Diferenzas entre xordeira prelocutiva e postlocutiva

Publicado: 23 de xuño de 2021, 11:00
  1. Saúde
Diferenzas entre xordeira prelocutiva e postlocutiva

No momento no que aparecen problemas auditivos, as relacións cos demais e co entorno empezan a mudar e a facerse máis complexas. Hai varias formas de clasificar os problemas auditivos, unha delas é en función de se aparecen antes ou despois de adquirir a linguaxe. Neste caso falariamos respectivamente de xordeira prelocutiva e xordeira postlocutiva. 

Xordeira prelocutiva: causas e tratamento

A xordeira prelocutiva é aquela que se presenta antes de o neno ou nena comece a falar. Pode desenvolverse entre os 0 e 3 anos e pode estar relacionada con problemas auditivos severos ou profundos. Neste caso esta tipoloxía de hipoacusia pode afectarlle negativamente ó desenvolvemento das capacidades comunicativas, polo que contactar cun profesional canto antes é esencial. 

As causas deste tipo de xordeira poden ser de orixe xenético ou conxénito. Diferentes doenzas da nai durante o embarazo poden desembocar en complicacións deste tipo, como por exemplo a rubéola materna. Ademais, no momento do parto e ata os 28 días de vida poden xurdir complicacións como a otite, meninxite ou prematuridade.

O tratamento máis usado nestes casos soe ser o implante coclear, o cal, se se coloca a unha idade temperá (entre 1 e 3 anos) pode darnos un moi bo prognóstico. Se os implantes se colocan entre os 4 e 7 anos, a evolución dos/as nenos/as dependerá do programa educativo que recibían anteriormente co obxectivo de mellorar as súas capacidades comunicativas (se recibía estimulacións temperás, se tiña consciencia da emisión de sons ou se tiña xa coñecemento das estruturas lingüísticas). No caso de que os implantes se coloquen despois dos 7 anos e que aínda non fose adquirido a linguaxe serán necesarios apoios visuais para que a intelixibilidade e claridade da voz vaian mellorando pouco a pouco. 

Xordeira postlocutiva: causas e tratamento

Pola contra, a xordeira postlocutiva aparece unha vez adquirido o linguaxe. Pode darse en calquera momento da vida e isto non tería porque afectarlle ás habilidades expresivas e da linguaxe. Cando falamos de nenos e nenas, o que si que pode pasar é que se produzan alteracións na voz ou no volume da fala, polo que é moi importante que pase o menor tempo posible entre o diagnóstico e a busca da solución. Así, a nena ou neno poderá continuar ca súa evolución normal das capacidades comunicativas. En canto á aparición da xordeira postlocutiva, pode darse de maneira gradual ou repentina.  

Existen moitas causas que poden levarnos a padecer este tipo de xordeira. Na maioría dos casos relacionadas con factores externos como un infección, unha enfermidade, un traumatismo ou a presbiacusia. Neste caso, o tratamento indicado será acudir a un especialista que analice cada caso en concreto para dar ca solución máis indicada.

O apoio da familia e da/o logopeda resultarán esenciais

Pero en calquera dos casos, a axuda técnica que se lle proporcione ó neno ou nena non será suficiente. Será preciso que interveña no proceso a figura do/a logopeda e tamén a das familias. Estas terán que prestar moita atención e comprobar que a calidade de audición do neno ou nena é a máxima que lle pode permitir a súa prótese. A maiores, no fogar deberase crear un ambiente óptimo para que o/a neno/a deixe fluír a súa evolución.

Noticias relacionadas

OE+ Centros Auditivos chega á Coruña: saúde auditiva avanzada, audífonos e revisión de oídos 1 Out

OE+ Centros Auditivos chega á Coruña: saúde auditiva avanzada, audífonos e revisión de oídos

01/10/2026 Saúde
Se buscas un centro auditivo na Coruña cun enfoque profesional, tecnoloxía diagnóstica de última xeración e atención próxima, OE+ Centros Auditivos abre as portas da súa nova clínica na cidade herculina. Tras anos de traxectoria consolidada no coidado da audición en Galicia, OE+ amplía a súa rede
O meu fillo escoita ben? Guía completa sobre a perda auditiva en nenos e o valor dos potenciais evocados 1 Set

O meu fillo escoita ben? Guía completa sobre a perda auditiva en nenos e o valor dos potenciais evocados

01/09/2026 Saúde
Como nais e pais, pasamos o día atentos a cada detalle do crecemento dos nosos fillos. Preocúpanos se comen ben, se dormen as horas suficientes e se cumpren os fitos do seu desenvolvemento. Porén, hai unha dúbida que moitas veces orixina unha inquedanza silenciosa na casa: ¿E se o meu fillo ten
Enfermidade de Ménière: que é, síntomas e como actuar ante unha crise 3 Ago

Enfermidade de Ménière: que é, síntomas e como actuar ante unha crise

03/08/2026 Saúde
Sentir que o mundo ao teu redor xira de golpe, perder o equilibrio en segundos o notar un zumbido constante no oído que non te deixa descansar. Se chegaches ata aquí buscando respostas, probablemente ti ou alguén da túa contorna saibades o angustioso que resulta convivir coa incerteza da
A guía definitiva de tapóns para os oídos: Protexe a túa audición con tapóns a medida sen perder nada da contorna 1 Xul

A guía definitiva de tapóns para os oídos: Protexe a túa audición con tapóns a medida sen perder nada da contorna

01/07/2026 Saúde
Se es amante dos deportes acuáticos ou se tes nenos, este post é para ti! Galicia é terra de salitre, olas perfectas e moito deporte de auga... Quen vivimos aquí e practicamos deporte sabemos que nadar en augas abertas, facer piragüismo ou gozar dunha boa sesión de surf na Costa da Morte son
  • Axuda Impacto Autónomo
  • Cartel
  • Cartel