Poden a humidade e o frío deteriorar o teu audífono?

Publicado: 09 de outubro de 2021, 22:47
  1. Recomendacións
Poden a humidade e o frío deteriorar o teu audífono?

A chegada do outono e posteriormente o inverno implica unha baixada das temperaturas acompañada dun aumento da humidade. E estas son condicións que lle poden afectar tamén ó correcto funcionamento dos nosos audífonos. Lembrade que estes aparellos, dependendo do caso, poden ser arranxados pero se o dano é moi profundo, pode resultar un pouco máis caro. Por iso vos traemos unha serie de consellos para que coidedes da forma correcta os vosos audífonos nos seguintes meses.

Pero, antes de nada, que partes do audífono se poden ver máis afectadas?

A parte que máis pode sufrir a chegada do frío son as baterías. Os cambios bruscos de temperatura nesta época do ano e os grandes contrastes entre os ambientes climatizados no interior e o exterior incrementan o nivel de humidade que pode danar os circuítos e compoñentes das baterías. 

Pero a humidade e o frío tamén lle poden afectar a outras partes como o micrófono ou o receptor. O problema é que neste caso os danos soen ser bastante complicados de identificar e, cando se fai, xa é demasiado tarde e o audífono precisa ser substituído. Ademais, un contacto continuo con climas húmidos tamén pode derivar na corrosión do aparello. 

Pois ben, aínda que estes danos soen pasar desapercibidos, si que existen certas sinais que te poden alertar sobre un problema ca humidade:

  • O audífono córtase durante os ruídos fortes.
  • O son desvanécese ou vai e ven continuamente.
  • Os sons escóitanse distorsionados e non son nítidos. 

Como podemos coidar os nosos audífonos nos meses fríos?

A continuación dámosvos uns consellos para coidar os audífonos en inverno e para evitar que, se sofren algún dano, rematen por deteriorarse de todo:

  1. Se algunha parte do audífono, como a batería, vemos que está corroída e que presenta unha sustancia esbrancuxada, o máis axeitado é desbotar esa e adquirir unha nova.
  2. Para evitar a corrosión dos conectores, débense limpar frecuentemente cun pano seco para eliminar a humidade.
  3. Debemos poñer moita atención na parte do audífono que se introduce no conduto auditivo e comprobar que non se atopa obstruída por ningunha sustancia.
  4. Coma sempre, se non sabes exactamente que lle ocorre ó teu aparello, acude a un especialista para detectar o fallo a tempo e evitar que se deteriore por completo. 

Noticias relacionadas

Como mellorar a audición: Guía definitiva de saúde auditiva e solucións modernas 1 Abr

Como mellorar a audición: Guía definitiva de saúde auditiva e solucións modernas

01/04/2026 Recomendacións
Sentes que o mundo soa "con néboa"? Cústache seguir o fío nas ceas familiares ou semellas estar sempre pedindo que te repitan as cousas? Se buscaches como mellorar a audición, probablemente te atopes con solucións máxicas ou remedios caseiros que non sempre funcionan. En OE+ Centros Auditivos,
¿Que tipo de audífono é mellor para o oído? 2 Feb

¿Que tipo de audífono é mellor para o oído?

02/02/2026 Recomendacións
Seleccionar o audífono adecuado é unha decisión clave para mellorar a comprensión da fala, a calidade da audición e, en xeral, o benestar diario. Non todos os audífonos serven para todos os tipos de perda auditiva nin para todos os perfís de usuario. Por iso, é importante coñecer como funcionan,
Cal é a mellor idade para revisar a audición? 1 Xan

Cal é a mellor idade para revisar a audición?

01/01/2026 Recomendacións
A audición é un dos sentidos máis importantes para a comunicación e o desenvolvemento social, emocional e cognitivo. Con todo, a perda auditiva adoita evolucionar de forma silenciosa e progresiva, polo que moitas persoas non se decatan ata que xa avanzou. Realizar revisións auditivas periódicas é
Como elixir o audífono adecuado en OE+ Centros Auditivos 24 Feb

Como elixir o audífono adecuado en OE+ Centros Auditivos

24/02/2025 Recomendacións
Elixir o audífono adecuado é unha decisión clave para recuperar a túa audición e mellorar a túa calidade de vida. En OE+ Centros Auditivos, con sedes en Lalín, Cee e Ordes, ofrecemos asesoramento profesional e solucións personalizadas para cubrir as necesidades de cada paciente. Neste artigo,
  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • pel
  • Programa das persoas autónomas
  • Cartel