Por que se nos poñen as orellas vermellas?

Publicado: 25 de agosto de 2021, 17:10
  1. Saúde
Por que se nos poñen as orellas vermellas?

É moi habitual coincidir con persoas que teñen as orellas vermellas ou incluso nos pode ocorrer a nós mesmos. Antes ca nada, debemos diferenciar entre dous tipos de situacións: aquelas nas que se poñen vermellas debido a unha situación social determinada e aquelas nas que se produce como consecuencia doutro tipo de molestia ou doenza.

Entón, cal é o verdadeiro motivo de que se nos poñan vermellas as orellas?

Débese a que os vasos sanguíneos se dilatan e aumenta o fluxo de sangue que circula pola orella. Por iso se poñen vermellas, do mesmo xeito que ocorre cas meixelas. Pero, cales son exactamente as causas?

  1. Infeccións de oído. Cando padecemos otite, un dos síntomas máis habituais é que as nosas orellas se poñan vermellas.
  2. Sufrir un golpe no oído externo. En este caso sentiremos como a zona se nos inflama.
  3. Tamén pode ocorrer cando recibimos a picadura dun insecto ou amosamos unha reacción a algo que nos dá alerxia.
  4. Afeccións inflamatorias, eccemas ou psoríase poden aparecer tamén no oído externo e no canle auditivo.
  5. Alerxias como a urticaria ou infeccións bacterianas.
  6. Queimaduras solares debido á exposición continuada ó sol. É moi importante protexer a zona cando tomamos o sol. No caso de non facelo, se sentimos molestias debemos aplicar aloe vera para calmar a inflamación.
  7. Desequilibrios hormonais. Os cambios hormonais relacionados ca tiroides, glándulas suprarrenais e outros como a menopausa ou o embarazo.
  8. Estrés e ansiedade.
  9. Cambios bruscos na temperatura. Se expoñemos as nosas orellas ó sol, o noso corpo responde ca vasodilatación e refléxase no aspecto das orellas. Se as expoñemos ó frío, a vasodilatación será inducida e notaremos como arden. No caso de temperaturas extremadamente frías, o noso corpo reaccionará quentando as nosas orella para evitar a conxelación.
  10. Situacións emocionais: ataques de ira, nervios e enfados; situacións nas que sentimos vergoña ou que nos resultan embarazosas; emocións intensas ou concentración máxima.

Cal é o tratamento?

Afortunadamente, son molestias que soen durar pouco tempo, entre uns minutos e unhas horas; polo que soe ser suficiente con aplicar frío na zona afectada para calmar a molestia. Se consideras que os síntomas, a inflamación e a dor permanecen , non dubides en consultar ó/á teu/túa especialista para que che receite algún medicamento no caso de consideralo necesario.

Noticias relacionadas

Por que somos o que escoitamos? 15 Feb

Por que somos o que escoitamos?

15/02/2023 Saúde
“Es o que escoitas”. Seguro que tes escoitado isto máis dunha vez. Pero, por que? Dise que es o que escoitas porque a audición é un dos sentidos máis importantes que temos e afecta profundamente ao noso comportamento, personalidade e formación cognitiva e emocional. Os sons que percibimos ao longo
Por que perdemos audición ao envellecer? 21 Nov

Por que perdemos audición ao envellecer?

21/11/2022 Saúde
Hai moitos factores que poden contribuír á perda de audición relacionada coa idade. Pode ser difícil diferenciar a perda de audición relacionada coa idade da perda de audición que pode ocorrer por estar exposto ao ruído moito tempo. Co paso dos anos, o cerebro vólvese máis sensible aos ruídos e
Como coidar a saúde auditiva dos nenos? 15 Set

Como coidar a saúde auditiva dos nenos?

15/09/2022 Saúde
Oír ben é importante para poder falar ben. A perda de audición pode ter efectos tanto no desenvolvemento da lingua para poder comunicarse, como tamén á hora de aprender e relacionarse socialmente. Polo tanto, é importante facerlles revisións audiolóxicas aos nenos.  No noso centro de Ordes,
A función da cera nos oídos 8 Ago

A función da cera nos oídos

08/08/2022 Saúde
O conduto auditivo externo está revestido por folículos pilosos e por glándulas que producen un aceite ceroso denominado cerume. A cera case sempre se abre paso ata a abertura do oído, como causa do movemento da articulación da mandíbula inferior cando comemos, falamos, mastigamos... Isto, unido á

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.