar a nosa audición se non temos coidado mentres facemos exercicio. 

Se saímos a correr ou andar en bici, ou mesmo se imos ó ximnasio e empregamos auriculares para escoitar música, temos que ter moito coidado co volume. Escoitala a niveis moi altos durante longos períodos de tempo pode danar a nosa audición e provocar problemas auditivos a curto prazo. Moitos deles incluso poden chegar a ser permanentes. O recomendable se somos usuarios frecuentes de auriculares é que o volume da música non supere os 85 db. 

Se citamos agora os deportes acuáticos, tales como a natación, surf, piragüismo, waterpolo... temos que ter moi en conta para a súa práctica o emprego de tapóns protectores. Son tapóns a medida que evitan que a auga entre no conduto auditivo. Nestes deportes os oídos están expostos de forma continua á auga e, de non protexelos, pódense ver afectados pola humidade e desembocar en infeccións ou otites. 

Nos deportes nos que nos expoñemos a golpes como poden ser o fútbol americano ou o hockey, é moi importante protexer a nosa cabeza cun casco, para protexer tamén así os nosos oídos de posibles golpes de outros/as xogadores/as. 

Por último, os cambios de altitude aféctanlle tamén á saúde dos nosos oídos. Témolo que ter en conta se practicamos deportes ó aire libre como a escalada ou o esquí. Os cambios de presión poden taponar os oídos e facernos perder a audición de forma momentánea.

Noticias relacionadas

Revisión auditiva completa: en que consiste, que probas se realizan e onde facela en Galicia 1 Nov

Revisión auditiva completa: en que consiste, que probas se realizan e onde facela en Galicia

01/11/2026 Recomendacións
A perda de audición adoita desenvolverse de forma lenta e progresiva, polo que moitas persoas tardan anos en decatarse de que deixaron de percibir certos sons da súa contorna ou de que lles custa seguir conversas en lugares concorridos. Facer unha revisión auditiva periódica é o primeiro paso para
Audífonos para nenos: todo o que debes saber. 1 Mai

Audífonos para nenos: todo o que debes saber.

01/05/2026 Recomendacións
Audífonos para nenos: todo o que debes saber. Por que é importante que os nenos usen audífonos adecuados? A audición é un dos sentidos máis importantes no desenvolvemento infantil. Unha boa capacidade auditiva permite que o neno aprenda a falar correctamente, interactúe co seu entorno e progrese
Como mellorar a audición: Guía definitiva de saúde auditiva e solucións modernas 1 Abr

Como mellorar a audición: Guía definitiva de saúde auditiva e solucións modernas

01/04/2026 Recomendacións
Como mellorar a audición: Guía definitiva de saúde auditiva e solucións modernas Sentes que o mundo soa "con néboa"? Cústache seguir o fío nas ceas familiares ou semellas estar sempre pedindo que te repitan as cousas? Se buscaches como mellorar a audición, probablemente te atopes con solucións
¿Que tipo de audífono é mellor para o oído? 2 Feb

¿Que tipo de audífono é mellor para o oído?

02/02/2026 Recomendacións
Seleccionar o audífono adecuado é unha decisión clave para mellorar a comprensión da fala, a calidade da audición e, en xeral, o benestar diario. Non todos os audífonos serven para todos os tipos de perda auditiva nin para todos os perfís de usuario. Por iso, é importante coñecer como funcionan,
  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • Cartel