15 Set Como coidar a saúde auditiva dos nenos? 15/09/2022 Saúde Oír ben é importante para poder falar ben. A perda de audición pode ter efectos tanto no desenvolvemento da lingua para poder comunicarse, como tamén á hora de aprender e relacionarse socialmente. Polo tanto, é importante facerlles revisións audiolóxicas aos nenos. No noso centro de Ordes, autorizado pola Consellería de Sanidade para a audioloxía pediátrica, Marlene Rodríguez é a encargada de realizar revisións e adaptacións para cativos e cativas menores de 10 anos. Que probas se lles fan a... Ler máis
8 Ago A función da cera nos oídos 08/08/2022 Saúde O conduto auditivo externo está revestido por folículos pilosos e por glándulas que producen un aceite ceroso denominado cerume. A cera case sempre se abre paso ata a abertura do oído, como causa do movemento da articulación da mandíbula inferior cando comemos, falamos, mastigamos... Isto, unido á lixeira inclinación que ten a nosa canle auditiva, consegue un efecto de “autolimpeza” do que non se é consciente e que mantén a canle auditiva despexada. Pero, nalgunhas persoas, as glándulas produc... Ler máis
2 Ago Consellos para convivir con persoas con problemas auditivos 02/08/2022 Recomendacións Cando unha persoa sofre perda auditiva, os seus familiares e achegados teñen un papel moi importante para conseguir unha boa comunicación con ela para evitar malentendidos, mellorar a convivencia e as relacións sociais en xeral. Como axudar a unha persoa con perda auditiva Sobre todo, tendo paciencia e poñéndose no seu lugar. Hai que recomendarlles revisar a audición, animalos a probar unha adaptación con audífonos e seguir os consellos do centro auditivo. Se xa teñen audífonos, recordarlles... Ler máis
6 Xul De festival cos nenos. Como protexer os seus oídos? 06/07/2022 Recomendacións Verbenas, concertos e festivais supoñen un risco para a saúde auditiva. Escoitar música cun elevado volumen durante un longo periodo de tempo pode provocar danos irreparables como pode ser acúfenos, pérdida de audición ou hipoacusia. Protexer os oídos en situacións laborais moi ruidosas e nocivas para a saúde ten unha maior concienciación, pero en situacións lúdicas esquecémonos e non se ten en conta. Un risco moi perigoso sobre todo en bebés, nenos pequenos e adolescentes. Do mesmo xeito que... Ler máis
23 Xuñ Motivos polos que usar tapóns para oído cando nadas 23/06/2022 Saúde Do mesmo xeito que estiras os músculos para evitar lesións ou que usas lentes de natación para ter unha visibilidade mellor e evitar que se irriten os ollos, tamén debes preocuparte pola túa saúde auditiva cando nadas. Os tapóns de oído para natación son unha solución moi práctica e sinxela coa que podes coidar os teus oídos, previndo a aparición de posibles infeccións ou enfermidades como a otite a curto, medio oun longo prazo. Pero ademais, usar tapóns cando nadas ou practicas outros depor... Ler máis
7 Xuñ Solucións auditivas para profesionais: In Ear Monitor (IEM) 07/06/2022 Tecnoloxía Tradicionalmente o uso de “chivatos” nos escenarios facilitaban que os músicos e cantantes puidesen escoitarse a si mesmos durante unha actuación. O ruído que ás veces pode contaminar ditas actuacións (público, vento…) facía necesario o aumento da potencia no son emitido por eses monitores ou "chivatos" situados no chan, ate o punto de chegar a prexudicar o oído do artista. O In Ear Monitor, son dispositivos usados por músicos, enxeñeiros de son e amantes do bo son que transmiten a música e son... Ler máis